Muros, Muros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Muros
Muros.Galiza.04-2008 81.jpg
Igrexa parroquial.
ConcelloMuros
Poboación2.523 hab. (2013)
Entidades de poboación6

San Pedro de Muros é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Muros. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 2.523 habitantes (1.313 mulleres e 1.210 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.902 habitantes.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial é de estilo gótico, e anteriormente era coñecida como a Colexiata de Santa María do Campo. Mandouna construír Lope de Mendoza no século XIV, sendo terminada en 1400, segundo a inscrición encravada na porta principal. Diante da igrexa esténdese un gran adro, onde na Idade Media se reunía o concello que gobernaba a vila.

Consta dunha única e ampla nave dividida en cinco tramos. A capela maior, situada na cabeceira, está cuberta cunha vistosa bóveda de crucería. A nave está cuberta a dúas augas cun teito de madeira, que repousa sobre arcos apuntados.

As capelas laterais foron engadidas nos séculos XV e XVI, e nelas hai diferentes altares con sepulcros medievais. Do templo primitivo consérvase a portada principal de acceso, o rosetón gótico, algúns canzorros e moitos dos signos lapidarios gremiais gravados nos perpiaños.

No exterior ten unha torre campanario barroca, rematada en 1757. Presenta unha balaustrada pétrea no corpo das campás, ademais dun pórtico cuberto situado sobre a entrada principal. A campá máis grande desta igrexa, aínda en uso, foi un regalo de Eugenio Montero Ríos, e foi traída nun carro de vacas. É coñecida como "a campá de Montero".

A imaxe máis venerada na vila é unha imaxe do Cristo da Agonía, unha representación barroca na que se reflicte unha grande expresión de sufrimento. Encóntrase no altar das Dores e sae en procesión o Venres Santo. Ao parecer foi encargada polo Gremio dos Mareantes da vila.

A capela de San Roque foi reedificada en 1765, se ben segundo o Cardeal Hoyo xa existía en 1609. Considérase de fundación popular. Conta cunha dobre escalinata, amplo patio de cantería e nave central e sancristía abovedadas.

A capela da Nosa Señora das Angustias está construída sobre parte da antiga capela de San Pedro, do século X. Actualmente está dentro do recinto do antigo camposanto. Foi feita en 1665 e nos seus muros exteriores consérvanse inscricións dos canteiros que traballaron nela.

A capela de San Xosé sitúase na rúa do mesmo nome. De pequenas dimensións, foi construída en 1727, e dende hai anos atópase pechada ó publico.

A capela da Virxe do Carme data de 1767. É de cantería, abovedada e ten un amplo adro.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Muros, Muros.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Muros[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Muros no concello de Muros (provincia da Coruña)

A Alivía | Campo de Cortes | O Espírito Santo | Miraflores | O Muíño do Vento | Muros | San Roque | A Virxe do Camiño

Parroquias de Muros[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Muros

Abelleira (Santo Estevo) | Esteiro (Santa Mariña) | Louro (Santiago) | Muros (San Pedro) | Serres (San Xoán) | Sestaio (San Miguel) | Tal (Santiago) | Torea (San Xián)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]