Máxima audiencia
Máxima audiencia | |
---|---|
Tipo | programa de televisión ![]() |
Lingua orixinal | lingua galega ![]() |
Autoría | |
Presentador/a | Manuel Manquiña e Maxo Barjas ![]() |
Publicación | |
País orixe | España ![]() |
Emisora orixinal | Televisión de Galicia ![]() |
Datas | |
Comezo | 2004 ![]() |
Contacto | |
Redes | ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |
Máxima audiencia foi un programa da TVG presentado por Manuel Manquiña e Maxo Barjas. Estreado o 9 de agosto de 2004, emitíase na noite dos luns[1]. Dirixido por Suso Iglesias, mezclaba humor, música e entrevistas ao estilo dos "late night" americanos. Entre os seus colaboradores habituais atopábanse Antonio Durán "Morris", o xornalista radiofónico Luis Rial, o director teatral Quico Cadaval, o dúo cómico Mofa e Befa e o músico Pablo Novoa á fronte da banda do programa. O amplo elenco de intérpretes que colaboraban nas súas distintas seccións (Galegos do Espazo espazo exterior, Zapping, Lección maxistral...) incluía, ademais de Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira, a Camila Bossa, Marcos Correa, Avelino González, Iolanda Muíños ou Federico Pérez.
A relación de figuras invitadas ao longo das súas dúas temporadas inclúe[2] a Bebe, Cañita Brava, Olvido Gara, Xoel López, Luís Tosar, Nacho Mastretta, Luis Piedrahita ou Josele Santiago.
A segunda tempada estreouse o 18 de xullo de 2005.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Redacción (2004-08-07). "TVG estrena 'Máxima audiencia', un programa de humor, música y entrevistas". FormulaTV (en castelán). Consultado o 2025-02-25.
- ↑ "Máxima audiencia (TV Series 2004–2005) - IMDb". Consultado o 2025-02-25.
- ↑ "El late show de Manuel Manquiña tropieza en su vuelta a TVG". Vertele (en castelán). 2005-07-19. Consultado o 2025-02-25.