Gerd Kanter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gerd Kanter
Kanter, Gerd.IMG 8513.JPG
Nacemento6 de maio de 1979
 Talín
NacionalidadeEstonia
Ocupaciónatleta
PremiosOrder of the White Star, 4th Class, Order of the White Star, 1st Class, Estonian Athlete of the Year e sen etiquetar
editar datos en Wikidata ]

Gerd Kanter, nado en Tallinn o 6 de maio de 1979, é un atleta estoniano, especialista en lanzamento de disco.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Con 25 anos conseguiu a mínima para participar nos Xogos de Atenas de 2004, pero daquela non puido meterse na final. Ao ano seguinte, en 2005, foi cando pasou á primeira plana do disco mundial, cando conseguiu a medalla de prata nos mundiais de Helsinqui, cando gañou a final mundial da IAAF, cando se impuxo nunha proba da Copa de Europa e cando venceu tamén na Universíada. Ademais, superou a fronteira dos 70 metros tamén por primeira vez nese ano.

O 4 de setembro de 2006 manda o disco a 73,38 m, conseguindo a terceira mellor marca da historia por detrás dos rexistros do alemán oriental Jürgen Schult (74,08 m en 1986) e do lituano Virgilijus Alekna (73,88 m en 2000), e está considerado a maior esperanza para bater a histórica marca de Schult. O 28 de agosto de 2007 proclamouse campión do mundo en Osaca cun lanzamento de 68,94 m.

Predecesor:
Virgilijus Alekna
 Med 1.png Campión do mundo de atletismo
disco
 
2007 en Osaca
Sucesor:
-

O seu adestrador é o islandés Vésteinn Hafsteinsson.

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Campión do mundo de lanzamento de disco (2007)
  • Subcampión do mundo de lanzamento de disco (2005)
  • Campión universitario de lanzamento de disco (2005) (Universiada de Esmirna)
  • Subcampión europeo de lanzamento de disco (2006)
  • Finalista europeo de lanzamento de disco (2002), 12º