Abelleira, Muros
| Abelleira | |
|---|---|
Vista xeral | |
| Concello | Muros[1] |
| Provincia | A Coruña |
| Coordenadas | 42°48′40″N 9°01′17″O / 42.8111, -9.0213 |
| Poboación | 464 hab. (2024) |
| Entidades de poboación | 22[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santo Estevo de Abelleira[1] é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Muros, na comarca de Muros. Segundo o INE[2], en 2024 tiña 464 habitantes (234 homes e 230 mulleres) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 647 habitantes e un aumento de 12 habitantes en comparación co anterior ano na serie.
Serie de poboación
[editar | editar a fonte]| Ano | Habitantes |
|---|---|
| 2000 | 625 |
| 2005 | 574 |
| 2010 | 569 |
| 2015 | 513 |
| 2020 | 468 |
| 2024 | 460 |
Economía
[editar | editar a fonte]A economía dos habitantes de Abelleira baséase principalmente na pesca, no marisqueo, na explotación agroforestal e no turismo nos meses de verán. A numerosa poboación emigrante que retorna á parroquia durante o verán tamén participa positivamente na economía do lugar.
Xeografía e lugares de interese
[editar | editar a fonte]A parroquia de Abelleira está situada arredor da enseada de Bornalle, na desembocadura do río Rateira. Atópase rodeada por terreo escarpado por Norte (Torea), Leste (Tal e Esteiro) e Oeste (Serres e Sestaio)[3], o que fixo que historicamente a súa vía de comunicación principal fose o mar. É atravesada pola estrada AC-550 de Leste a Oeste e por diversos regos e regatos de Norte a Sur, salientando entre eles o devandito río Rateira.
Abelleira conta con numerosas rotas de senderismo[4], entre as que se atopan a rota á Pedra do Cadro ou parte do Camiño de Santiago da Ría de Muros e Noia[5] e varias praias, entre as que se atopan: Ventín, Liñares, Area Triga ou Bornalle.
A igrexa principal da parroquia, de estilo neoclásico e construída en pedra do país, data do Século XVII[6].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Cemiterio e Igrexa de Santo Estevo de Abelleira.
-
Campanario da Ingrexa de Santo Estevo de Abelleira.
-
Vista da costa de Abelleira desde a praia de Bornalle.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Abelleira
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Abelleira no concello de Muros (provincia da Coruña) | |
|---|---|
|
Abelleira de Arriba | A Agra Boa | A Agra do Fondo | O Agro da Area | Bornalle | O Caño | A Carballeira | A Cova de Xerpe | O Cruceiro | Lestón de Abaixo | Mondelo | A Mureira | O Pazo | A Ponte da Braña | A Pontenova | Priegue | A Rateira | A Robaleira | Surribos | Ventín | O Vilar | A Viña |
Parroquias de Muros
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ "Instituto Nacional de Estadística. (Spanish Statistical Institute)". www.ine.es. Consultado o 2022-01-24.
- ↑ "Mapa de Parroquias, Xunta de Galicia". Xunta de Galicia. Consultado o 11/09/2025.
- ↑ Wikiloc. "Las mejores rutas de Senderismo en Bornalle, Galicia (España) | Wikiloc". Wikiloc | Rutas del Mundo. Consultado o 2022-01-24.
- ↑ "O Cruceiro de Roo". www.gronze.com (en castelán). Consultado o 2025-09-11.
- ↑ "Igrexa de Santo Estevo de Abelleira". murosturismo.gal. Consultado o 2025-09-11.