George Weah

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
George Weah
Información persoal
Nome George Manneh Oppong Weah
Nacemento 1 de outubro de 1966
Lugar de nacemento Monrovia
Altura 185 centímetros
Posición dianteiro, dianteira
Na rede
Twitter: GeorgeWeahOff Instagram: george_weah_official FIFA: 2187 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

George Manneh Oppong Ousman Weah, nado o 1 de outubro de 1966 en Monrovia, Liberia, é un ex-futbolista e político liberiano, presidente do país dende 2018.

É considerado no seu país unha icona, debido aos numerosos actos e axudas de carácter benéfico que ofrece ao seu pais e pola súa recoñecida habelencia nos campos de xogo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de xogar en varios equipos do seu país natal e do Camerún, en 1988 fichou polo AS Mónaco francés, do que en 1992 pasou ao PSG, co que ganou unha Copa de Francia (1993) e unha Copa da Liga (1994). A súa actuación na Liga de Campións de Europa valeulle ser fichado en 1994 polo AC Milán, por cerca de 11.000 millóns de liras. Con este equipo gañou varios scudettos, o último deles en 1998-99. Tamén obtivo tres veces o Balón de Ouro africano (1989, 1994 e 1995), unha vez o Balón de Ouro europeo (1995), e foi escolleito pola FIFA o mellor futbolista do mundo en 1995. Mantívose no elenco rossonero até o 2000, ano no que fichou polo Chelsea F.C. inglés. Logo pasou ao Manchester City, e de aí volveu a Francia; o Olympique de Marsella sería o seu último equipo en Europa. Despois de xogar no Al Jazira dos EAU, retirouse da actividade en 2003.

Política[editar | editar a fonte]

En 2005 fixo incursión no mundo da política ao presentarse como candidato á presidencia do seu país, mais foi derrotado nos comicios por Ellen Johnson-Sirleaf.

Weah foi finalmente elixido presidente de Liberia nas eleccións de 2017, nas que derrotou o vicepresidente Joseph Boakai,[1][2] e xurou o cargo o 22 de xaneiro de 2018.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Liberia’s election threatens its fragile stability Financial Times, 8 de abril 2016
  2. "Weah maintains lead in Liberia election's early results". News24 (Naspers). The Associated Press. 14 de outubro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2018. Consultado o 13 de setembro de 2018. 
  3. “Liberia: George Weah sworn in as president”. Al Jazeera. Consultado o 22 de marzo de 2018