Saltar ao contido

Tamara Press

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTamara Press

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Тамара Натановна Пресс Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de maio de 1937 Editar o valor en Wikidata
Khárkiv, Ucraína Editar o valor en Wikidata
Morte26 de abril de 2021 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
Altura180 cm Editar o valor en Wikidata
Peso102 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónatleta Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Unión Soviética Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivaLanzamento de disco Editar o valor en Wikidata
Participou en
1964Xogos Olímpicos de 1964
1960Xogos Olímpicos de 1960 Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsIrina Press Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Пресс Тамара Натановна) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm8097474 IAAF: 14430595 Editar o valor en Wikidata

Tamara Natanovna Press (en ruso: Тамара Натановна Пресс, en ucraíno: Тамара Натанівна Пресс, Tamara Natanivna Press), nada en Khárkiv o 10 de maio de 1937 e finada en Moscova o 26 de abril de 2021,[1] foi unha atleta soviética que dominou o lanzamento de peso e o lanzamento de disco a principios da década de 1960. Gañou tres medallas de ouro e unha de prata nos Xogos Olímpicos de 1960 e 1964 e tres títulos europeos en 1958–1962. Entre 1959 e 1965, estableceu once récords mundiais: cinco no lanzamento do peso e seis no disco. A nivel nacional, logrou 16 títulos nacionais, nove no lanzamento de peso (1958-66) e sete no disco (1960-66).[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Tamara (esquerda) e Irina Press

Tamara Press naceu en Khárkiv, Ucraína, no seo dunha familia xudía. O seu pai morreu loitando na segunda guerra mundial en 1942, mentres a súa nai levou as fillas a Samarcanda, onde comezaron a adestrarse no atletismo.[3][4] A súa irmá máis nova, Irina Press (1939–2004) tamén foi unha destacada atleta, sobre todo en péntatlon e sprint.[5]

En 1955, Press mudouse a Leningrado para adestrar co renombrado adestrador Viktor Alekseyev e estudar na universidade, onde completou estudos de enxeñaría civil.[6] O ano seguinte, foi seleccionada para o equipo olímpico, pero foi eliminada debido a unha forte competición nacional nos eventos de lanzamento.[6][7]

Aínda que comezou nas probas de pista, especializouse en lanzamento de peso e disco.[6] Aos 23 anos participou nos Xogos Olímpicos de Roma, onde gañou a medalla de ouro[5] en peso establecendo un novo récord olímpico (17,32 metros), e a medalla de prata en lanzamento de disco.[5] Nos Xogos Olímpicos de Toquio conseguiu a medalla de ouro en ambas as disciplinas con senllos récords olímpicos (18,14 m en peso e 57,27 m en disco).[5]

As dúas irmás foron acusadas de seren varóns ou intersexuais.[3][8][9] Retiráronse en 1966, antes de que a verificación do sexo fose obrigatoria.[10]

Tras retirarse, Press traballou como adestradora e directiva de atletismo en Moscova.[5] Escribiu varios libros sobre temas deportivos, sociais e económicos e en 1974 defendeu o seu doutoramento en pedagoxía.[2] Foi galardoada coa Orde de Lenin (1960), coa Orde da Insignia de Honra (1964) e coa Orde da Amizade (1997).[6][11]

  1. Tamara Press Dead
  2. 2,0 2,1 Пресс Тамара Натановна[Ligazón morta]. Olympic Encyclopedia (2006)
  3. 3,0 3,1 Irina Press. Telegraph.co.uk. 31 de maio de 2004
  4. Miller, Uri. Jews in Sport in the USSR. Yivo Encyclopedia. Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2015. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Tamara Press. sports-reference.com
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Пресс Тамара Натановна. excelion.ru
  7. "Jewish Girl, Winner of Olympic Gold Medal, Decorated in Moscow". 3 de outubro de 1960. Consultado o 27 de abril de 2021. 
  8. "Switch hitter: If a man has a sex change can he compete in the Olympics as a woman?" Arquivado 29 de agosto de 2008 en Wayback Machine. thestraightdope.com. 22 de agosto de 2008
  9. Olympic Gender Drama-The Press Sisters. TransGriot. 9 de novembro de 2011
  10. Wallechinsky, David (2012). The Book of Olympic Lists. p. 20. ISBN 978-1-84513-773-1. 
  11. Пресс Тамара Натановна. Great Soviet Encyclopedia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]