Vicente Rodríguez Guillén
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 16 de xullo de 1981 Valencia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Outros nomes | El punyal de Benicalap Vicentín | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 176 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Peso | 72 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 1997 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Extremo esquerdo e dianteiro centro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 2004 | Eurocopa de Fútbol Portugal 2004 |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Vicente Rodríguez Guillén, coñecido simplemente como Vicente, nado en Valencia o 16 de xullo de 1981, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é o Brighton & Hove Albion FC.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Empezou a xogar no Benicalap CF, o principal equipo do seu barrio, do cal pasou a formar parte do Levante UD. No ano 2000, tras cinco anos no equipo granota, chega ao Valencia CF e logra o subcampionato de Europa. Gañou a liga 2001-2002. A súa mellor tempada coa camiseta do Valencia é a 2003-2004, cando se converte no mellor xogador de España e segundo a FIFA entrou entre os tres mellores do mundo. O Valencia gaña ese ano a Liga e a Copa da UEFA.
O 29 de setembro de 2004 lesiónase nun partido de Liga de Campións contra o Werder Bremen no nocello esquerdo. Tras varios tratamentos con diferentes médicos volveu xogar unha serie de partidos, aínda que seguía con molestias polo que decidiu ir a Bélxica para ser tratado polo doutor Martens. Diagnosticóuselle unha "calcificación no calcáneo do nocello" esquerdo da cal operoulle. Despois do tempo estipulado de recuperación volveu o 30 de abril do 2005 na 34ª xornada de Liga ante o CD Numancia onde marcou un gol, e terminou a Liga sen problemas como titular.
A tempada 2005-06 xogou a un bo nivel ata que na xornada 19 vólvese a lesionar no nocello, esta vez no dereito, reaparece na xornada 37.
Na campaña 2006-07 vólvese a lesionar tras unha dura entrada do xogador do Celta de Vigo Iriney, reaparece en Mestalla contra o RCD Espanyol onde marcou un gol tras unha boa parede entre el e David Villa, tres días despois en Stamford Bridge ante o Chelsea FC nun partido de Liga de Campións, volve lesionarse. Pérdese o resto da tempada para non forzar a súa recuperación. A tempada 2007-08 volve dar un rendemento irregular, con novas lesións, esta vez unha fisura nun dedo do pé e diversos problemas musculares.
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Foi internacional coa Selección de fútbol de España en 38 ocasións. O seu debut produciuse o 28 de marzo de 2001 en Valencia, no partido España 2-1 Francia.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Valencia
- Liga de España: 2001–02, 2003–04
- Copa da UEFA: 2003–04
- Supercopa de Europa: 2003–04
- Copa do Rei: 2007–08