Urodelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Urodelo
Rango fósil: Xurásico medio – Actualidade
Ambystoma maculatum
Ambystoma maculatum
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Amphibia
Orde: Caudata
Distribución nativa (en verde)

Distribución nativa (en verde)
Subordes

Cryptobranchoidea
Salamandroidea
Sirenoidea

Os urodelos (Orde Urodela) ou caudados (Caudata) son anfibios de aspecto lacertiforme que comprenden unhas 500 especies distribuídas fundamentalmente por Europa, Asia e Norteamérica. Os urodelos carecen de escamas e poden rexenerar membros perdidos. En Galiza están representados polas píntegas e pintafontes.

Características[editar | editar a fonte]

Distribución os urodelos no mundo (en verde)

Teñen cola durante todas as fases da súa vida e o corpo adquire unha forma alongada. Nalgúns casos aparecen dous pares de extremidades iguais, pero noutros redúcese, ou incluso desaparece, o par posterior.

A cabeza está deprimida, diferenciada do corpo, que ten un tronco alongado, catro membros de tamaño semellante e cola longa, ás veces aplastada lateralmente. A boca sempre vai provista de pequenos dentes curvados. A diferenza dos anuros, os urodelos non teñen oído medio.

Representantes característicos son a píntega (de cola cilíndrica e co corpo coloreado a franxas negras e amarelas) e os pintafontes .

É xeralmente común un desenvolvemento larvario diferenciado antes da idade adulta, con presenza de branquias externas que logo son substituídas por pulmóns. Algunhas especies non abandonan as branquias, e incluso existen casos como o Ambystoma mexicanum en que a transformación non ocorre dunha forma regular, aparecendo aspectos propios do adulto na fase larvaria, que pode prolongarse de forma irregular.

Considerando a historia da evolución en pasos moi grandes, os urodelos serían unha forma intermedia entre os peixes (pola presenza de branquias e por outros aspectos morfolóxicos propios do Ambystoma mexicanum) e os réptiles. Os vertebrados terrestres (tetrápodos) diferenciáronse a partir de peixes pulmonados emparentados co celacanto ou os dipnoos, e algunhas das primeiras formas están a metade de camiño entre o noso concepto de peixe e o de anfibio.

Hábitat[editar | editar a fonte]

Son na maioría acuáticos, aínda que existen especies terrestres. En Galiza hainas ovíparas e ovovivíparas, pero todas teñen fecundación interna.

Poboación en Galiza[editar | editar a fonte]

Un exemplar de urodelo, a píntega.

Na nosa terra só temos unha única familia, Salamandridae que comprende quince xéneros con máis de corenta especies. Destas especies cinco habitan en Galiza, repartidas en tres xéneros: Salamandra, Triturus e Chioglossa.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikispecies
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Urodelo

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]