Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño
Aparencia
O Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño é un certame literario creado no ano 2000 a iniciativa da Asociación Cultural Ergueitos, co patrocinio do concello de Sarria, como homenaxe ao poeta de Santalla Fiz Vergara Vilariño.
Gañadores
[editar | editar a fonte]- 2001: Marica Campo, Pedinche luz prestada.
- 2002: Xesús Pereiras, Cantos da seiva.
- 2003: Estevo Creus, Decrúa.
- 2004: Miguel Anxo Mato Fondo, O whiskey na barrica
- 2005: Emma Pedreira, Casa de orfas.
- 2006: Martín Veiga, Fundaxes.
- 2007: Xosé Antonio Neira Cruz, É oco habitado.
- 2008: Olalla Cociña, Libro de Alicia.
- 2009: Baldo Ramos, Palabras para un baleiro.
- 2010: Francisco Xosé Fernández Naval, Bater de sombras.
- 2011: Xerardo Quintiá, Fornelos & Fornelos.
- 2012: Cristina Ferreiro Real, Abecedario póstumo.
- 2013: Eva Veiga, A distancia do tambor.
- 2014: Marcos Abalde, Oenach.
- 2015: Charo Lopes, De como acontece a fin do mundo.
- 2016: Carlos Negro, Tundra.
- 2017: Lara Dopazo, Claus e o alacrán.
- 2018: Emma Pedreira, As voces ágrafas.
- 2019: Alicia Fernández Rodríguez, Mamá pelicano
- 2020: Xosé Luís Mosquera Camba, Parhelio
- 2021: Lupe Gómez, Montaña loga.
- 2022: Antón Lopo, Terminalidade.
- 2023: Inma Núñez Núñez, Unha casa onde vivir.
- 2024: Helena Salgueiro, Amor Palimpseta.