Conversa:O señor Bean

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Tendo en conta que esta serie se botou na galega e que nese caso mantivo o título de Mr. Bean, eu creo que deberiamos deixalo tal cal. Propoño movela. --Xabier Cid 22:54, 6 setembro 2007 (UTC)

Non mantivo o título, ou alomenos agora non o mantén. Mira a programación de hoxe na galega. --Fryant 23:05, 6 setembro 2007 (UTC)

Eu a verdade é que, aínda que teño visto a serie na TVG, non me lembro de se sempre se mantivo o título ou non. Precisamente creei o artigo con ese nome partindo da lista de Fryant, pero se credes que é mellor movelo, por min non hai problema. Como vexades. Saúdos. --MVF 23:08, 6 setembro 2007 (UTC)

Calo, calo. Efectivamente este é o título correcto. Grazas por abrirme os ollos, ;) --Xabier Cid 09:20, 7 setembro 2007 (UTC)

O señor Bean (Mr. Bean)[editar a fonte]

É normal que haxa confusión ao respecto: Nos seis primeiros episodios, a serie titulouse "O señor Bean", pero a partir do episodio "Bo Nadal, Mr. Bean" (moi ao conto destas datas, por certo) pasouse a manter o título orixinal. Isto é tan real como absurdo, xa que ou se traduce ou non se traduce (eu son partidario de que si se faga, desde logo), pero facer as cousas a medias, e máis cando o traballo xa estaba empezado dunha maneira... Na serie de animación derivada da que nos ocupa, mantívose o título orixinal de principio a fin. Un saúdo. --Uxío 00:10, 28 decembro 2009 (UTC)