Igor Belanov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igor Belanov
Información persoal
Nome Igor Belanov
Nacemento 25 de setembro de 1960
Lugar de nacemento Odesa
Altura 1,74
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual retirado
Na rede
IMDB: nm2934136 FIFA: 174386 UEFA: 158 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Igor Belanov (Ігор Бєланов/Ihor Bielanov en Ucraíno), nado o 25 de setembro de 1960 en Odesa, Unión Soviética, é un exfutbolista que gañou o Balón de Ouro como mellor xogador europeo de ano en 1986

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Belanov xogou para o SKA Odessa (1979-80), FC Chornomorets Odessa (1981-84) e Dinamo Kíiv (1985-89), co que gañou a Recopa de Europa en 1986.

En 1989 marcha a Alemaña para xogar no Borussia Mönchengladbach. En 24 encontros anotou 4 goles mais no obtivo o recoñecimento esperado. Tivo que marchar do club cando a súa muller se viu envolta no roubo a unha tenda.

Así, en 1991 ficha polo Eintracht Braunschweig unha escuadra da 2ª división xermana.

En 1995 volta ao seu país, xogando no FC Chornomorets Odessa e despois no Metalurh Mariupol onde remata a súa carreira en 1997

Coa selección da Unión Soviética xogou un total de 33 encontros nos que anotou 8 goles.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]