Península do Barbanza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.

Polo nome de Barbanza podemos entender dúas cousas: a Comarca do Barbanza e a Península do Barbanza[1][2] (ou Península da Barbanza)[3]. Mentres a comarca só inclúe a parte sur desta península, a península engloba, ademais, gran parte da comarca de Noia: os concellos de Porto do Son, Lousame e Noia. Polo tanto, a península abrangue, en total, os concellos anteriormente citados e os de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo.

Descrición[editar | editar a fonte]

Está bañada, polo noroeste, pola ría de Muros e Noia, e polo sueste, pola ría de Arousa. O punto máis occidental é o cabo Corrubedo e o máis meridional, a punta Perico, ambos no concello de Ribeira. Os puntos máis setentrionais e orientais non lindan co mar senón con outros concellos coruñeses.

O punto máis alto é Iroite, monte de 691 metros entre os concellos de Boiro, Lousame e Porto do Son. Mais supérao en fama, quizais, a Curota, de 514 metros de altura, dende o que se albisca toda a ría de Arousa.

A extensión dos concellos é, aproximadamente, de 468 km², nos que se concentra unha poboación moi elevada: 94931. Isto da unha alta densidade de poboación: 202'8 hab/km². Esta alta densidade de poboación, porén, parece non afectar demasiado á fauna e flora do lugar, pois mesmo no concello de Ribeira, o máis poboado, atópase o parque natural das dunas de Corrubedo; así como hai outras moitas zonas relativamente virxes, especialmente no concello de Porto do Son e Lousame, onde hai zonas con baixas densidades de poboación.

A península do Barbanza é un lugar onde se poden atopar moitos ríos, algúns bastante caudalosos, coma o río Sieira ou o río Barbanza. Pero, indubidablemente, o maior río que pasa polo Barbanza, é tamén un dos maiores de Galicia, é o Tambre, que pasa polo concello de Lousame e desemboca no de Noia.

No apartado económico, pódese salientar a grande industrialización de Santa Uxía, capital de Ribeira, a vila de Noia, onde se atopa unha grande cantidade de comercios; e a vila de Boiro, coñecida tanto pola súa importante industria conserveira así como pola grande cantidade de establecementos de hostalería. Son importantes tamén núcleos urbanos que non son capital de concello, por exemplo, os que rodean Santa Uxía (Palmeira, Aguiño...) ou Portosín, no concello de Porto do Son.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]