Saltar ao contido

Glándula pineal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para o extremo dos ósos longos ver epífise.
Glándula pineal
glandula pinealis Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Parte de
Características
 Desenvolvemento
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01pxht Editar o valor en Wikidata
MeSHD010870 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC12398 Editar o valor en Wikidata
TA 98A11.2.00.001
CIE-11112148603 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2780059843 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A glándula pineal ou epífise está situada no teito do mesencéfalo, entre os tubérculos bixéminos craniais, na denominada fosa pineal. Ten o tamaño aproximado dun chícharo e pesa uns 130 mg. Esta glándula actívase e produce melatonina cando non hai luz.

A melatonina é producida polos pinealocitos a partir da serotonina. A epífise está relacionada coa regulación dos ciclos de vixilia e sono. Comprobouse que esta hormona serve para contrarrestar os efectos da síndrome de diferenza de zonas horarias. É tamén un poderoso antioxidante e tense comprobado que participa na apoptose de células cancerosas no timo, pero tamén está comprobado que altas doses desta hormona teñen un efecto canceríxeno. É tamén un feito que controla o comezo da puberdade e que podería influír nos ritmos circadianos. A produción desta hormona diminúe coa idade.