Saltar ao contido

O señor Bean

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mr. Bean»)

O señor Bean

Editar o valor en Wikidata
FormatoComedia
Creado porRowan Atkinson
Richard Curtis
Desenvolvido porTiger Aspect Productions[a]
Dirixido porJohn Howard Davies (episodios 1–3, 15)
John Birkin (episodios 4–7, 10–14)
Paul Weiland (episodios 8–9)
IntérpretesRowan Atkinson
Tema de aperturaHoward Goodall
País de orixeReino Unido Reino Unido
Lingua(s)Inglés
Episodios15
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Peter Bennett-Jones
Duración24–26 minutos
Emisión orixinal
Canle de orixeITV:
Formato de imaxePAL
Primeiro episodio1 de xaneiro de 1990[1]
Derradeiro episodio15 de decembro de 1995
Na rede
https://www.mrbean.com/
IMDB: tt0096657 Allocine: 872 Rottentomatoes: tv/mr_bean Allmovie: v175196 Metacritic: tv/mr-bean TV.com: shows/mr-bean
Facebook: MrBean Twitter: mrbean Instagram: mrbean Youtube: UCkAGrHCLFmlK3H2kd6isipg TikTok: mrbean Discogs: 128763 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O señor Bean (título orixinal en inglés: Mr. Bean) é unha serie de televisión británica creada por Rowan Atkinson e Richard Curtis, producida por Tiger Aspect e protagonizada polo propio Atkinson. A serie componse de 15 episodios que foron escritos por Atkinson xunto con Curtis e Robin Driscoll; o episodio piloto foi escrito xunto con Ben Elton. A serie emitiuse orixinalmente a través de ITV, dende o 1 de xaneiro de 1990[1] até o 15 de decembro de 1995.

Baseada nun personaxe desenvolvido orixinalmente por Atkinson mentres estudaba para o seu máster na Universidade de Oxford, a serie céntrase no señor Bean, descrito por Atkinson como "un neno no corpo dun home adulto", xa que el resolve diversos problemas que presentan as tarefas cotiás e con frecuencia provoca desordes no proceso.[2] A serie estivo influenciada por actores de comedia física como Jacques Tati e os dos primeiros filmes mudos.[2]

A serie emitiuse en galego a través da TVG.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Mr. Bean: É un neno atrapado no corpo dun adulto, algo do que non ten conciencia. A xente non o comprende, e sofre polo rexeitamento que sente por parte dos demais.

Teddy: É un osiño de peluche adaptado por Bean ó mundo real e do que non se separa xamais.

Longametraxes

[editar | editar a fonte]

En 1997, estreouse Bean, un filme baseado na serie de televisión; e en 2007 estreouse a segunda adaptación cinematográfica chamada Mr. Bean's Holiday.

  1. Coñecido como Tiger Television até 1993.

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 "Mr Bean — Timeline". Tiger Aspect Productions Ltd. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2013. Consultado o 8 de febreiro de 2014. 
  2. 2,0 2,1 "Atkinson has Bean there and he's done with that". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2006. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]