Marco van Basten

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marco van Basten
Marco van Basten2.jpg
Información persoal
Nome Marcel van Basten
Nacemento 31 de outubro de 1964 (58 anos)
Lugar de nacemento Utrecht
Altura 1,86 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Heerenveen (adestrador)
Carreira xuvenil
1970–1971 EDO
1971–1980 UVV
1980–1981 USV Elinkwijk
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1981–1987 Ajax 133 (128)
1987–1995 Milan 147 (90)
Total 280 (218)
Selección nacional
1981 Países Baixos sub-21 15 (13)
1983–1992 Países Baixos 58 (24)
Adestrador
2003–2004 Jong Ajax
2004–2008 Países Baixos
2008–2009 Ajax
2012– Heerenveen
Na rede
IMDB: nm1408376 Twitter: MarcoVanBasten Instagram: marcovanbasten Musicbrainz: 808c0dfb-6e3a-4af1-9256-1308ae0ac3ac FIFA: 41373 UEFA: 411 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Marcel "Marco" van Basten, nado en Oog in Al (Utrecht) o 31 de outubro de 1964, é un ex futbolista e actual adestrador de fútbol neerlandés. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección neerlandesa. Actualmente adestra o Heerenveen.

Anteriormente foi un dianteiro centro que xogou para o Ajax Amsterdam e o AC Milan nas décadas dos 80 e 90. Está considerado un dos mellores atacantes de tódolos tempos a pesar da súa curta carreira por mor de repetidas mancaduras nos nocellos. Anotou un total de 276 goles, e foi galardoado tres veces co Balón de Ouro (1988,1989 e 1992) e unha vez co FIFA World Player en 1992.

Xogador[editar | editar a fonte]

Van Basten xogou brevemente para o Elinkwijk antes de fichar polo Ajax. Debuta co primeiro equipo en abril de 1982, entrando ao campo en substitución de Johan Cruyff e anotando o seu primeiro gol para o club.

O crecemento de van Basten nos anos seguintes semellaba non ter límite. Non só coma un grande rematador senón tamén destacaba pola súa abriante técnica. Na tempada 1982-83 o Ajax contaba co Bota de Ouro Wim Kieft, o que fixo que van Basten só disputara vinte encontros. Aínda así o seu xogo convenceu ós técnicos do Ajax ata o punto de vender a Kieft ó Pisa e colocar a van Basten como titular.

A confianza depositada nel non foi en balde, xa que foi o máximo goleador da liga holandesa catro anos consecutivos (1984,1985,1986 e 1987). Un total de 117 goles en 112 encontros. En 1985-86 fixo 37 goles en 26 encontros en liga, gañando a Bota de Ouro

En 1987 Silvio Berlusconi ficha a van Basten para o Milan. Alí atoparíase con outros dous compatriotas seus, Ruud Gullit e Frank Rijkaard. Na súa primeira tempada no club italiano gañan o Scudetto, mais van Basten só pode xogar once encontros por problemas co nocello.

A pesar diso, na Eurocopa de 1988 deu un rendemento espectacular, rematando coma máximo anotador e mellor xogador do torneo. Un dos seus mellores goles foi unha volea sen apenas ángulo na final contra a URSS. Holanda venceu ese encontro por 2-0 e fíxose coa vitoria e o seu único ata o de agora título de seleccións. Un dato curioso dese gol é que o porteiro soviético Rinat Dasaev tiña o xeonllo mancado, e canto tenta saltar para dete-lo esférico só e quen de apoiarse nunha perna.

De volta ao Milan, Van Basten fai unha extraordinaria tempada nos anos 1988-89, sendo galardoado co Balón de Ouro, anotando 19 goles na Serie A e marcando dous tantos na final da Copa de Europa contra o Steaua de Bucarest.

Na 1989-90 rematou coma máximo anotador da Serie A e o Milan defendeu a Copa de Europa con éxito, vencendo desta volta ao Benfica. En troques, Holanda decepcionou no Mundial dese ano, caendo na segunda rolda.

Na 1991-92, adestrados por Fabio Capello o Milan perdeu un só encontro en liga e fíxose co Scudetto de novo. Van Basten anotu 25 goles e rematou coma Capocannoniere de novo.

Ao ano seguinte o Milan segue arrasando na liga, chegando a sumar 58 encontros sen coñece-la derrota. Van Basten destaca especialmente e gaña por terceira vez o Balón de Ouro. Pouco despois volta cos seus problemas co nocello, e tras varias operacións sen moito éxito decide retirarse do fútbol.

Aínda así desde entón si que participou nun par de encontros homenaxe, coma o de Demetrio Albertini e o de Dennis Bergkamp.

Títulos[editar | editar a fonte]

Club

Internacional

Individual

Adestrador[editar | editar a fonte]

Van Basten deixa oficialmente o Milan no ano 1995 retirándose do fútbol. Daquela declarou que nunca ía dedicarse a adestrar, mais non tardaría en mudar de opinión.

Comeza adestrando ao segundo equipo do Ajax no 2003 con John van 't Schip de axudante. O 29 de xullo de 2004 é nomeado adestrador da selección holandesa, xunto con van't Schip.

Os seus comezos no cargo son bastante polémicos o prescindir de estrelas coma Clarence Seedorf, Patrick Kluivert, Edgar Davids ou Roy Makaay.

Por vez primeira en moito tempo, ningún dos tres grandes holandeses (Ajax Amsterdam, PSV Eindhoven, e Feyenoord Rotterdam) aportan ós xogadores clave da selección, sendo o AZ Alkmaar o que conta con maior número de convacados: Denny Landzaat, Barry Opdam, Barry van Galen, Ron Vlaar, Jan Kromkamp e Joris Mathijsen.

A primeira proba real á que se tivo que enfrontar Holanda foi o Mundial de 2006 en Alemaña, onde foron eliminados en oitavos de final por Portugal. Aí chovéronlle críticas ó adestrador, sobre todo pola pouca participación que lle deu a Ruud van Nistelrooy é por deixar fóra da convocatoria a Roy Makaay ou Clarence Seedorf.

Van Basten ten contrato coa Federación holandesa para adestrar á selección até o 2008. A federación xa expresou os seus desexos de amplialo ata o 2010.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]