Shelta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Shelta é un idioma falado polos Travellers, sobre todo en Irlanda e tamén nalgunhas zonas de Gran Bretaña é tamén coñecido como o cant, os seus falantes nativos en Irlanda chámano Gammon e para a comunidade lingüística é Shelta. Aínda que esta característica frecuentemente se enfatiza de máis, soíase usar como un criptolecto para dificultar aos forasteiros a comprensión das conversas entre os “travellers. O número exacto de falantes nativos é difícil de calcular por mor das súas características sociolingüísticas pero Ethnologue calcula o número de falantes en Irlanda en 6.000 e en 86.000 en todo o mundo.

O shelta, en términos lingüísticos, é actualmente considerado como unha lingua crioula que foi conservada nunha comunidade de nómades en Irlanda e Escocia que inicialmente era maioritariamente de fala irlandesa e gaélica escocesa que foi evolucionando durante o período de expansión do bilingüismo e deu como resultado un idioma baseado fundamentalmente no hiberno-inglés e/ou no scots con forte influencia do irlandés e do gaélico escocés. Como hai varias modalidades de shelta que teñen diferentes graos de anglicización (véxase abaixo), é difícil de determinar a importancia do substrato irlandés/gaélico escocés, pero a Oxford Companion to the English Language situouna entre unhas 2.000-3.000 palabras.

Nomes e etimoloxía[editar | editar a fonte]

O idioma é coñecido por moitos nomes. A xente de fóra da comunidade adoita coñecer o idioma como “(o) cant”, a etimoloxía deste nome é obxecto de debate. Os falantes do idioma tamén se refiren a el como “(o) cant”, “gammon” ou “tarri”. Entre os lingüistas, o nome de “shelta” é o término máis usado normalmente.

Variacións dos nomes devanditos e outras denominacións son: “bog latin”, “caintíotar”, “gammen”, “sheldru”, “shelter”, “shelteroch”, “pavee”, “the ould thing”, “tinker’s cant”.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A palabra shelta aparece por primeira vez impresa en 1882 no libro “The Gypsies” (Os xitanos) do “xitanólogo” Charles Leland, quen reclamou o descubrimento da “quinta lingua céltica”. A etimoloxía da palabra foi obxecto de debate durante moito tempo pero os modernos estudosos do celtismo están convencidos que a palabra irlandesa “siúl” (camiñar) é a súa raíz, ben a través dun término como “siúltóir” (un camiñante) ou do adxectivo verbal “siúlta” (compárese con “an lucht siúil” “o pobo camiñante”, a expresión tradicional irlandesa para os Travellers).

Orixes e historia[editar | editar a fonte]

Os lingüístas estiveron documentando o shelta polo menos desde 1870, os primeiros traballos foron publicados entre 1880 e 1882 por Charles Leland. O experto en linguas célticas Kuno Meyer e o experto en romaní John Sampson están de acordo en que o shelta existe desde o século XIII.

Nos primeiros períodos lingüísticos, non documentados, suponse que a comunidade Traveller era de fala irlandesa ata o período de expansión do bilingüísmo en irlandés e hiberno-inglés (ou scots en Escocia), isto conduciuna a unha crioulización posiblemente cun estadio trilingüe. O idioma resultante é coñecido como “shelta antigo” e suponse que neste estadio a lingua presentaba trazos distintivos, como formas sintácticas e morfolóxicas non inglesas, que actualmente non se atopan no shelta.

Por mor da diáspora, hai diversas variedades de shelta. O shelta inglés está a sufrir unha crecente anglización mentres que o cant dos travellers americanos, que antes era sinónimo de shelta auténtico, está actualmente case tan anglizado.

Trazos lingüísticos[editar | editar a fonte]

O sociólogo Sharon Gmelch describe a lingua dos Travellers como: "Os Travelers irlandeses usan un barallete secreto coñecido como gammon. É usado principalmente para que non o entendan os forasteiros, especialmente durante as transaccións comerciais e en presenza da policía. A maioría dos utentes do gammon son lacónicos e falan tan rapidamente que unha persoa que non sexa Traveler pode chegar á conclusión que as palabras foron simplemente inventadas. A maioría das palabras do gammon formáronse do gaélico irlandés pola aplicación de catro técnicas: cambio de orde, metátese, adición de afixos e substitución. Pola primeira técnica, unha palabra irlandesa é revirada para formar unha en gammon: “mac”, fillo en irlandés, pasa a “kam” en gammon. Pola segunda técnica, consoantes ou grupos de consoantes son transpostas. Coa terceira técnica, un son ou un grupo de sons calquera son usados como prefixo ou sufixo nunha palabra irlandesa. Algúns dos sons máis frecuentemente usados son “s”, “gr” a “g”. Por exemplo, “Obair”, traballar ou choio, devén en “gruber” en gammon. Por último, algunhas palabras do gammon formáronse substituíndo unha consoante calquera ou un grupo de consoantes nunha palabra irlandesa. En anos recentes, incorporánronse palabras do moderno slang e do romaní (a lingua dos xitanos). A súa gramática e a sintaxe son inglesas. O primeiro vocabulario recollido dos travelers irlandeses foi publicado en 1808, onde se indicaba que o gammon data polo menos do 1700. Aínda que moitos estudosos célticos, incluíndo o eminente Kuno Meyer, concluíron que é moito máis antigo."

Lexico[editar | editar a fonte]

Algunhas das palabras do shelta foron disfrazadas usando técnicas do slang onde os sons son trocados de sitio (por exemplo “gop”, bico, do irlandés “póg”) ou mediante a adición de sons (por exemplo “gather”, pai, do irlandés “athair”). Outros exemplos poden ser “lackeen”, rapaza, do irlandés “cailín” e a palabra “rodas”, porta, do irlandés “doras”. Tamén ten un certo número de términos léxicos do romaní como “gadje”, non traveller, ou “kushti”, bo, aínda que os travellers non son romanís.

Gramática[editar | editar a fonte]

O shelta comparte as principais características sintácticas do hiberno-inglés e a maioría das súas características morfolóxicas como os plurais en –s e os marcadores do tempo pasado. Comparación:

Shelta Inglés Galego
the gawlya beeged the greid the child stole the money o neno roubou o diñeiro

Fonoloxía[editar | editar a fonte]

Vogais[editar | editar a fonte]

Vogal frontal Vogal semifrontal Vogal central Vogal traseira
Vogal fechada i u
Vogal semifechada ɪ
Vogal medio fechada e o
Vogal media ə
Vogal medio aberta ɛ ɔ
Vogal case aberta æ
Vogal aberta ɑ•ɒ

Préstamos lingüísticos[editar | editar a fonte]

Algunhas palabras do shelta son compartidas pola maioría dos falantes do inglés, como “bloke” co significado de “un home” usada desde mediados do século XIX, orixinariamente deriva da palabra irlandesa “buachaill”, rapaz.

Ortografía[editar | editar a fonte]

Non hai unha ortografía estándar. Lingua maioritariamente oral, o shelta pódese escribir usando unha ortografía de estilo irlandés ou de estilo inglés. Por exemplo, a palabra “casado” pódese escribir “lósped” ou “lohsped”, a palabra “muller” pódese escribir “”byohr” ou “beoir”.

Textos comparados[editar | editar a fonte]

Abaixo están as versións da oración “Noso Pai” en shelta de hai un século, en shelta actual, en galego e en irlandés, para comparalas. A versión do shelta do século XIX presenta un maior contido léxico shelta que a versión do shelta actual. Ambas as versións son adaptacións de Hancock, quen salienta que a versión en shelta actual non é exactamente representativa da pronunciación actual en situacións normais.

Shelta (antigo) Shelta (actual) Galego Irlandés
Mwilsha's gater, swart a manyath, Our gathra, who cradgies in the manyak-norch, Noso Pai, que estás nos Ceos, Ár n-Athair atá ar neamh,
Manyi graw a kradji dilsha's manik. We turry kerrath about your moniker. Santificado sexa o teu nome. Go naofar d'ainm,
Graw bi greydid, sheydi laadu Let's turry to the norch where your jeel cradgies, Veña a nós o teu reino, fágase a túa vontade, Go dtaga do ríocht, Go ndéantar do thoil
Az aswart in manyath. And let your jeel shans get greydied nosher same as it is where you cradgie. Na terra e no ceo. ar an talamh, mar a dhéantar ar neamh.
Bag mwilsha talosk minyart goshta dura. Bug us eynik to lush this thullis, O pan de cada día dánolo hoxe. Ár n-arán laethúil tabhair dúinn inniu,
Geychel aur shaaku areyk mwilsha And turri us you're nijesh sharrig for the gammy eyniks we greydied E perdoa os nosos pecados, Agus maith dúinn ár bhfiacha
Geychas needjas greydi gyamyath mwilsha. Just like we ain't sharrig at the gammi needies that greydi the same to us. Como nós perdoamos aos que nos ofenden. Mar a mhaithimidne dár bhféichiúna féin
Nijesh solk mwil start gyamyath, Nijesh let us soonie eyniks that'll make us greydi gammy eyniks, Non nos deixes caer na tentación, Ach ná lig sinn i gcathú
Bat bog mwilsha ahim gyamyath. But solk us away from the taddy. E líbranos do mal. saor sinn ó olc.
Diyil the sridag, taajirath an manyath Teu é o reino, o poder e a gloria, Mar is leatsa an ríocht, an chumhacht, agus an ghlóir
Gradum a gradum. Agora e por sempre. Trí shaol na saol.
Amen. Amen.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]