Kazanlak
Coordenadas: 42°37′N 25°24′L / 42.617, -25.400
Kazanlak | |
---|---|
Казанлъ̀к | |
![]() | |
Vista da cidade. | |
Localización | |
País | ![]() |
Provincia | Provincia de Stara Zagora |
Xeografía | |
Altitude | 407 msnm |
Superficie | 36,067 km² |
Demografía | |
Poboación | 47 325 (2011) |
Densidade | 1,300/km2 |
Outros datos | |
Código postal | 6100 |
Alcalde | Galina Stoyanova |
Páxina oficial |
Kazanlak (en búlgaro: Казанлъ̀к, Kazanlǎk, en tracio e grego: Σευθόπολις (Seuthopolis) é unha vila de Bulgaria que se atopa na provincia de Stara Zagora, no medio da chaira homónima e ós pés dos Balcáns, ó leste do val das Rosas. É o centro administrativo do concello de Kazanlak.
A vila é o décimo quinto centro industrial máis grande de Bulgaria, cunha poboación de 44 760 persoas en decembro de 2017.[1][2][3]
É o centro de extracción de aceite de rosas de Bulgaria e o centro de produción de rosas de aceite de Kazanlak é un dos seus símbolos nacionais máis recoñecibles.[4]
Historia[editar | editar a fonte]
O asentamento máis antigo da área da actual cidade data do Neolítico (milenios -VI e -V). Durante os séculos -IV e -III, as terras do alto río Tundzha estaban baixo o domonio do rei tracio Seutes III e tivo un importante papel no desenvolvemento histórico de Tracia durante a era helenística. A cidade tracia de Seutópole (Σευθόπολις) foi descuberta preto de Kazanlak e amplamente estudada durante a época da construción do encoro de Koprinka. No século -IV, preto da antiga capital tracia de Seutópole e preto da cidade actual, foi construída unha magnífica tumba tracia. A tumba é unha "colmea" (tholos) de ladrillos abovedados, e contén, entre outras cousas, pinturas murais que representan unha parella tracia nunha festa funeraria ritual. A tumba foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1979.
Na Idade Media, o val converteuse nun centro administrativo da rexión de Krun, onde gobernou o boiardo búlgaro Aldimir (Eltimir). Despois de 1370, Kazanlak estivo baixo o dominio otomán. O nome moderno deriva do turco Kazanlık.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Bulgarian National Statistical Institute – towns in 2017 Arquivado 20 de decembro de 2013 en Wayback Machine.
- ↑ "WorldCityPopulation" Arquivado 2012-05-31 en Wayback Machine.
- ↑ "pop-stat.mashke.org". mashke.org. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2015. Consultado o 7 de xaneiro de 2011.
- ↑ Rose Festival Kazanlak Blog, ed. (22 de maio de 2017). "Bulgaria's Rose Valley and Rosa Damascena – A Brief History – Rose Festival Kazanlak". Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2017. Consultado o 29 de xaneiro de 2017.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial (en búlgaro)