Lev Iashin
Lev Iashin | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Lev Ivanovich Iashin | ||
Nacemento | 22 de outubro de 1929 | ||
Lugar de nacemento | Moscova | ||
Falecemento | marzo de 1990 | ||
Lugar de falecemento | Moscova | ||
Altura | 1,84 m | ||
Posición | Porteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | falecido | ||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
Lev Ivanovich Iashin (en ruso: Лев Иванович Яшин), nado o 22 de outubro de 1929 e finado o 20 de marzo de 1990, foi un porteiro soviético de fútbol, considerado por moitos o mellor porteiro da historia.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado en Moscova (URSS) o 22 de outubro de 1929, toda a súa carreira transcorreu no Dinamo de Moscova, chegando a xogar 22 temporadas, entre os anos 1948 e 1970. Así mesmo foi titular indiscutible na selección nacional da URSS entre os anos 1954 e 1967 xogando 78 encontros.
Comezou sendo porteiro de hóckey sobre xeo no equipo da fábrica de ferramentas na que traballaba, pero aos 17 anos debeu substituír o porteiro do equipo de fútbol, dando alí os seus primeiros pasos neste deporte. En 1949 ingresou no Dínamo de Moscova equipo fundado no exército soviético, club no que desenvolveu toda a súa carreira, gañando cinco Ligas rusas e tres Copas.
Antes de dedicarse por completo ao fútbol, e ante a falta de oportunidades que lle ofrecía o panorama futbolístico, foi porteiro dun equipo de hóckey sobre xeo durante unha tempada, na que se converteu en campión da URSS.
Entre o seu palmarés destacan os títulos de liga co Dínamo nos anos 1954, 1955, 1957, 1959 e 1963, e de copa en 1953, 1967 e 1970. A nivel internacional, coa URSS logrou o título de campión Olímpico en 1958 e o Campionato de Europa en 1960.
Retirouse no ano 1971, nun partido entre o Dínamo de Moscova e un equipo de estrelas europeas.
Durante a súa carreira foi quen de deter 150 penaltis, e a súa porta permaneceu 270 partidos a cero.
Morreu en marzo de 1990, á idade de 60 anos.
Trátase do porteiro por excelencia. Foi coñecido como a "araña negra" pola súa indumentaria e pola súa calidade. Excepcional en tódalas facetas do xogo, cuns asombrosos reflexos, magnífica colocación e poderosas saídas. Iashin é o único porteiro que gañou un Balón de Ouro (1963).
Clubs[editar | editar a fonte]
Club | País | Ano |
---|---|---|
FC Dinamo Moscova | ![]() |
1949−1971 |