Kevin Keegan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kevin Keegan
Kevin Keegan.jpg
Nome completo: Joseph Kevin Keegan
Alcume: Mighty Mouse
Data de nacemento: 14 de febreiro de 1951
Lugar de nacemento: Armthorpe, Inglaterra
Data de falecemento:
Lugar de falecemento: ,
Nacionalidade: Inglés
Club actual: retirado
Posición: Dianteiro Centro, Segundo dianteiro
Altura: metros
Partidos internacionais: 63
Goles: 21 (selección)
Ano do debut: 1968
Club do debut: Scunthorpe United
Ano do retiro: 1984
Club do retiro: Newcastle United


Joseph Kevin Keegan, oficial do Imperio Británico, nado o 14 de febreiro de 1951 en Armthorpe (Yorkshire Sur)[1] é un ex-futbolista e adestrador inglés, e un dos seus mellores xogadores de tódolos tempos.

Xogador[editar | editar a fonte]

Keegan foi rexeitado polo clube local Doncaster Rovers, mais puido fichar por outra escadra, o Scunthorpe United. Chegou a xogar 120 encontros ata que marchou cara o Liverpool, no verán de 1971. [1]

En agosto dese ano, debuta co Liverpool nun encontro contra o Nottingham Forest no estadio de Anfield. Comezou a destacar coma un goleador rápido e incisivo.

En 1972 xoga o seu primeiro encontro coa selección inglesa.

En 1973 gaña o seu primeiro título, cun Liverpool que tiña unha das mellores parellas atacantes de campionato, o propio Keegan e John Toshack. Ese ano tamén gañarían a Copa da UEFA, vencendo na final ao Borussia Mönchengladbach.

Ao ano seguinte non puido repeti-lo título de Liga, debido á incrible tempada que fixo o Leeds United, o cal estivo vinte e nove encontros sen coñece-la derrota. De tódolos xeitos o equipo fíxose coa FA Cup vencendo por 3-0 ó Newcastle con dous goles de Keegan.

1975 foi un ano sen títulos para Keegan co Liverpool, e amais diso, a selección inglesa, onde xa era indiscutible, non se deu clasificado para a Eurocopa de Fútbol 1976. En 1977 Keegan foi parte fundamental do Liverpool que gañou a Liga e a Copa de Europa. Ese mesmo ano anuncia a súa marcha do equipo, xa que quería probar sorte nunha escadra estranxeira.

Cun total de 100 goles en 323, abandona o Liverpool e entre as ofertas que recibe, acepta unha do Hamburgo. No Hamburgo, Keegan convértese nunha estrela de fama mundial, gaña dúas veces o Balón de Ouro e chegan á final da Copa de Europa en 1980 que perden contra o Nottingham Forest. Ese mesmo ano xoga coa selección a Eurocopa de Fútbol 1980, desputada en Italia, sendo o capitán do equipo. Unha vez rematado o torneo volta a Inglaterra para xogar co Southampton.

Unha inoportuna mancadura impídelle xogar algo máis ca uns minutos no Mundial 82, a única copa do mundo que chegou a desputar. Pouco despois a chegada de Bobby Robson ó cargo de seleccionador puxo fin á súa carreira internacional, xa que non volveu a ningunha convocatoria. Así, remataba cun total de 63 encontros, 31 deles coma capitán e 21 goles anotados.

A derradeira camisola que vestirá como xogador será a do Newcastle United onde ficará dúas tempadas, xogando 78 encontros e anotando 48 goles, axudando ao equipo a retornar á primeira división da liga inglesa. Keegan anuncia o seu retiro a finais da tempada 1983-84.

Adestrador[editar | editar a fonte]

Newcastle[editar | editar a fonte]

En febreiro de 1992, tras oito anos de retiro en España, Keegan volta ao mundo do fútbol coma adestrador do Newcastle United.

A escadra estaba por aquel entón na First División, o equivalente á segunda división. Mais baixo a súa dirección conseguen o ascenso en 1993.

En 1994 lle é asignado o posto de Director deportivo, ó que renunciaría en 1997

Nesta etapa chegaron a ser subcampións de liga, e facían un xogo espectacular con xente coma o veterano Peter Beardsley ou o dianteiro Alan Shearer.

Kevin Keegan (á esquerda) en compaña dun afeccionado

Fulham[editar | editar a fonte]

Cando marcha do Newcastle, o seu destino é o Fulham, onde se fai cargo da dirección técnica da escadra, sendo o adestrador Ray Wilkins. Cando este é despedido en 1998 o propio Keegan faise cargo do equipo. En 1999 logran o ascenso, mais deixa o clube para dirixir á selección inglesa

Selección Inglesa[editar | editar a fonte]

Keegan foi nomeado novo seleccionador inglés en febreiro de 1999, mais non logrou grandes cousas. Na única competición oficial que disputou, a Eurocopa de Futbol 2000, Inglaterra non pasou da fase dos grupos.

Finalmente dimitiu en outubro de 2000.

Manchester City[editar | editar a fonte]

É nomeado adestrador do Manchester City en maio de 2001. Keegan ficha xogadores con experiencia internacional coma Stuart Pearce, Eyal Berkovic ou Ali Benarbia. No seu primeiro ano son campións da Division One e ascenden á Premier league. Na tempada seguinte conseguen o noveno posto na liga, moi boa posición para un recén ascendido. A tempada 2003-04 sería problemática, ó ter unha disputa co centrocampista Eyal Berkovic, que rematou co xogador fóra do club, e parte dos siareiros alporizados con Keegan por este feito. O City rematou en dezaseisavo posto aquel ano.

Finalmente en marzo de 2005 Keegan sería cesado do cargo.

Premios[editar | editar a fonte]

Keegan é membro do English Football Hall of Fame

Títulos[editar | editar a fonte]

Xogador[editar | editar a fonte]

Liverpool[editar | editar a fonte]

Campión

Subcampión

Hamburger SV[editar | editar a fonte]

Campión

Subcampión

Adestrador[editar | editar a fonte]

Newcastle United[editar | editar a fonte]

Subcampión


Trivia[editar | editar a fonte]

  • Keegan é famoso por non ter rexeitado xamáis unha petición dun autógrafo
  • Editou un single coma cantante, Head Over Heels in Love, unha canción composta por Chris Norman and Pete Spencer, en xuño de 1979. Chegou ao posto 31 nas listas de
  • Keegan está casado con Jean e teñen dúas fillas, ambas nadas en Hamburgo.
  • Foi galardoado coa OBE en 1982.
  • Fala alemán e castelán, amais de inglés.

Citas[editar | editar a fonte]

  • "En certo modo un calambre é pero que unha perna rota"
  • Sobre Emile Heskey: "El emprega a súa forza, e esa é a súa forza, a súa forza"

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 BBC Sport Fact file. Url accessed 14 July, 2006.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • "Southampton’s Cult Heroes" de Jeremy Wilson

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]