Queixo (anatomía)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Queixo (homónimos).
| Queixo | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| mentum | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||
O queixo, queixelo ou barbela é a parte inferior e media da face, situada debaixo da zona labial, e por encima da zona suprahioidea, onde comeza o pescozo. Nos vertebrados, esta rexión corresponde á porción inferior e mediana da mandíbula.
Esta parte está situada sobre a sínfise mentoniana da mandíbula ou maxilar inferior, posúe pelos longos e grosos no ser humano, pel movíbel, unha capa subcutánea con tecido adiposo (que pode formar papeira). A musculatura que corresponde ao queixo está formada polo músculo triangular dos beizos, o músculo cadrado da barba e a borla do queixo.