Saltar ao contido

Lingua galesa antiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua galesa antiga
 Instancia de
 Subclase de
Propiedades
 Xénero gramatical
Clasificación lingüística
Códigos e identificadores
Freebase/m/09cl1b Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3owl Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5owl Editar o valor en Wikidata
IETFowl Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O galés antigo (Hen Gymraeg en galés) é a denominación que se lle dá á lingua galesa desde o momento en que se desenvolveu a partir do britónico, momento que xeralmente se sitúa entre mediados do século VI e mediados do século VII, ata principios do século XII, cando se converteu en galés medio.

Téñense preservado bastantes poemas e algo de prosa deste período, aínda que algúns constan en manuscritos posteriores, por exemplo o texto de Y Gododdin. O texto máis antigo conservado integramente en galés antigo é probabelmente o dunha lápida que se conserva hoxe na igrexa de Tywyn, que dataría de principios do século VIII. Un texto do Libro de San Chad pénsase que foi escrito a finais do século VIII e inicios do IX, pero podería ser copia dun texto do século VI ou VII.

O galés antigo só é intelixíbel para un falante de galés actual coa axuda de abundante aparato de notas.

  • Glanville Price e Edward Arnold (editor), The Languages of Britain, 1985. ISBN 0-7131-6452-2.