Teoría da Continuidade Paleolítica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Paradigma da continuidade paleolítica (PCP) (en italiano La teoria della continuità), ten orixe na teoría da continuidade paleolítica (ou TCP) é unha hipótese que suxire como data de orixe das linguas protoindoeuropeas (PIE) o Paleolítico Superior ou o Neolítico, varios milenios antes do Calcolítico ou Neolítico como suxiren outras hipóteses. O PCP postula que a chegada das linguas indoeuropeas está relacionada coa hipotética emigración, durante o paleolítico, do Homo Sapiens a partir de África para Europa e Asia.[1] En termos de períodos cronolóxicos, Alinei admite unha cronoloxía máis antiga do que a hipótese Anatolia de Colin Renfrew (4º milenio a.C.).[2]

Mario Alinei presentou esta hipótese no libro Origini delle Lingue d' Europa (orixes das linguas de Europa), en dous volumes de 1996 e 2000, e é o principal defensor desta.[3][4]

Historia[editar | editar a fonte]

Desde 2004, un grupo informal de estudosos defende o Paradigma da Continuidade Paleolítica en liña.[5] Alén do lingüista Alinei, os principais membros[6] son os lingüistas Xaviero Ballester (Universidade de Valencia) e Francesco Benozzo (Universidade de Boloña). Tamén están incluídos arqueólogos, o belga Marcel Otte (Universidade de Liège) un dos maiores especialistas do Paleolítico Médio e Superior, o americano Homer L. Thomas, e o alemán Alexander Häusler, especialista na prehistoria de Europa Central e o antropólogo Henry Harpending (Universidade de Utah).[5] No grupo de traballo que desenvolve esta teoría está o académico da Real Academia Galega Gonzalo Navaza.

O Paradigma da Continuidade Paleolítica é un punto de vista minoritario, unha vez que goza de pouco apoio académico. Non está listado por Mallory entre as propostas para as orixes das linguas indoeuropeas, que lista as consideradas como críbeis.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Alinei, Mario; Benozzo, Francesco (2016). The Paleolithic Continuity Theory on Indo-European Origins: An Introduction (en inglés). 
  2. Alinei e Benozzo, 2016 din: "The sharp, and now at last admitted even by traditionalists (Villar 1991) differentiation of farming terminology in the different IE languages, while absolutely unexplainable in the context of Renfrew’s NDT, provides yet another fundamental proof that the differentiation of IE languages goes back to remote prehistory." (Villar, Francisco (1991) Los indoeuropeos y los orígines de Europa. Lenguaje y historia. Madrid, Gredos)(en inglés)
  3. Mario Alinei (1996). il Mulino, eds. La teoria della continuità (en italiano). Bologna. pp. 779 pages. ISBN 88-15-05513-4. 
  4. il Mulino, eds. (2000). Continuità dal Mesolitico all'età del Ferro nelle principali aree etnolinguistiche (en italiano). Bologna. p. 1113. ISBN 88-15-07386-8. 
  5. 5,0 5,1 "THE PCP WORKGROUP". 
  6. Os mencionados como "Comité Científico" na web do grupo de traballo PCP.
  7. Mallory, James P. (1997). Blench, Roger; Spriggs, Matthew, eds. Archaeology and Language. The homelands of the Indo-Europeans. I: Theoretical and Methodological Orientations. Londo: Routledge. p. 106. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Protolinguas derivadas

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]