Stellenbosch
| Epónimo | Simon van der Stel (en) | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| ||||
| Estado | Suráfrica | |||
| Provincia | Cabo Occidental | |||
| Distrito municipal | Cape Winelands District Municipality (en) | |||
| Concello local | Stellenbosch Local Municipality (en) | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 80.316 (2011) | |||
| Lingua oficial | lingua afrikaans | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 8,24 km² | |||
| Altitude | 136 m | |||
| Creación | 1679 | |||
| Organización política | ||||
| • Xefe do goberno | Jeremy Fasser (2024–) | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 7600 e 7599 | |||
| Fuso horario | ||||
| Prefixo telefónico | 021 | |||
| Sitio web | stellenbosch.gov.za | |||
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2020.) |

Stellenbosch é unha cidade, capital do concello de Stellenbosch na provincia do Cabo Occidental, en Suráfrica. Constitúe o segundo asentamento europeo máis antigo logo da Cidade do Cabo.
Historia
[editar | editar a fonte]
O asentamento fundouse en 1679 por orde do gobernador do Cabo, Simon van der Stel de onde lle ven o nome, nas beiras do río Eerste, o asentamento medrou, en 1682 contaba coas súas propias autoridades locais e en 1685 converteuse na sede dun maxistrado con xurisdición sobre 25.000 km². Na vila asentouse un grupo de hugonotes franceses que foron claves no desenvolvemento da viticultura, converténdose Stellenbosch no centro da industria vitivinícola surafricana.
Economía e poboación
[editar | editar a fonte]En 1859 abriuse na cidade un seminario da igrexa reformada neerlandesa, e un centro de secundaria, het Stellenbossche Gymnasium, en 1866. En 1918 fundouse a Universidade de Stelllenbosch. A cidade é a sede da Universidade de Stellenbosch
Durante a Segunda Guerra Bóer, Stellenbosch foi unha das bases británicas. No sur da cidade construíuse o Technopark Stellenbosch, un polígono tecnolóxico que atraeu a numerosas empresas.
A cidade conta con 90.000 habitantes (2000). A maioría da poboación é de lingua afrikaans, o inglés e o xhosa son as outras linguas que máis se poden escoitar na cidade. Dende o punto de vista étnico a maioría da poboación está formada polo que no censo surafricano se coñece como colorados, persoas mestizas de orixe europea, africana e asiática.
