Henrique III de Inglaterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Henrique III de Inglaterra
Rei de Inglaterra e Señor de Irlanda
Henry III funeral head.jpg
Efixie de Henrique na Abadía de Westminster, c. 1272

Reinado 28 de novembro de 1216 - 16 de novembro de 1272
Coroación 28 de novembro de 1216 , Gloucester
17 de maio de 1220 , Abadía de Westminster
Nacemento 1 de outubro de 1207
Winchester, Inglaterra Inglaterra
Falecemento 16 de novembro de 1272 (65 anos)
Westminster, Inglaterra Inglaterra
Predecesor Xoán I de Inglaterra
Sucesor Eduardo I de Inglaterra
Cónxuxe/s Leonor da Provenza
Casa real Casa de Plantagenet
Proxenitores Xoán I de Inglaterra
Isabel de Angulema

Escudo de Henrique III de Inglaterra

Henrique III de Inglaterra, tamén coñecido como Henrique de Winchester, nado o 1 de outubro de 1207 e finado o 16 de novembro de 1272 , foi rei de Inglaterra, señor de Irlanda e duque de Aquitania desde 1216 ata a súa morte.[1] Foi fillo do rei Xoán I de Inglaterra e a súa segunda muller Isabel de Angulema, e asumiu o trono con só oito anos de idade no transcurso da Primeira Guerra dos Baróns. O cardeal Guala declarou a guerra na contra dos baróns rebeldes como unha cruzada e as forzas de Henrique, lideradas por William Marshal, derrotaron aos rebeldes nas batallas de Lincoln e Sandwich en 1217. Henrique prometeu respectar a Gran Carta de 1225, na que se limitaba o poder real e se protexían os dereitos dos baróns. Os seus primeiros anos de reinado estiveron dominados por Hubert de Burgh e por Peter des Roches, que restableceron a autoridade real trala guerra. En 1230, o rei tratou de reconquistar as provincias francesas que pertenceran ao seu pai, pero a invasión foi un fracaso. En 1232 tivo que enfrontarse á revolta iniciada por Richard Marshal, que poñía fin ao acordo de paz negociado pola Igrexa.

Trala revolta, Henrique gobernou Inglaterra persoalmente, en lugar de delegar as funcións nos seus ministros. Viaxou menos que os seus predecesores e investiu grandes cantidades na mellora dos seus castelos e palacios favoritos. Casou con Leonor da Provenza, coa que tivo cinco fillos. Henrique foi coñecido pola súa piedade, celebrando luxosas cerimonias litúrxicas e dando xenerosas cantidades ás obras de caridade. O rei foi particularmente devoto da figura de Eduardo o Confesor, a quen adoptou como santo patrón. Confiscou grandes sumas de cartos aos xudeus, chegando incluso a súa capacidade de facer negocios, e empeorando a súa relación con eles ata o punto de establecer o Estatuto dos Xudeus, co que pretendeu segregar á comunidade. Nun primeiro intento de reclamar as posesións familiares en Francia, invadiu Poitou en 1242, que o levou cara a desastrosa batalla de Taillebourg. Tras isto, confiou na vía da diplomacia, formando unha alianza co emperador Federico II. Henrique apoiou ao seu irmán Ricardo na súa pugna por converterse en Rei de romanos en 1256, pero foi incapaz de poñer ao seu propio fillo Edmund no trono do Sicilia, a pesar de desembolsar grandes sumas de cartos. Pensou en marchar de cruzada ao Levante mediterráneo, pero as rebelións en Gascuña llo impediron,

En 1258 o seu mandato era cada vez máis impopular, como resultado do fracaso das súas caras políticas exteriores e a notoriedade dos seus medio-irmáns poitevinos, os Lusignan, así como o papel dos seus oficiais na colleita de impostos e taxas. Unha coalición dos baróns, probablemente apoiada inicialmente por Leonor, deu un golpe de Estado e expulsou aos poitevinos de Inglaterra, reformando o goberno real a través das chamadas Provisións de Oxford. Henrique e o goberno dos baróns acordaron a paz con Francia en 1259, coa renuncia de Henrique aos seus dereitos en Francia a cambio do recoñecemento por parte de Luís IX de Francia da súa lexitimidade no goberno de Gascuña. O réxime dos baróns colapsou, pero Henrique foi incapaz de reformar o goberno e a inestabilidade en Inglaterra continuou.

En 1263 un dos baróns máis radicais, Simon de Montfort, tomou o poder, resultando na Segunda Guerra dos Baróns. Henrique persuadiu ao rei francés para que o apoiase e mobilizase ao seu exército. A batalla de Lewes de 1264, supuxo a derrota e captura de Henrique, que foi feito prisioneiro. O seu fillo máis vello, Eduardo, escapou do cativerio para derrotar a de Montfort na batalla de Evesham o ano seguinte e liberar así ao seu pai. Henrique promulgou nun primeiro momento unha dura vinganza contra os rebeldes que quedaban aínda, pero foi persuadido pola Igrexa para que modificara as súas políticas a través do Dictum de Kenilworth. A reconstrución foi lenta e Henrique tivo que acceder a varias medidas, como unha maior represión cara os xudeus, para manter o apoio popular e dos baróns. O rei morreu en 1272, deixando a Eduardo como o seu sucesor. Foi soterrado na Abadía de Westminster, que reconstruíu na segunda metade do seu reinado, e foi colocado na súa actual tumba en 1290. Declaráronselle algúns milagres trala súa morte, porén non foi canonizado.

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Os territorios do rei Xoán I de Inglaterra en Francia, c. 1200

Henrique naceu no castelo de Winchester o 1 de outubro de 1207 .[2] Foi o primoxénito de Xoán I de Inglaterra e Isabel de Angulema.[3] Coñécense poucos detalles dos seus primeiros anos.[4][5] Inicialmente recibiu os coidados dunha ama de leite chamada Ellen no sur de Inglaterra, lonxe da corte itinerante do seu pai, e probablemente mantivo o vínculo coa súa nai.[4][6] Henrique tivo catro irmáns lexítimos menores –Ricardo, Xoana, Isabella e Leonor– e varios irmáns ilexítimos maiores ca el.[7] En 1212 a súa educación foille confiada a Peter de Roches, o bispo de Winchester; baixo a súa dirección, Henrique recibiu formación militar por parte de Philip D'Aubigny e aprendeu a montar a cabalo, probablemente coa axuda de Ralph de St Samson.[6]

Hai poucos datos sobre o aspecto de Henrique. Probablemente medía 1,68 m de altura, e segundo as testemuñas rexistradas despois da súa morte, suxeriuse que tiña unha complexión forte, e unha pálpebra caída.[6][a] Henrique mostrou nalgúns aspectos un temperamento feroz, mais, como o describe o historiador David Carpenter, tivo unha personalidade "amable, fácil de tratar e comprensivo"' na maior parte da súa vida.[8][9][6] Foi un home honesto, mostrou as súas emocións con facilidade, con tendencia a conmoverse nos sermóns relixiosos ata o punto de soltar lágrimas.[8][9][6]

A comezos do século XIII, o reino de Inglaterra formaba parte do imperio anxevino esparexido por Europa Occidental. Henrique recibiu o seu nome na honra do seu avó, Henrique II, quen construíu esta vasta rede de territorios que se extendian desde Escocia e Gales, a través de Inglaterra, do canle da Mancha ata os territorios do Ducado de Normandía, Bretaña, Maine e Anjou no noroeste de Francia, ata Poitou e Gascuña no suroeste.[10][6] Durante moitos anos, a coroa francesa foi relativamente débil, o que permitiu tanto a Henrique II, como aos seus fillos Ricardo I e Xoán I dominar Francia.[11]

No 1204, Xoán perdeu Normandía, Bretaña, Maine e Anjou que pasaron ao poder de Filipe II de Francia, limitando o poder inglés no continente aos territorios de Gascuña e Poitou.[12] Xoán elevou os impostos para sufragar as súas campañas militares e recuperar estas terras, pero o descontento creceu entre moitos dos baróns ingleses. Xoán buscou novos aliados declarando a Inglaterra como un feudo papal.[13][b][14]

No ano 1215, Xoán e os baróns rebeldes negociaron un potencial tratado de paz, a Carta Magna. O tratado limitou os potenciais abusos do poder real, desmobilizou aos exércitos rebeldes e estableceu un acordo para compartir o poder, porén, na práctica ningunha das partes cumpriu coas súas obrigas.[15] Xoán e os baróns leais repudiaron a Carta Magna tralo cal comezou a Primeira Guerra dos Baróns, na cal os baróns rebeldes axudados polo fillo do rei de Francia, o futuro Luís VIII, quen reclamaba para el o trono inglés.[12] A guerra derivou axiña nun status quo no que ningún dos bandos foi capaz de reclamar a vitoria. O rei enfermou e morreu a noite do 18 de outubro de 1216, deixando así a Henrique, de tan só nove anos, como herdeiro.[16]

Chegada ao trono e rexencia (1216–26)[editar | editar a fonte]

Coroación[editar | editar a fonte]

Unha imaxe do século XIII representando a coroación de Henrique III.

Henrique permanecía a salvo da guerra no castelo de Corfe en Dorset xunto a súa nai cando Xoán morreu.[17] No seu leito de morte, Xoán nomeou un consello de trece membros para axudar a Henrique a reclamar o reino, e pediu que o seu fillo quedara baixo a tutela de William Marshal, un dos máis coñecidos cabaleiros de Inglaterra[18] Os líderes leais ao rei decidiron coroar a Henrique inmediatamente para reforzar o seu dereito ao trono.[19][c] William nomeouno cabaleiro e o cardeal Guala Bicchieri, o legado papal en Inglaterra, supervisou a súa coroación na catedral de Gloucester o 28 de outubro de 1216.[19][20][6] Debido á ausencia dos arcebispos de Canterbury e York, Henrique foi unxido polos bispos de Worcester e Exeter, e coroado por Peter des Roches.[19][20][6] A coroa real desapareceu, non se sabe se vendida ou perdida, durante a guerra civil, polo que na cerimonia utilizouse unha simple coroa dourada pertencente á raíña Isabel.[21][22]

O novo rei herdou unha difícil situación, coa metade de Inglaterra ocupada polos rebeldes e a maior parte das posesións continentais do seu pai aínda nas mans dos franceses.[23][24] Tivo o importante apoio do cardeal Guala quen tratou de gañar a guerra civil por el e castigar aos rebeldes.[25] Guala favoreceu as ligazóns entre Inglaterra e o Papado, comezando pola propia coroación, onde Henrique homenaxeou ao Papa recoñecéndoo como o seu señor feudal.[26][19] O papa Honorio III declarou que Henrique era o seu vasalo e tutelado, e que o seu legado tiña a completa autoridade para protexer ao novo rei e o sue reino.[19] Como medida adicional, Henrique tomou a cruz, declarándose como un cruzado e con dereito a ter unha especial protección de Roma.[19]

Dous nobres de maior idade presentáronse como candidatos para dirixir a o goberno da rexencia.[27] O primeiro foi William, quen, a pesar da súa idade, foi recoñecido pola súa lealdade e puido axudar na guerra cos seus propios homes e recursos.[28] O segundo deles foi Ranulf de Blondeville, o conde de Chester e un dos máis poderosos baróns leais ao rei.[29] William esperou diplomaticamente ata que Guala e Ranulf lle encargasen ocupar o posto antes de asumir o poder.[29][d] William logo nomeou a des Roches como titor do rei, liberándose así el da tarefa e poder asumir o esforzo militar.[31]

Final da Guerra dos Baróns[editar | editar a fonte]

Representación da batalla de Lincoln de 1217, na que se mostra a morte do conde de Perche (a esquerda). Obra de Mateo de París.[32]

A guerra non ía ben para as tropas leais ao rei ata o punto que o novo goberno da rexencia considerou retirarse a Irlanda.[33] O príncipe Luís de Francia e os baróns rebeldes tamén tiveron dificultades para avanzar. A pesar de que Luís controlaba a abadía de Westminster, non puido ser coroado como rei porque a Igrexa de Inglaterra e o papado apoiaban a Henrique.[34][35] A morte do rei Xoán relaxou algunhas das queixas dos baróns, e os castelos reais aínda resistían nalgunhas partes do país.[36][35] Nun intento de tomar vantaxe disto, Henrique alentou aos baróns para que se uniran a súa causa a cambio da devolución das súas terras e unha versión reeditada da Carta Magna, a pesar de ter eliminado algunhas das súas cláusulas, incluídas aquelas que eran desfavorables para o Papado.[37] A estratexia do rei non tivo éxito e a oposición ao seu goberno aumentou aínda máis.[38]

En febreiro, Luís regresou a Francia na busca de reforzos.[39] Na súa ausencia, comezaron as disputas ente os seus partidarios franceses e ingleses, e o cardeal Gaula declarou que a guerra de Henrique contra os rebeldes era unha cruzada relixiosa.[40][e] Isto resultou nunha serie de desercións do bando rebelde, e as tornas do conflito viraron para o lado de Henrique[43] Luís regresou a finais de abril e retomou a súa campaña, dividindo as forzas en dous grupos, enviando a un ao norte para sitiar o castelo de Lincoln e mantendo ao outro no sur para capturar o castelo de Dover.[44] Cando William decatouse de que Luís dividira o seu exército, apostou por derrotar aos rebeldes nunha soa batalla.[45] Marchou cara ao norte e atacou Lincoln o 20 de maio de 1217. Logrou romper o asedio entrando por unha porta lateral da cidade e conquistouna tras unha serie de batallas nas rúas e saqueos nos edificios.[46][47][48] Capturaron a un gran número de rebeldes, e o historiador David Carpenter considerou a batalla como "unha das máis decisivas na historia de Inglaterra".[49][f]

A batalla de Sandwich en 1217. Na imaxe móstrase a captura do estandarte francés e a execución de Eustaquio o Monxe (d) e o apoio dos bispos ingleses (e). Obra de Mateo de París.[51]

Como resultado da batalla en Lincoln, as tropas leais ao rei estancáronse e non reiniciaron a campaña ata xuño cando acordaron a liberación dos prisioneiros.[52] Namentres, o apoio á campaña de Luís diminuía en Francia e concluíu en que a guerra en Inglaterra estaba perdida.[53][g] O príncipe francés negociou os termos co cardeal Guala, baixo os cales renunciaba ao seus dereitos ao trono inglés. A cambio, os seus seguidores recuperaban as súas terras, calquera sentenza de excomuñón quedaba revocada e o goberno de Henrique prometeu reforzar a Carta Magna.[54] As consecuencias do acordo proposto axiña empezaron a tomar corpo, e algúns lealistas protestaron porque entenderon que era demasiado xeneroso cos rebeldes, particularmente co clero que se unira á rebelión.[55] En ausencia dunha solución, Luís permaneceu en Londres xunto as súas forzas restantes.[55]

O 24 de agosto de 1217, a frota francesa arribou á costa de Sandwich, traendo máis soldados, maquinaria de asedio e alimentos frescos.[56] Hubert de Burgh, o justiciar de Henrique, saíu para interceptala, o que resultou na Batalla de Sandwich.[57] A frota de De Burgh dispersou aos franceses e capturou o seu buque insignia, liderado por Eustaquio o Monxe, quen foi executado.[57] Cando as novas chegaron ata Luís, comezou a negociar un novo acordo de paz.[57] Henrique, Isabel, Luís, Guala e William chegaron a un acordo por medio do Tratado de Lambeth, tamén coñecido como Tratado de Kingston, nos días 12 e 13 de setembro dese ano.[57] O tratado foi similar á primeira oferta de paz, pero excluía ao clero rebelde, cuxas terras e equipos permaneceron confiscados.[58] Luís aceptou unha compensación de 6 666 libras para acelerar a súa partida de Inglaterra, e prometeu persuadir ao rei Filipe II para que devolvera as posesións de Henrique en Francia.[59][h] Luís deixou Inglaterra como se acordou e uniuse á Cruzada albixense no sur de Francia.[63]

Restablecemento da autoridade real[editar | editar a fonte]

Representación de Mateo de París da segunda coroación de Henrique en 1220.

Co fin da guerra civil, o goberno de Henrique afrontou a tarefa de restablecer a autoridade real ao longo de grandes partes do país.[64] Para finais de 1217 moitos dos antigos rebeldes ignoraban de xeito habitual as instrucións que recibían, e incluso aqueles que eran leais a Henrique mantiñan un celoso control da súa independencia sobre os castelos reais.[24] Construíronse ilegalmente fortificacións, chamados castelos adúlteros, que floreceron ao longo da maior parte do país. A rede de shériffs dos condados colapsou, e con eles a posibilidade de subir os impostos e recoller os ingresos reais.[65] O poderoso príncipe galés Llywelyn presentou unha grande ameaza tanto en Gales como ao longo das Marcas galesas.[66][67]

A pesar do éxito obtido tras gañar a guerra, William tivo menos éxito en restablecer o poder real trala paz.[68] En parte, isto debeuse a que William foi incapaz de ofrecer un mecenado significativo, a pesar das expectativas dos baróns leais de ser recompensados.[69][i] William tratou de reforzar os tradicionais dereitos da Coroa de aprobar matrimonios e tutelas, pero non tivo moito éxito.[71] Porén, William si foi capaz de reconstituír o tribunal real de xuíces e a reabrir a tesourería real.[72] O goberno emitiu a Carta Forestal, pola que se pretendía reformar o goberno real dos bosques.[73] A rexencia e Llywelyn chegaron a un acordo no Tratado de Worcester de 1218, pero os xenerosos termos[j] puxeron de manifesto a debilidade da Coroa inglesa.[74][75]

O castelo de Bedford e a execución da guarnición en 1224. Obra de Mateo de París.

A nai de Henrique non foi quen de establecer un papel para si mesma no goberno da rexencia e regresou a Francia en 1217, onde casou con Hugo de Lusignan, un poderoso nobre poitevino.[76][77][k] William Marshal caeu enfermo e morreu en abril de 1219. O novo goberno formouse arredor de tres ministros: o novo legado papal Pandulf, o bispo Peter des Roches e o antigo justiciar Hubert de Burgh.[79] Os tres foron nomeados por un gran consello de nobres celebrado en Oxford e o seu goberno pasou a depender destes consellos para ter autoridade.[80] Hubert e des Roches eran rivais políticos, con Hubert apoiado por unha rede de baróns ingleses e des Roches polos nobres dos territorios reais de Poitou e Touraine.[81][82][l] Hubert actuou decisivamente na contra de des Roches en 1221, acusándoo de traizón e apartándoo da custodia do rei. O bispo abandonou Inglaterra para dirixirse ás cruzadas.[84] Pandulf foi chamado a regresar a Roma ese mesmo ano, deixando a Hubert como a figura dominante do goberno de Henrique.[85][77]

Inicialmente o novo goberno non tivo moito éxito, pero en 1220 a súa fortuna mudou e comezou a mellorar.[86] O papa permitiu a Henrique ser coroado por segunda vez, usando un novo conxunto de regalía real.[87] A coroación tiña a intención de confirmar a autoridade do rei. Henrique prometeu restaurar os poderes da Coroa, e os baróns xuraron que devolverían os castelos reais e pagarían as súas débedas coa Coroa, baixo ameaza de excomuñón.[88] Hubert, acompañado por Henrique, viaxou a Gales para conter a Llywelyn en 1223, e en Inglaterra as súas forzas reclamaron constantemente os castelos do rei.[89][83][6] O esforzo contra os baróns recalcitrantes restantes chegou a un punto crítico en 1224 co asedio co castelo de Bedford, o cal Henrique e Hubert asediaron durante oito semanas e que finalmente trala súa caída, toda a guarnición restante foi executada.[90][91]

Mentres, Luís VIII de Francia aliouse con Hugo de Lusignan e invadiu Poitou e Gascuña.[92][93] O exército de Henrique en Poitou estaba sen recursos e carecía do apoio dos baróns locais, moitos dos cales se sentiran abandonados durante a minoría de idade do rei. Como resultado disto, a provincia caeu con facilidade.[94] Quedou claro que Gascuña tamén caería a non ser que se enviaran reforzos desde Inglaterra.[95] A comezos de 1225 un gran consello aprobou un imposto de 40 000 libras para enviar un exército, que axiña recuperou Gascuña.[96][97][h] A cambio do acordo de apoio a Henrique, os baróns reclamaron que o rei reinstaurara a Carta Magna e a Carta Forestal.[98] [99] Neste momento o rei declarou que as cartas foran emitidas baixo a súa "espontánea e libre vontade" e confirmounas co selo real, outorgando unha nova Gran Carta e unha Carta Forestal en 1225, con maior autoridade que as versións anteriores.[100][99] Os baróns anticiparon que o rei actuaría de acordo con estas cartas definitivas, suxeito ao dereito e moderado polo consello da nobreza.[101][99]

Primeiros anos de goberno (1227–34)[editar | editar a fonte]

Invasión de Francia[editar | editar a fonte]

Henrique viaxando a Bretaña en 1230. Obra de Mateo de París.

Henrique asumiu o control formal do seu goberno en xaneiro de 1227, aínda que algúns dos seus contemporáneos puxeron en dúbida se legalmente seguía sendo menor de idade ata que cumprira os 21 anos un ano máis tarde.[102] O rei recompensou a Hubert de Burgh polos seus servizos durante a súa minoría de idade, nomeándoo Conde de Kent e outorgándolle unha gran cantidade de terras ao longo de Inglaterra e Gales.[103] A pesar de chegar á maioría de idade, Henrique continuaba fortemente influenciado polos seus conselleiros e durante os primeiros anos do seu mandato mantivo a Hubert como o seu justiciar para que dirixira o goberno, garantíndolle a posición de xeito vitalicio.[104][6]

O destino das posesións familiares de Henrique en Francia aínda continuaba incerto. Reclamar esas terras era extremadamente importante para Henrique, quen utilizou termos como "reclamar a súa herdanza", "restaurar os seus dereitos" e "defender as súas reclamacións legais" para referirse aos territorios nas correspondencias diplomáticas.[105] Os reis francesas tiñan unha vantaxe financeira, e incluso militar sobre Henrique.[106] Incluso en tempos de Xoán, a Coroa francesa desfrutou dunha considerable, aínda que non abafadora, vantaxe nos recursos, pero desde entón, as diferenzas aumentaron, cun incremento dos ingresos dos reis franceses que case duplicouse entre 1204 e 1221.[106][107][108][109][110]

Luís VIII de Francia finou en 1226, deixando ao seu fillo Luís IX de tan só 12 anos como herdeiro, apoiado por unha rexencia.[111][m] O novo rei francés estaba nunha posición máis débil cá do seu pai, e enfrontouse á oposición de moitos dos nobres franceses que aínda mantiñan ligazóns con Inglaterra, o que desembocou nunha serie de revoltas ao longo do reino.[112] Así, a finais de 1228 un grupo de rebeldes normandos e anxevinos chamaron a Henrique para que invadira Francia e reclamara a súa herdanza, e Pedro de Dreux, o duque de Bretaña, levantouse en armas contra Luís xurando lealdade a Henrique.[113][6]

As preparacións para a invasión progresaron lentamente, e cando finalmente Henrique chegou a Bretaña co seu exército en maio de 1230, a campaña non resultou frutífera.[113] Posiblemente baixo consello de Hubert, o rei decidiu evitar a batalla cos franceses non invadindo Normandía. No seu lugar marchou ao sur cara Poitou, onde montou o seu campamento durante o verán, antes de marchar á seguridade das súas posesións en Gascuña.[113] O rei acordou unha tregua con Luís ata 1234 e regresou a Inglaterra sen conseguir nada. O historiador Huw Ridgeway describiu esta campaña como un "custoso fracaso".[6]

A revolta de Richard Marshal[editar | editar a fonte]

O ministro principal de Henrique, Hubert de Burgh perdeu o poder en 1232. O seu vello rival, Peter des Roches, regresou a Inglaterra das cruzadas en agosto de 1231 e aliouse co cada vez maior número de opoñentes políticos a Hubert.[114] Expuxo o caso a Henrique de que o justiciar estivera malgastando o diñeiro real e as súas terras, e que fora responsable dunha serei de revoltas na contra do clero estranxeiro.[115] Hubert acolleuse a sagrado na capela de Merton College, pero Henrique o mandou arrestar e encerrar na Torre de Londres.[115] Des Roches tomou o goberno, apoiado pola facción poitevina dos baróns en Inglaterra, que viron neste movemento a oportunidade de recuperar as súas terras perdidas a mans dos seguidores de Hubert nas décadas pasadas.[116]

Des Roches utilizou a súa nova autoridade para despoxar aos seus opoñentes das súas propiedades, eludindo os tribunais e procesos legais.[116] As queixas de poderosos baróns como o fillo de William Marshal, Richard aumentaron, e afirmaron que Henrique estaba evitando protexer os seus dereitos legais acordados nas cartas de 1225.[117] Deste xeito estoupou unha nova guerra civil entre os seguidores de des Roches e os de Marshal.[118] Des Roches enviou exércitos ás terras de Richard Marshal en Irlanda e no sur de Gales.[118] En resposta, Richard aliouse co príncipe Llywelyn, e o seus propios seguidores se rebelaron en Inglaterra.[118] Henrique foi incapaz de obter unha clara vantaxe militar e comezou a preocuparse de que Luís de Francia vira a revolta como unha oportunidade para invadir Bretaña –onde a tregua estaba a piques de expirar– mentres el estaba distraído na casa.[118]

Edmund Rich, o arcebispo de Canterbury, interveu en 1234 e celebrou varios grandes consellos, aconsellando a Henrique que aceptara a destitución de des Roches.[118] Henrique acordou a paz, pero antes de que as negociacións remataran, Richard morreu por mor das feridas no campo de batalla, deixando ao seu irmán Gilbert como herdeiro das súas terras.[119] O acordo final foi asinado en maio e Henrique foi amplamente eloxiado por aceptar unha paz cuns termos tan vergoñosos.[119] Mentres isto ocorría, a tregua con Francia na Bretaña rematou, e o aliado de Henrique, o duque Pedro, pasou a estar baixo unha nova ameaza militar. [120] Henrique tan só puido enviar unha pequena expedición de soldados na súa axuda, e Bretaña acabou caendo nas mans de Luís en novembro.[120] Durante os seguintes 24 anos, Henrique gobernou persoalmente o seu reino, en lugar de deixalo nas mans dos seus ministros.[121]

Henrique como rei[editar | editar a fonte]

Realeza, goberno e lei[editar | editar a fonte]

Gravado co gran selo de Henrique.

O goberno real en Inglaterra estivo tradicionalmente centrado en varias oficinas de Estado, ocupadas por baróns poderosos e independentes.[122] Henrique abandonou esta política, deixando o posto de justiciar vacante e convertendo o papel do chanceler da tesourería a nun menos importante.[123] Formouse un pequeno consello real pero o seu papel estivo pouco definido: nomeamentos, padroados, e as políticas decidíanse directamente polo rei e os seus conselleiros máis achegados, en lugar de facelo nos grandes consellos que marcaron os primeiros anos do seu reinado.[124] Os cambios fixeron máis difícil a aqueles que estaban fora do círculo íntimo do rei influír na política ou perseguir os agravios lexítimos, particularmente aqueles contra os amigos do rei.[122]

Henrique pensaba que os reis debían gobernar Inglaterra dun xeito digno, rodeados dun ritual cerimonial e eclesiástico.[125] Pensaba que os seus predecesores permitiron que o status da Coroa se perdera e buscou restauralo durante o seu reinado.[125] Os sucesos da guerra civil na súa mocidade afectáronlle profundamente, e adoptou a Eduardo o Confesor como o seu santo patrón, esperando imitalo na forma na que o monarca anglosaxón trouxo a paz a Inglaterra e reuniu as súas xentes en orde e harmonía.[126][122][6] Henrique tratou de usar a súa autoridade real dun xeito indulxente, esperando calmar así aos baróns máis hostís e manter a paz no seu reino.[6]

Como resultado disto, a pesar da énfase simbólica no poder real, o poder de Henrique foi relativamente constitucional e circunscrito. [127][6] Polo xeral actuou segundo os termos descritos nas cartas, o que prevía a Coroa de tomar accións extraxudiciais na contra dos baróns, incluíndo as multas e expropiacións que foran tan comúns na época de Xoán.[127][6] As cartas non falaban dos aspectos sensibles do nomeamento dos conselleiros reais e a distribución dos padroados, e carecían de calquera forma de aplicación se o rei decidía ignoralas.[128] O poder de Henrique converteuse en laxo e descoidado, o que resultou nunha redución da autoridade real nas provincias e, en última instancia, no colapso da súa autoridade na corte.[129][6] A inconsistencia coa que aplicou as cartas durante o transcurso do seu reinado afastou do seu lado a moitos baróns, incluíndo a aqueles que estaban no seu bando.[6]

Gran Hall do castelo de Winchester, mandado construír por Henrique.

O termo "parlamento" apareceu por primeira vez nas décadas de 1230 e 1240 para describir as grandes reunións da corte, e estas reunións parlamentarias celebráronse periodicamente durante o reinado de Henrique.[130] Estas reunións utilizáronse para acordar os aumentos dos impostos que, durante o século XIII, eran simples, únicos, tipicamente bens mobles, pensados para apoiar os ingresos do rei para proxectos particulares.[131][n] Durante o reinado de Henrique, os condados comezaron a enviar delegacións regulares a estes parlamentos, e comezaron a representar a unha comunidade máis ampla que simplemente a dos baróns.[134][135]

A pesar das varias cartas, a provisión da xustiza real era inconsistente e conducíase pola necesidade de políticas inmediatas: ás veces a acción levábase a cabo para atender unha queixa lexítima dos baróns, noutras, o problema era simplemente ignorado.[136] Os reais eyres, uns tribunais que viaxaban polo país para outorgar xustiza a nivel local, tipicamente para aqueles baróns de máis baixo status e reclamacións na contra dos grandes señores, tiñan pouco poder, o que permitía aos grandes baróns dominar os sistemas de xustiza locais.[129] O poder dos shériffs locais tamén diminuíu durante o reinado de Henrique. O posto pasou a estar ocupado en moitos casos por homes de clases máis baixas nomeados polo tesoureiro, en lugar de pertencer as familias máis importantes, e centrábanse en xerar ingresos para o rei.[137] Os seus fortes intentos de impoñer multas e recoller débedas derivou nunha grande impopularidade entre as clases máis baixas.[138][6] Ao contrario que o seu pai, Henrique non explotou as grandes débedas que os baróns debían frecuentemente á Coroa, e isto provocou que diminuíra o ritmo de obtención dos ingresos.[139][140]

Corte[editar | editar a fonte]

Un dos peniques Long cross introducidos polo rei no que aparece a súa efixie.

A corte do rei estivo formada polos seus amigos máis próximos e de confianza, como Richard de Clare, os irmáns Hugh e Roger Bigod, Humphrey de Bohun, así como o seu propio irmán, Ricardo.[141] Henrique quería utilizar a súa corte para unificar aos seus súbditos continentais e ingleses, e incluíu nela a Simon de Montfort, orixinalmente un cabaleiro francés que casou con Leonor, a irmá de Henrique e foi nomeado Conde de Leicester, así como a afluencia posterior dos seus parentes savoianos e os Lusignan.[142] A corte seguiu os estilos e tradicións europeos, e tivo unha grande influencia das tradicións anxevinas: o francés era a lingua habitual, tiña estreitos vínculos coas cortes de Francia, Castela, o Sacro Imperio Romano Xermánico e o Reino de Sicilia. O rei tamén promoveu aos escritores seguindo a costume doutros monarcas da época.[143][105]

Viaxou menos que os anteriores monarcas, mantendo unha vida máis tranquila e sosegada. Permanecía en cada un dos seus palacios durante longos períodos de tempo antes de mudarse.[144] Posiblemente como resultado disto, puxo máis atención no cuidado das súas propiedades. Segundo o historiador da arquitectura John Goodall, "o patrón de arte e arquitectura máis obsesivo que ocupou o trono de Inglaterra".[145][146] Henrique estendeu o complexo real de Westminster en Londres, un dos seus favoritos, reconstruíndo o palacio e a abadía cun custo de case 55 000 libras.[147][148][h] Pasou en Westminster máis tempo que calquera dos seus predecesores, organizando a formación da capital do reino.[149]

Gastou 58 000 libras nos seus castelos, especialmente na Torre de Londres e nos castelos de Lincoln e Dover.[150][h] Se fixeron importantes melloras tanto nas defensas militares como as estancias interiores destes castelos.[147] No castelo de Windsor, a gran reforma resultou nun espléndido complexo cuxo estilo e detalles inspirou a moitos dos deseños posteriores tanto en Inglaterra como Gales.[151] A Torre de Londres foi ampliada para formar unha fortaleza concéntrica con amplas vivendas, aínda que Henrique utilizou este castelo principalmente como un refuxio seguro en caso de guerra ou revolta civil.[152] Henrique tamén mantivo a casa de fieiras da Torre, unha tradición comezada polo seu pai, na que se podían atopar un elefante, un leopardo e un camelo.[153][154][o]

Henrique reformou o sistema de moedas de prata de Inglaterra en 1247, substituíndo os vellos peniques de prata coñecidos como Short Cross polos novos Long Cross de novo deseño.[155] Debido ao custo inicial da transición entre unha moeda e outra, Henrique requiriu axuda financeira do seu irmán Ricardo para levar a cabo a reforma, pero a recuperación foi rápida e eficiente.[156][157] Entre 1243 e 1258, o rei reuniu dous grandes arsenais, ou reservas, de ouro.[158] En 1257, Henrique necesitou gastar a segunda destas reservas e, en lugar de vender o ouro rápidamente e provocar a súa depreciación, decidiu introducir os peniques de ouro no país, seguindo así unha tendencia introducida en Italia con gran popularidade.[159][160][161] Os peniques de ouro recordaban ás moedas de ouro que emitira Eduardo o Confesor, pero o elevado valor destas trouxo as queixas da cidade de Londres e finalmente quedaron en desuso.[159][160][162][p]

Relixión[editar | editar a fonte]

Henrique levando a reliquia do Santo Sangue a Westminster en 1247. Obra de Mateo de París.

Henrique foi coñecido polas súas mostras públicas de piedade, e semella que foi un gran devoto.[6][164] Promoveu os ricos e luxosos servizos relixiosos e asistiu a misa polo menos unha vez ao día, algo nada usual na súa época.[165][164][6][q] Outorgaba xenerosas doazóns ás causas relixiosas, pagou para alimentar a 500 pobres cada día e axudou aos orfos.[6] Xaxuaba antes de celebrar as festividades de Eduardo o Confesor, e probablemente lavou os pés aos leprosos.[121] Con regularidade ía de peregrinación, particularmente as abadías de Bromholm, St Albans e Walsingham, aínda que se pensa que nalgunhas ocasións empregaba estas peregrinacións como forma eludir os problemas das súas responsabilidades políticas.[8][6]

Henrique compartiu moitas das súas visións relixiosas con Luís de Francia, e semella que tiveron unha pequena competición na súa piedade.[5] Cara o final do seu reinado, Henrique puido ter adoptada a práctica de curar sos enfermos de escrófula, ás veces chamadas o "demo do rei", tan só tocándolles coa súa man, posiblemente emulando a Luís, quen tamén adoptou esta práctica.[167][r] Luís tiña unha famosa colección de reliquias da paixón que almacenaba na Sainte-Chapelle, e sacou en procesión por París un fragmento da Vera Cruz en 1241. Henrique fixo o propio cunha reliquia do Santo sangue en 1247, que acabou sendo instalada na Abadía de Westminster, nun intento de convertela nunha alternativa á Sainte-Chepelle.[169][s]

Henrique deu en especial apoio ás ordes mendicantes. Os seus confesores pertencían a orde dos Predicadores, e construíu numerosas casas mendicantes en Canterbury, Norwich, Oxford, Reading e York, axudando a atopar un espazo valioso para estas novas construcións nas xa masificadas aldeas e cidades.[171][6] Tamén deu apoio as ordes militares cruzadas, e foi nomeado patrón da orde Teutónica en 1235.[172] As emerxentes universidades de Oxford e Cambridge tamén recibiron a atención do rei, quen reforzou e regulou os seus poderes e animou aos eruditos a que marcharan da Universidade de París para ensinar nelas.[173][174] A institución rival de Northampton foi declarada polo rei como unha mera escola e non unha verdadeira universidade.[175]

O apoio recibido do papado durante os primeiros anos do seu reinado tivo unha grande influencia na súa actitude cara Roma, defendendo dilixentemente á Igrexa durante o seu reinado.[26][t] A Roma do século XIII era tanto o centro da Igrexa europea, así como o poder político do centro de Italia, ameazada militarmente polo Sacro Imperio Romano. Durante o reinado de Henrique, o papado desenvolveu unha forte burocracia central, apoiada polos beneficios garantidos aos eclesiásticos ausentes que traballaban en Roma.[176] As tensións creceron entre esta práctica e as necesidades das parroquias locais, exemplificadas pola disputa entre Robert Grosseteste, o bispo de Lincoln, e o papado en 1250.[177] Aínda que a Igrexa escocesa gañou independencia da de Inglaterra durante este período, os legados pontificios axudaron a Henrique a manter a súa influencia sobre súas as actividades desde a distancia.[178] As intentounas do papa Inocencio IV de aumentar os ingresos comezaron a atopar oposición na Igrexa de Inglaterra durante este período.[179] En 1240, a chegada do emisario papal para a recollida das taxas para o pagamento da guerra contra Federico II, resultou en protestas, nas que tiveron que intervir tanto o rei como o papa. Máis adiante, na década de 1250 volveu a suceder o mesmo coa recadación do décimo para a cruzada do rei.[180][u]

Políticas cos xudeus[editar | editar a fonte]

Os xudeus de Inglaterra considerábanse propiedade da Coroa, e tradicionalmente foron usados como fonte de prestamos baratos e impostos doados, a cambio da protección do rei contra o antisemitismo.[133] Os xudeus sufriron unha considerable opresión durante a Primeira Guerra dos Baróns, pero durante os primeiros anos do goberno de Henrique a comunidade floreceu e pasou a ser unha das máis prósperas de Europa.[182][183] Estas medidas debéronse principalmente a postura adoptada polo goberno da rexencia, quen tomou unha serie de medidas para protexelos e así fomentar os prestamos, beneficiándose así da forte comunidade xudía en Inglaterra.[183] Estas políticas ían na contra das instrucións emitidas polo papa, quen establecera unha serie de medidas anti-xudías no IV Concilio de Letrán de 1215, porén William Marshal continuou coas súas políticas a pesar das queixas da Igrexa.[183]

En 1239 Henrique introduciu unhas novas políticas, posiblemente coa intención de imitar ás que establecera Luís en Francia: os líderes xudeus en Inglaterra foron retidos e forzados a pagar unhas multas equivalente a un terzo dos seus bens, e calquera préstamo pendente debía ser cancelado.[133][184] A isto lle seguiu unha gran demanda de cartos –40 000 libras en 1244, das cales dous terzos foron recollidos en cinco anos– destruíndo a habilidade da comunidade para prestar cartos aos comerciantes.[185][6] Henrique construíu o Domus Conversorum en Londres en 1232 para axudar a converter aos xudeus ao cristianismo, e os seus esforzos se intensificaron despois de 1239. Preto do 10% dos xudeus de Inglaterra convertéronse ata finais da década de 1250.[186] As historias anti-xudías nas que estaban presentes os relatos de sacrificios de nenos, floreceron nesa década de 1250, e en resposta, Henrique emitiu o Estatuto dos Xudeus en 1253, o cal tratou de segregar aos xudeus e forzalos a levar uns distintivos xudeus. Descoñécese ata que punto estiveron implantadas as medidas do estatuto xudeu.[187]

Goberno persoal (1234–58)[editar | editar a fonte]

Matrimonio[editar | editar a fonte]

Unha cronoloxía da época mostrando a Henrique na cima e os seus fillos (de esquerda a dereita) Eduardo, Margarida, Beatriz, Edmund e Catarina entre 1300–1308

Henrique dispuxo dun amplo abano de posibles parellas para o matrimonio durante a súa mocidade, pero todas elas resultaron non ser adecuadas por mor das políticas europeas e domésticas.[188][v] En 1236 finalmente casou con Leonor da Provenza, a filla de Ramón Berenguer IV, conde da Provenza e Beatriz de Savoia.[190] Leonor era unha muller de bos modais, culta e expresiva, pero o principal motivo do matrimonio foi político, xa que Henrique quería crear unha serie de alianzas xunto aos monarcas do sur e sueste de Francia.[191] Durante os seguintes anos, Leonor destacou por ser unha política dura e firme. Os historiadores Margaret Howell e David Carpenter a describiron como "máis combativa" e "moito máis loitadora e decidida que o seu marido".[192][193]

O contrato de matrimonio confirmouse en 1235 e Leonor viaxou a Inglaterra para coñecer a Henrique.[194] A parella casou na catedral de Canterbury en xaneiro de 1236 e Leonor foi coroada como raíña en Westminster pouco despois nunha luxosa cerimonia deseñada por Henrique.[195] Había unha substancial diferenza na idade dos cónxuxes, xa que Henrique tiña 28 anos e Leonor só 12. A historiadora Margaret Howell apunta que o rei "foi xeneroso e cálido e preparouse para coidar con luxos e afectos a súa muller".[196] Henrique deu a Leonor grandes agasallos e puxo especial atención en establecer e montar a súa casa.[197] Tamén a levou ata a súa profunda vida relixiosa, incluíndo a súa especial devoción por Eduardo o Confesor.[198]

A pesar das preocupacións iniciais sobre a posible esterilidade da raíña, Henrique e Leonor tiveron cinco fillos xuntos.[199][200][w] En 1239 Leonor tivo ao seu primeiro fillo, Eduardo, quen recibiu o seu nome en honra ao Confesor.[6] Henrique encheuse de alegría e organizou grandes celebracións, contribuíu xenerosamente coa Igrexa e cos pobres para que Deus protexera ao seu fillo.[205] En 1240 naceu a súa primeira filla, Margarida, quen recibiu o seu nome pola irmá de Leonor. O seu nacemento tamén estivo acompañado de celebracións e doazóns aos pobres.[206] O terceiro descendente de Henrique foi unha nena, Beatriz, quen recibiu o seu nome en honra a súa madriña, e naceu en 1242 durante a campaña en Poitou.[207] En 12145 naceu Edmundo, quen foi nomeado en honra a Edmundo o mártir, un santo do século IX. Preocupado pola saúde de Leonor, Henrique doou grandes sumas de cartos á Igrexa durante o embarazo.[208] A terceira filla foi Catarina, quen naceu en 1253 e axiña caeu enferma, posiblemente por mor dunha enfermidade dexenerativa como o síndrome de Rett, e foi incapaz de falar.[209][210] Morreu en 1257 provocando unha gran perturbación no seu pai.[209][210][x] Os fillos de Henrique pasaron a maior parte da súa mocidade no castelo de Windsor e semella que o rei estivo moi unido a eles, pasando apenas longos períodos de tempo afastado deles.[212][5]

Trala voda con Leonor, moitos dos seus parentes savoianos uníronse a ela en Inglaterra.[213] Polo menos 170 chegaron a Inglaterra despois de 1236, procedentes de Savoia, Borgoña e Flandres, incluídos os tíos de Leonor: Bonifacio converteuse no arcebispo de Canterbury, e Guillerme foi o conselleiro de Henrique por un breve período.[214][215] Henrique arranxou matrimonios para moitos deles con membros da nobreza inglesa, unha práctica que inicialmente causou friccións cos baróns ingleses, que se resistían que as súas propiedades pasasen a mans estranxeiras.[215] Os savoianos tiveron coidado de non exacerbar a situación e pouco a pouco se integraron entre a sociedade dos baróns, formando unha importante base de poder para Leonor no país.[216][215]

Últimos anos (1258–72)[editar | editar a fonte]

Revolución[editar | editar a fonte]

Probable representación de finais do século XIII ou comezos do XIV do príncipe Eduardo.

En 1258, Henrique tivo que afrontar unha revolta dos baróns ingleses.[217][218] O descontento crecera debido a forma na que os oficiais do rei recadaban os impostos, a influencia dos pointevinos na corte e a impopular política siciliana. Incluso a Igrexa de Inglaterra se sentía agraviada polo tratamento do rei.[219][220] Os galeses estaban aínda na súa revolta, e agora aliáronse cos escoceses.[6] Henrique experimentou dificultades económicas, aínda que aínda conservaba algunhas reservas de ouro e prata, estas eran insuficientes para cubrir os seus potenciais gastos, incluíndo a campaña por Sicilia e as súas débedas co papado.[221] Os críticos suxiren que en realidade nunca pensou en unirse ás cruzadas, e que simplemente tratou de beneficiarse dos décimos cruzados.[222] Para empeorar a situación, as colleitas resultaron un desastre en Inglaterra.[6] Na corte de Henrique había un amplo sentimento de que o rei era incapaz de dirixir o país con estes problemas.[223]

O descontento finalmente estoupou en abril, cando sete dos principais baróns ingleses e savoianos – Simon de Montfort, Roger and Hugh Bigod, John Fitzgeoffrey, Peter de Montfort, Peter de Savoy e Richard de Clare – formaron en segredo unha alianza para expulsar aos Lusignans da corte, o que probablemente contou cun discreto apoio da raíña.[224][219][6] O 30 de abril, Roger Bigod marchou cara Westminster en medio dun parlamento do rei, apoiado polos seus cómplices, e deu un golpe de Estado.[219][223] Henrique, temeroso de ser arrestado e enviado a prisión, aceptou abandonar a súa política de goberno persoal e aceptou gobernar a través dun consello de 24 baróns e clérigos, dos cales a metade serían escollidos polo rei e a outra metade polos propios baróns.[225][226] Os seus propios escollidos para formar parte do consello baseáronse en gran medida nos odiados Lusignans.[227]

A presión para levar a cabo reformas continuou crecendo sen parar e un novo parlamento se reuniu en xuño. Este parlamento aprobou unha serie de medidas coñecidas como as Provisións de Oxford que Henrique xurou manter.[228][229] Estas provisións crearon un consello máis pequeno composto por 15 membros, elixidos unicamente polos baróns, os cales tiñan o poder para nomear ao justiciar de Inglaterra, o chanceler e o tesoureiro, e que podía ser vixiado por parlamentos trianuais.[228][y] A presión por parte dos baróns máis baixos e a burguesía presente en Oxford tamén axudou a impulsar a reforma, pensada para limitar os abusos de poder dos oficiais do rei e os principais baróns.[230][231] O consello electo incluía representantes da facción savoiana pero non dos poitevinos, e o novo goberno axiña tomou medidas para exiliar aos Lusignan e apoderarse de importantes castelos ao longo do país.[232][233]

Os desacordos entre os principais baróns involucrados na revolta axiña se fixeron evidentes.[234] De Montfort defendeu reformas radicais que supoñían máis límites a autoridade e o poder dos baróns así como da Coroa. Outros como Hugh Bigod, promoveron só un cambio moderado, mentres que os máis conservadores, como de Clare, expresaron a súa preocupación acerca das existentes limitacións ao poder do rei.[235] O fillo de Henrique, Eduardo, opoñíase inicialmente a revolución, pero máis adiante aliouse con de Montfort, a quen axudou para aprobar as radicais Provisións de Westminster de 1259, que introducían maiores límites ao poder dos baróns e os oficiais reais.[236]

Segunda Guerra dos Baróns[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Segunda Guerra dos Baróns.
Unha representación do século XIII da mutilación de Simon de Montfort trala batalla de Evesham de 1265.

De Montfort regresou a Inglaterra en abril de 1263 e convocou un consello de baróns rebeldes en Oxford para establecer unha renovada axenda anti-poitevina.Modelo:Snf A revolta estoupou pouco despois nas marcas galesas e, para outubro, Inglaterra enfrontábase a unha guerra civil entre Henrique, apoiado por Eduardo, Bigod e os baróns conservadores, e de Montfort, de Clare e os radicais.[237][238] De Montfort avanzou cara o leste xunto a un exército e Londres sumiuse nunha revolta.[239] Henrique e Leonor quedaron atrapados na Torre de Londres polos rebeldes. A raíña tratou de escapar a través do río Támesis para unirse ao exército de Eduardo en Windsor, pero foi obrigada a retirarse polas multitudes da cidade.[240] De Montfort tomou a parella prisioneira, e aínda que mantivo a ficción de gobernar en nome do rei, os rebeldes substituíron o goberno real e a corte cos seus propios homes de confianza.[241]

A coalición de De Montfort comezou pronto a fragmentarse, Henrique gañou a súa liberdade de movemento e un renovado caos estendeuse por Inglaterra.[242] Henrique apelou a Luís de Francia para que arbitrase na disputa, como se dispuxera no seu día no Tratado de Kingston. De Montfort mostrouse inicialmente contrario a esta idea, pero, cando a guerra parecía que se inclinaba cara o seu lado decidiu someterse tamén ao arbitraxe francés.[243] Henrique marchou cara París acompañado polos representantes do líder rebelde.[244] Inicialmente predominaron os argumentos legais de de Montfort, pero en xaneiro de 1264 Luís anunciou o Acordo de Amiens, polo que condenaba aos rebeldes, defendendo os dereitos do rei e anulando as Provisións de Oxford.[245][246] Luís tiña a súa propia visión dos dereitos dos reis sobre os dos baróns, pero tamén estivo influído pola súa muller, Margarida, que era a irmá de Leonor, e polo papa.[246][z] Deixando a Leonor en París para armar os reforzos mercenarios, Henrique regresou a Inglaterra en febreiro de 1264, onde a violencia creceu como resposta á impopular decisión do francés.[248][249]

A Segunda Guerra dos Baróns estoupou finalmente en abril de 1264, cando Henrique dirixiu un exército aos territorios de de Montfort nas Midlands, e avanzou cara o sueste para recuperar a importante ruta cara Francia.[250] Desesperado, de Monfort marchou a perseguir ao rei e os dous exércitos enfrontáronse na batalla de Lewes o 14 de maio dese ano.[251] A pesar da superioridade numérica, as forzas de Henrique quedaron esmagadas.[252] O seu irmán Ricardo foi capturado, e Henrique e Eduardo se retiraron ata un priorado local se renderon o día seguinte.[252] Henrique foi obrigado a perdoar aos baróns rebeldes e reinstaurar as Provisións de Oxford, deixándoo, segundo o describe o historiador Adrian Jobson, como "pouco máis que un monicreque".[253]

De Montfort foi incapaz de consolidar a súa vitoria e o desorde seguiu expandíndose polo país.[254] En Francia, Leonor fixo plans para a invasión de Inglaterra co apoio de Luís, mentres que Eduardo escapou dos seus raptores en maio e reuniu un novo exército.[255] Eduardo perseguiu as forzas de de Montfort a través das marcas galesas, antes de golpear no leste e atacar a fortaleza de Kenilworth e converterse de novo no líder rebelde.[256] De Montfort, acompañado polo retido Henrique, non foi quen de retirarse, tendo lugar a batalla de Evesham.[257] Eduardo resultou vitorioso e de Montfort foi mutilado polos vencedores. Henrique que levaba unha armadura prestada, foi case asasinado polas forzas de Eduardo durante a loita antes de ser recoñecido e escoltado a un lugar seguro.[258] Nalgúns lugares, a xa descabezada rebelión, continuou. Algúns rebeldes se refuxiaron en Kenilworth, que Henrique e Eduardo capturaron tras un longo asedio en 1266.[259] Os remanentes da resistencia foron eliminados e os últimos rebeldes, se refuxiaron na illa de Ely, onde finalmente se renderon en xullo de 1267, poñendo fin á guerra.[260][261]

Reconciliación e reconstrución[editar | editar a fonte]

Henrique axiña vingouse dos seus inimigos trala batalla de Evesham.[262][260] Inmediatamente ordenou o embargamento de tódalas terras dos rebeldes, desencadeando unha caótica onda de sacos en todo o país.[263][260] Henrique rexeitou inicialmente calquera chamada a moderación, pero en outubro de 1266 foi persuadido polo legado papal, Ottobuono de' Fieschi, para que emitira unha política menos draconiana, chamada Dictum de Kenilworth, na cal permitía a devolución das terras dos rebeldes, a cambio do pagamento de severas multas.[264] A isto seguiulle o estatuto de Marlborough de novembro de 1267, o cal restablecía efectivamente moitas das provisións de Westminster, establecendo límites nos poderes dos oficiais locais e os baróns máis poderosos, pero sen restrinxir a autoridade real.[265][266] Moitos dos poitevinos exiliados comezaron a regresar a Inglaterra trala guerra.[267] En setembro de 1267, Henrique asinou o Tratado de Montgomery con Llywelyn, no que o recoñecía como príncipe de Gales e lle outorgaba grandes concesións de terras.[268]

Nos últimos anos do seu reinado, Henrique mostrouse cada vez máis enfermizo e centrado en asegurar a paz no seu reino, así como centrado as súas devocións relixiosas.[269][270] Eduardo foi nomeado Administrador de Inglaterra e comezou a prestar un papel cada vez máis importante no goberno.[271] As finanzas do rei estaban nun estado precario como resultado da guerra, e cando Eduardo decidiu unirse as cruzadas en 1268 quedou claro que eran necesarios máis impostos.[265] Ao rei preocupáballe que a ausencia de Eduardo puidera causar novas revoltas, pero foi influído por este para que negociara con múltiples parlamentos durante os seguintes dous anos para obter o diñeiro.[269][266][272] De Montfort exixira severas sancións aos xudeus que Henrique cancelou nun principio, pero acabou reintroducindo xunto a unha serie de medidas anti-xudías baixo presión do parlamento nos anos finais do seu reinado.[273] O rei continuou o seu investimento na Abadía de Westminster, que pasou a ser o substituto do mausoleo anxevino da abadía de Fontevraud, e na que en 1269 se celebrou unha grande cerimonia para levar o corpo de Eduardo o Confesor ata un novo santuario. O propio rei axudou a levar o corpo ata o seu novo lugar de repouso.[274][266][275][6]

Morte[editar | editar a fonte]

O sepulcro de Henrique na Abadía de Westminster en Londres.

Eduardo partiu para combater na Oitava Cruzada, dirixida por Luís de Francia, no 1270, pero Henrique púxose cada vez máis enfermo. Creceron as sospeitas sobre unha nova rebelión e no ano seguinte o rei escribiu ao seu fillo para que regresara a Inglaterra, pero este non atendeu a petición.[276][277][6] A saúde de Henrique mellorou lixeiramente e anunciou a súa renovada intención de unirse ás cruzadas el mesmo, pero nunca chegou a estar completamente recuperado e no solpor do 16 de novembro de 1272 finou en Westminster, probablemente baixo os cuidados de Leonor.[276][278][6] Foi sucedido por Eduardo, quen regresou lentamente a Inglaterra a través de Gascuña, para finalmente chegar a Inglaterra en agosto de 1274.[279]

Por petición propia, Henrique foi enterrado na Abadía de Westminster en fronte do altar maior, o antigo lugar de repouso de Eduardo o Confesor.[280][275][aa] Ao cabo duns poucos anos, comezouse a traballar para construír unha tumba máis grande para o rei e en 1290 Eduardo moveu o corpo do seu pai ata o seu lugar actual na abadía.[282] A súa efixie funeraria, dourada e de latón, foi deseñada nos sotos da abadía por William Torell. Ao contrario das demais efixies da época, a de Henrique é particularmente realista, pero probablemente non mantén un gran parecido do rei.[283][ab]

Leonor probablemente esperaba que Henrique fora recoñecido como un santo, como o seu contemporáneo Luís IX de Francia. De feito o sepulcro final de Henrique semella o lampo dun santo, e contén nichos coa posible intención de albergar reliquias.[286][287] Cando o corpo do rei foi exhumado en 1290, os contemporáneos apuntaron que o corpo estaba en perfectas condicións e que a longa barba do rei permanecía en perfecto estado, o que no seu tempo considerábase como un indicativo da pureza da santidade.[288][289][286] Comezaron a reportarse milagres na tumba, pero o Eduardo mostrouse escéptico acerca destas historias. Os reportes cesaron e Henrique nunca foi canonizado.[286][290] En 1292 o corazón do rei foi retirado do seu corpo e levado ata a abadía de Fontevraud xunto os corpos dos demais membros da familia anxevina.[291][282]

Legado[editar | editar a fonte]

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

A vida de Henrique foi representada nunha serie de ilustracións debuxadas e coloreadas polo cronista contemporáneo Mateo de París, na súa maior parte debuxadas nas marxes da Chronica majora.[292][293] París coñeceu a Henrique en 1236 e desfrutou dunha boa relación co monarca, aínda que non aprobara moitas das súas accións e as súas ilustracións resultaran frecuentemente pouco aduladoras.[292] Henrique tamén aparece na poesía do italiano Dante, quen representou ao rei na súa Divina Comedia como un exemplo dun monarca neglixente, sentado só no purgatorio a un lado doutros reis fracasados.[294] Non está claro por que aparece afastado doutros dos seus contemporáneos, aínda que as posibles explicacións sexan que foi un código de Dante para representar que Inglaterra non formaba parte do Sacro Imperio Romano Xermánico, ou como un comentario favorable ao rei, destacando a súa pouco usual piedade[294] Ao contrario doutros monarcas medievais, Henrique non tivo un papel importante nas obras de William Shakespeare, e na época moderna non foi representado en filmes, teatro ou televisión, tendo tan só un pequeno papel na cultura popular.[295]

Descendentes[editar | editar a fonte]

Henrique e Leonor tiveron cinco fillos:[w]

  1. Eduardo I (n. 17/18 de xuño de 1239 – m. 7 de xullo de 1307)[199]
  2. Margarida (n. 29 de setembro de 1240 – m. 26 de febreiro de 1275)[199]
  3. Beatriz (n. 25 de xuño de 1242 – m. 24 de marzo de 1275)[199]
  4. Edmund (16 de xaneiro de 1245 – m. 5 de xuño de 1296)[199]
  5. Catarina (n. 25 de novembro de 1253 – m. 3 de maio de 1257)[199]

Henrique non tivo fillos ilexítimos.[296]

Devanceiros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A descrición da pálpebra do rei, escrita despois da súa morte, ven do cronista Nicholas Trevet. As medidas do ataúde do rei no século XIX indicaron que medía 1,68 metros.
  2. Non era infrecuente que os gobernantes de comezos do século XIII renderan homenaxe ao papa deste xeito. Ricardo I xa fixo algo parecido, así como os reis de Aragón, Dinamarca, Polonia, Portugal, Sicilia e Suecia.
  3. A presa por coroar a Henrique debeuse a intención de facer unha clara distintición entre o novo rei e o seu rival Luís, quen tan só fora escollido polos baróns pero nunca coroado.
  4. Inicialmente William Marshal auto-denominouse como o justiciar do rei. Cando Hubert de Burgh, que xa era o justiciar, mostrou a súa desconformidade polo que William cambiou o seu título polo de rector nostrer et rector nostri, "noso gobernante e o gobernador do noso reino".[30]
  5. O status da campaña de Henrique era lixeiramente ambiguo. O papa Inocencio IV declarou que os rebeldes eran peores que os sarracenos, pero non os considerou herexes. A cruz cruzada debía levarse no peito, en lugar do convencional que era no brazo. O feito de unirse a esta cruzada non equivaleu loitar na Terra Santa, ou substituír unha promesa existente. A cruzada deu a escusa a moitos dos rebeldes para regresar ao lado do rei sen sufrir a perda de prestixio.[41][42]
  6. O líder rebelde francés, Thomas o Conde de Perche, foi unha das poucas baixas que houbo entre os líderes rebeldes, morreu como consecuencia dunha lanza que atravesou a súa viseira no casco, e trala batalla a súa morte lamentouse profundamente en ambos bandos.[50]
  7. Incluso en Francia, comezaba a percibirse que Luís estaba á fronte dunha campaña ilexítima contra un rei neno que fora apoiado popularmente polos baróns locais.[53]
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 A Inglaterra do medievo utilizou principalmente peniques de prata. Grandes sumas destes peniques de prata se expresaban nas contas financeiras como libras (240 peniques) ou marcos (160 peniques). Este artigo presenta todas as sumas contemporáneas en libras. Resulta imposible realizar a estimación exacta co valor actual da libra dos valores do século XIII. En comparación, a comezos do século XIII, 66 libras era case a suma dos ingresos anuais dun barón pobre; 6 666 libras en 1216 equivalían case ao 25% dos ingresos da Coroa nun ano. Pouco antes da morte de Henrique, o seu fillo Eduardo I gastou case 80 000 libras no seu programa de construción de castelos no norte de Gales, unha cantidade inmensa para o seu tempo.[60][61][62]
  9. A Coroa tradicionalmente empregou os agasallos e subornos para mellorar a lealdade e obediencia entre os baróns, pero na difícil situación da posguerra as oportunidades para outorgar semellantes padroados eran limitadas. Parte do problema foi que a lei medieval era clara acerca de que os gardiáns dun menor, como o caso de Henrique, non podían dispoñer permanentemente da custodia das súas propiedades ou dereitos, o que significaba que o goberno era incapaz de dar legalmente calquera das terras ou dereitos do rei aos baróns durante a minoría de idade do rei.[70]
  10. Llewelyn pasou a ser o justiciar de Henrique en Gales.
  11. Antes de casar con Xoán, a nai de Henrique, Isabel estivera prometida co pai de Hugo, Hugo IX de Lusignan. A intervención de Xoán para casar con Isabel fixo que Hugo se rebelara e desembocou no colapso do poder anxevino no norte de Francia. Hugo X e Isabel tiveron nove fillos.[78]
  12. Os seguidores de Hubert presentábanse a si mesmos como os lexítimos gobernantes locais de Inglaterra, enfrontándose aos opresivos estranxeiros. Pola súa banda os seguidores de de Roches afirmaban que eran eles os leais seguidores do Rei, e que foran os traizoeiros baróns ingleses os que se puxeran de lado do príncipe Luís primeiro na contra de Xoán, e despois na contra de Henrique durante a recente guerra civil.[83]
  13. O goberno da rexencia de Luís IX estivo dirixido pola súa nai, Branca de Castela, porén non utilizou oficialmente o título de "rexente".[111]
  14. Ademais dos impostos, había outras fontes de obtención de ingresos para as contas reais, como os señoríos reais, que producían uns ingresos a través dun sistema coñecido como as granxas do condado, tradicionalmente recollidos por medio dos shériffs locais.[132] En 1236 este sistema foi reformado, para evitar o risco de que o diñeiro quedara nas mans dos shériffs, aumentando os ingresos ata un 10%, pero aínda seguiu sendo insuficiente para apoiar ás políticas de Henrique en Europa.[133]
  15. O elefante do rei foi un agasallo do rei de Francia en 1255 e mantívose nun espazo especialmente deseñado para el. A criatura acabou morrendo aos dous anos. O leopardo e o camelo foron agasallos de Federico II, Sacro Emperador Romano Xermánico[153]
  16. Os 52,480 peniques de ouro que foron acuñados foron taxados cada un pola coroa como o equivalente a 20 peniques, pero na practica o seu valor de mercado era moito menor, o que facía que non resultaran atractivos á xente. As queixas dos mercadores de Londres semella que estiveron motivadas polo feito de que a fabricación destas moedas depreciou o valor do ouro que posuían os comerciantes da City. As moedas de ouro non volveron a utilizarse en Inglaterra ata o reinado de Eduardo III no século XIV.[160][163]
  17. Henrique foi ben coñecido polos seus contemporáneos por asistir a misa con frecuencia. Un cronista contou, probablemente exaxerando, que asistía ata tres veces ao día, e en 1259 dicía que Henrique detívose en cada igrexa pola que pasou en París na que se estaba a celebrar a misa, para asistir a ela. Henrique probablemente non recibía o Santísimo Sacramento en cada celebración.[166]
  18. O historiador David Carpenter presenta o caso do toque de Henrique para curar o "demo do rei" como posible. Nicholas Vincent presenta máis dúbidas.[167][168]
  19. Os intentos de Henrique de fomentar a reliquia do Santo sangue e a Abadía de Westminster como un punto de peregrinación e devoción foron un fracaso, a pesar do considerable investimento económico realizado.[170]
  20. Henrique foi o único pupilo da Igrexa; o seu contemporáneo, o emperador Federico II do Sacro Imperio Romano Xermánico tamén o foi. O historiador Henry Mayr-Harting sinalou que, a pesar das exixencias da política internacional, mantivo unha profunda afección pola institución do papado.[26]
  21. As crónicas sobre as protestas na contra do emisario Pietro Rosso proveñen principalmente de Mateo de París, quen semella foi parciais no seu relato.[181]
  22. Unha das primeiras opcións foi unha das fillas de Leopoldo VI o Duque de Austria. A comezos da década de 1220, Henrique considerou a posibilidade de casar con Marjorie, a irmá de Alexandre II de Escocia, pero esta idea quedou descartada cando xurdiu a posibilidade de que o rei casara coa filla do duque Pedro I de Bretaña, Iolanda. Outra opción que estivo a piques de saír adiantes foi Xoana de Ponthieu, a filla do conde de Ponthieu, pero Branca, a nai de Luís IX de Francia interveu e acudiu ao papa para evitar o matrimonio.[188][189][6]
  23. 23,0 23,1 Ata finais do século XX, os historiadores aceptaban a existencia doutros catro fillos, Richard (m. 29 de agosto de 1250), John (n. 1250 – m. 31 de agosto de 1252), William (m. c. 1256) e Henry (n. maio de 1260 – m. 10 de outubro de 1260).[199] As análises históricas posteriores mostraron que era improbable que estes nenos existisen, e historiadores como Huw Ridgeway e Margaret Howell concluíron que Henrique e Leonor só tiveron cinco fillos.[201][6] Estes cinco –Eduardo, Margarida, Beatriz, Edmundo e Catarina– están ben documentados en múltiples crónicas e rexistros financeiros do reinado de Henrique.[202] O único rexistro para Richard, John, William e Henry é o manuscrito Flores Historiarum, pero os detalles semella que foron engadidos ao orixinal do século XIII durante o século seguinte, aínda que posiblemente de boa fe.[203] Resulta imposible rexeitar completamente a posibilidade de que estes nenos existiran, pero outras probas dela foron suprimidas, quizais porque foron discapacitados, abortos involuntarios ou naceron mortos.[204][201]
  24. Catarina descríbese a miúdo como se foxe xorda e muda, porén as fontes contemporáneas só a describían como xorda "e inútil".[211]
  25. O sistema de elección do consello foi, segundo o historiador Adrian Jobson, "bastante enrevesado". Os doce membros lealistas do primeiro consello elixían a dous candidatos, seguidos polos doce membros baróns que escollían a outros dous. Estes catro homes escollían entón ao resto de membros do consello. O resultado foi un consello amplamente controlado polos baróns.[230][231]
  26. A redacción do xuízo de Luís tamén parece suxerir que o rei cría que tiña autoridade feudal sobre Henrique no seu papel como rei de Inglaterra, como consecuencia de que este lle debía homenaxe polo ducado de Gascuña.[247]
  27. Ata 1246, Henrique desexou ser soterrado na Igrexa do Temple en Londres, preto da tumba de William Marshal. Despois mudou de opinión, e escolleu ser soterrado preto de Eduardo o Confesor.[281]
  28. En 1911 Titus Giuseppe Formilli realizou un molde da máscara funeraria de Henrique que foi vendida ao Museo de Vitoria e Alberte en 1912, onde no 2013 aínda permanecía exposta. A efixie foi abalada polo museo en 1919 como a "máis alta marca de auga das esculturas funerarias inglesas" e tivo unha grande influencia no deseño das máscaras funerarias durante a Primeira Guerra Mundial.[284][285]
Referencias
  1. Carpenter 1990, p. 262.
  2. Davis 2013, pp. 45–46.
  3. Davis 2013, p. 45.
  4. 4,0 4,1 Davis 2013, p. 46.
  5. 5,0 5,1 5,2 Cole 2002, p. 230.
  6. 6,00 6,01 6,02 6,03 6,04 6,05 6,06 6,07 6,08 6,09 6,10 6,11 6,12 6,13 6,14 6,15 6,16 6,17 6,18 6,19 6,20 6,21 6,22 6,23 6,24 6,25 6,26 6,27 6,28 6,29 6,30 6,31 6,32 6,33 Ridgeway, Huw W. (setembro 2010), "Henry III (1207–1272)", Oxford Dictionary of National Biography, online edition, Oxford University Press, doi:10.1093/ref:odnb/12950, arquivado dende o orixinal o 3 de agosto de 2013, consultado o 17 de agosto de 2013 
  7. Davis 2013, p. 47.
  8. 8,0 8,1 8,2 Carpenter 1996, p. 97.
  9. 9,0 9,1 Vincent 2006, p. 7.
  10. Carpenter 2004, pp. 191–192.
  11. Hallam & Everard 2001, pp. 145–147.
  12. 12,0 12,1 Carpenter 2004, pp. 264–267.
  13. Carpenter 2004, pp. 271–274, 286.
  14. McGlynn 2013, p. 73.
  15. Carpenter 2004, pp. 283–293, 297.
  16. Warren 1991, pp. 254–255.
  17. Davis 2013, p. 30.
  18. Carpenter 1990, pp. 14–15.
  19. 19,0 19,1 19,2 19,3 19,4 19,5 Carpenter 1990, p. 13.
  20. 20,0 20,1 McGlynn 2013, p. 189.
  21. Davis 2013, p. 31.
  22. Carpenter 1990, p. 188.
  23. Weiler 2012, p. 1.
  24. 24,0 24,1 Carpenter 1990, p. 1.
  25. Mayr-Harting 2011, pp. 259–260.
  26. 26,0 26,1 26,2 Mayr-Harting 2011, p. 260.
  27. Carpenter 1990, p. 16.
  28. Carpenter 1990, pp. 15–16.
  29. 29,0 29,1 Carpenter 1990, pp. 16–17.
  30. Carpenter 1990, pp. 21–22
  31. Carpenter 1990, p. 17.
  32. McGlynn 2013, pp. 128–129.
  33. Carpenter 1990, p. 19.
  34. Carpenter 2004, p. 301.
  35. 35,0 35,1 Carpenter 1990, pp. 19–21.
  36. Aurell 2003, p. 30.
  37. Carpenter 1990, pp. 21–22, 24–25.
  38. Carpenter 1990, p. 25.
  39. Carpenter 1990, p. 27.
  40. Carpenter 1990, pp. 28–29.
  41. McGlynn 2013, p. 198.
  42. Tyerman 1996, pp. 141–142.
  43. Carpenter 1990, pp. 27–28.
  44. Carpenter 1990, pp. 31, 36.
  45. Carpenter 1990, p. 36.
  46. Carpenter 1990, pp. 36–40.
  47. Carpenter 2004, p. 302.
  48. McGlynn 2013, p. 216.
  49. Carpenter 1990, pp. 39–40.
  50. Carpenter 2004, p. 302
  51. McGlynn 2013, p. 128-129.
  52. Carpenter 1990, p. 41.
  53. 53,0 53,1 Hallam & Everard 2001, p. 173.
  54. Carpenter 1990, pp. 41–42.
  55. 55,0 55,1 Carpenter 1990, p. 42.
  56. Carpenter 1990, pp. 43–44.
  57. 57,0 57,1 57,2 57,3 Carpenter 1990, p. 44.
  58. Carpenter 1990, pp. 44–45.
  59. Carpenter 1990, pp. 44–46.
  60. Carpenter 2004, p. 40.
  61. Pounds 1994, pp. 147, 176.
  62. McGlynn 2013, p. 237.
  63. Hallan & Everard 2001, p. 173.
  64. Carpenter 1990, pp. 50–51.
  65. Carpenter 1990, pp. 70–71.
  66. Carpenter 2004, p. 321.
  67. McGlynn 2013, pp. 189, 223.
  68. Carpenter 1990, pp. 55–56, 108–109.
  69. Carpenter 1990, pp. 18, 51.
  70. Carpenter 1990, p. 51.
  71. Carpenter 1990, pp. 78–79.
  72. Carpenter 1990, pp. 64–65, 95–98.
  73. Carpenter 1990, p. 62.
  74. Carpenter 1990, pp. 76–77.
  75. Carpenter 2004, pp. 322–323.
  76. Vincent 2007, pp. 198–199.
  77. 77,0 77,1 Carpenter 2004, p. 304.
  78. Vincent 2007, pp. 171–173.
  79. Carpenter 1990, p. 128.
  80. Carpenter 1990, pp. 128–129.
  81. Carpenter 1990, pp. 239, 261.
  82. Carpenter 2004, pp. 304–305.
  83. 83,0 83,1 Carpenter 2004, p. 305.
  84. Carpenter 1990, pp. 239, 258.
  85. Carpenter 1990, pp. 254, 26. 289.
  86. Carpenter 1990, pp. 146, 157–161, 187.
  87. Carpenter 1990, pp. 187–188.
  88. Carpenter 1990, pp. 188–190.
  89. Carpenter 1990, pp. 312–313.
  90. Carpenter 1990, pp. 363–366.
  91. Carpenter 2004, p. 306.
  92. Hallam & Everard 2001, p. 176.
  93. Weiler 2012, p. 20.
  94. Carpenter 1990, pp. 371–373.
  95. Carpenter 1990, pp. 374–375.
  96. Carpenter 1990, pp. 376, 378.
  97. Hallam & Everard 2001, pp. 176–177.
  98. Carpenter 1990, p. 379.
  99. 99,0 99,1 99,2 Carpenter 2004, p. 307.
  100. Carpenter 1990, p. 383.
  101. Carpenter 1990, pp. 2–3, 383, 386.
  102. Carpenter 1990, p. 389.
  103. Carpenter 1990, pp. 389–390.
  104. Hillen 2007, pp. 51–52.
  105. 105,0 105,1 Weiler 2012, p. 2.
  106. 106,0 106,1 Gillingham 1984, pp. 83–84.
  107. Holt 1984, p. 94.
  108. Turner 2009, p. 94.
  109. Bradbury 1998, p. 159.
  110. Moss 2007, p. 119.
  111. 111,0 111,1 Hallam & Everard 2001, p. 267.
  112. Hallam & Everard 2001, pp. 232, 235, 267, 269–272, 326.
  113. 113,0 113,1 113,2 Carpenter 2004, p. 310.
  114. Carpenter 2004, pp. 312–313.
  115. 115,0 115,1 Carpenter 2004, p. 313.
  116. 116,0 116,1 Carpenter 2004, pp. 313–314.
  117. Carpenter 2004, p. 314.
  118. 118,0 118,1 118,2 118,3 118,4 Carpenter 2004, p. 315.
  119. 119,0 119,1 Carpenter 2004, pp. 315–316.
  120. 120,0 120,1 Carpenter 2004, p. 316.
  121. 121,0 121,1 Carpenter 2004, pp. 338.
  122. 122,0 122,1 122,2 Carpenter 2004, p. 353.
  123. Carpenter 1990, pp. 407–408.
  124. Carpenter 1990, p. 409.
  125. 125,0 125,1 Jobson 2012, p. 2.
  126. Carpenter 1996, pp. 76, 97–99.
  127. 127,0 127,1 Carpenter 1996, pp. 76, 99.
  128. Carpenter 1990, p. 3.
  129. 129,0 129,1 Carpenter 1996, p. 105.
  130. Carpenter 1996, pp. 382–383.
  131. Carpenter 2004, p. 355.
  132. Jobson 2012, pp. 2–3.
  133. 133,0 133,1 133,2 Jobson 2012, p. 3.
  134. Carpenter 1996, pp. 390–391.
  135. Carpenter 2004, p. 356.
  136. Carpenter 1996, pp. 26, 29, 37, 43.
  137. Carpenter 1996, pp. 153–155, 177–181.
  138. Carpenter 2004, pp. 352–353.
  139. Carpenter 2004, p. 343.
  140. Carpenter 1996, pp. 88–89.
  141. Carpenter 2004, pp. 342–343.
  142. Carpenter 1996, pp. 95, 98, 220.
  143. Vincent 2006, pp. 150–151.
  144. Carpenter 1996, pp. 97, 209.
  145. Goodall 2011, pp. 170–171.
  146. Carpenter 1996, pp. 208–209.
  147. 147,0 147,1 Goodall 2011, p. 187.
  148. Carpenter 1996, p. 209.
  149. Mayr-Harting 2011, p. 184.
  150. Goodall 2011, pp. 170–178.
  151. Goodall 2011, pp. 178, 187.
  152. Carpenter 1996, pp. 200–202.
  153. 153,0 153,1 Kalof 2007, p. 66.
  154. Weiler 2012, p. 71.
  155. Eaglen 1992, p. 20.
  156. Eaglen 1992, pp. 20–21.
  157. Bolton 2012, p. 153.
  158. Carpenter 1996, pp. 107–108.
  159. 159,0 159,1 Spufford 1989, p. 185.
  160. 160,0 160,1 160,2 Eaglen 1992, p. 19.
  161. Bolton 2012, p. 155.
  162. Jobson 2012, p. 28.
  163. Bolton 2012, pp. 154–155.
  164. 164,0 164,1 Carpenter 2004, pp. 338–339.
  165. Vincent 2006, pp. 35–36.
  166. Vincent 2006, pp. 35–37.
  167. 167,0 167,1 Carpenter 2005, p. 28.
  168. Vincent 2006, pp. 193–194.
  169. Vincent 2006, pp. 7–9.
  170. Vincent 2006, pp. 189.
  171. Robson 2010, p. 125.
  172. Tyerman 1996, p. 112.
  173. Carpenter 2004, p. 463.
  174. Senocak 2012, pp. 58–59.
  175. Carpenter 2004, p. 464.
  176. Mayr-Harting 2011, p. 261.
  177. Mayr-Harting 2011, pp. 264–266.
  178. Mayr-Harting 2011, pp. 263–264.
  179. Weiler 2012, pp. 99–100.
  180. Mayr-Harting 2011, p. 273.
  181. Mayr-Harting 2011, p. 274.
  182. Stacey 2003, pp. 41, 48.
  183. 183,0 183,1 183,2 Hillaby 2003, p. 37.
  184. Stacey 2003, p. 49.
  185. Stacey 2003, pp. 49–50.
  186. Stacey 2003, p. 51.
  187. Stacey 2003, pp. 51–52.
  188. 188,0 188,1 Weiler 1999, p. 173.
  189. Howell 2001, pp. 10–11.
  190. Howell 2001, pp. 1–2.
  191. Howell 2001, pp. 4–7, 11–12.
  192. Carpenter 2004, p. 341.
  193. Howell 2001, p. 168.
  194. Howell 2001, p. 14.
  195. Howell 2001, pp. 15–17.
  196. Howell 2001, p. 15.
  197. Howell 2001, pp. 23–24.
  198. Howell 2001, p. 24.
  199. 199,0 199,1 199,2 199,3 199,4 199,5 199,6 Howell 1992, p. 57.
  200. Howell 2001, p. 27.
  201. 201,0 201,1 Howell 2001, p. 45.
  202. Howell 1992, pp. 58, 65.
  203. Howell 1992, pp. 59–60.
  204. Howell 1992, pp. 70–72.
  205. Howell 2001, pp. 27–28.
  206. Howell 2001, p. 30.
  207. Howell 2001, p. 35.
  208. Howell 2001, pp. 44–45.
  209. 209,0 209,1 Howell 2001, pp. 70, 101.
  210. 210,0 210,1 Howell 1992, p. 64.
  211. Howell 2001, p. 101.
  212. Howell 2001, pp. 32, 102.
  213. Ridgeway 1988, p. 81.
  214. Ridgeway 1988, pp. 81, 84.
  215. 215,0 215,1 215,2 Jobson 2012, p. 8.
  216. Carpenter 2004, p. 342.
  217. Howell 2001, pp. 152–153.
  218. Carpenter 2004, p. 347.
  219. 219,0 219,1 219,2 Howell 2001, p. 153.
  220. Carpenter 2004, pp. 347–349.
  221. Carpenter 1996, pp. 122–123.
  222. Tyerman 1996, pp. 113–114.
  223. 223,0 223,1 Carpenter 1996, p. 99.
  224. Jobson 2012, pp. 18–19.
  225. Howell 2001, pp. 154–154.
  226. Jobson 2012, p. 20.
  227. Jobson 2012, p. 21.
  228. 228,0 228,1 Howell 2001, p. 156.
  229. Jobson 2012, pp. 22, 25.
  230. 230,0 230,1 Jobson 2012, pp. 22–23.
  231. 231,0 231,1 Carpenter 2004, p. 371.
  232. Howell 2001, pp. 156–157.
  233. Jobson 2012, p. 25.
  234. Jobson 2012, p. 33.
  235. Jobson 2012, pp. 33–34.
  236. Jobson 2012, pp. 26, 38–43.
  237. Jobson 2012, pp. 86–89.
  238. Carpenter 2004, pp. 374–375.
  239. Jobson 2012, pp. 91–92.
  240. Jobson 2012, pp. 92–93.
  241. Wild 2011, pp. 41–42, 48.
  242. Jobson 2012, p. 100.
  243. Jobson 2012, pp. 100–103.
  244. Jobson 2012, p. 103.
  245. Jobson 2012, pp. 13–105.
  246. 246,0 246,1 Hallam & Everard 2001, p. 283.
  247. Hallam & Everard 2001, p. 337.
  248. Jobson 2012, pp. 107–109.
  249. Howell 2001, p. 208.
  250. Jobson 2012, pp. 109–112.
  251. Jobson 2012, pp. 113–115.
  252. 252,0 252,1 Jobson 2012, pp. 115, 117.
  253. Jobson 2012, pp. 117, 122.
  254. Jobson 2012, pp. 119–120.
  255. Jobson 2012, pp. 120–121, 136–137.
  256. Jobson 2012, pp. 138–141.
  257. Jobson 2012, pp. 140–142, 144.
  258. Jobson 2012, pp. 140–146.
  259. Jobson 2012, pp. 149–152, 154–157.
  260. 260,0 260,1 260,2 Carpenter 2004, p. 381.
  261. Jobson 2012, p. 155.
  262. Jobson 2012, p. 150.
  263. Jobson 2012, pp. 150–151.
  264. Jobson 2012, pp. 152, 156–157.
  265. 265,0 265,1 Jobson 2012, pp. 162–163.
  266. 266,0 266,1 266,2 Carpenter 2004, p. 382.
  267. Ridgeway 1988, pp. 91–92.
  268. Jobson 2012, pp. 161–162.
  269. 269,0 269,1 Jobson 2012, p. 164.
  270. Howell 2001, pp. 246–247.
  271. Jobson 2012, pp. 164–165.
  272. Howell 2001, pp. 248–249.
  273. Stacey 2003, p. 53.
  274. Jobson 2012, p. 165.
  275. 275,0 275,1 Howell 2001, p. 247.
  276. 276,0 276,1 Jobson 2012, p. 166.
  277. Howell 2001, pp. 252–253.
  278. Howell 2001, p. 253.
  279. Carpenter 2004, pp. 46, 468.
  280. Duffy 2003, pp. 74–75.
  281. Duffy 2003, p. 74.
  282. 282,0 282,1 Duffy 2003, p. 75.
  283. Duffy 2003, pp. 75–76.
  284. Goebel 2007, p. 271.
  285. "Effigy of King Henry III of England", V & A, Victoria and Albert Museum, 31 de xullo de 2013, arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2013, consultado o 17 de agosto de 2013 
  286. 286,0 286,1 286,2 Howell 2001, p. 306.
  287. Vincent 2006, p. 194.
  288. Stacey 1997, p. 86.
  289. Duffy 2003, p. 79.
  290. Carpenter 2005, p. 29.
  291. "Digalego". Consultado o 11 de marzo de 2018. 
  292. 292,0 292,1 Lewis 1987, pp. 201–207.
  293. Davis 2013, p. 105.
  294. 294,0 294,1 Fritts 2008, p. 466.
  295. Davis 2013, pp. 11–12.
  296. Howell 1992, p. 72.
  297. Carpenter 2004, pp. 532–536.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Aurell, Martin (2003). L'Empire de Plantagenêt, 1154–1224 (en francés). Paris, France: Tempus. ISBN 978-2-262-02282-2. 
  • Beeler, John (1972). "Military Developments from Prehistoric Times to 1485". En Higham, Robin. A Guide to the Sources of British Military History. London, UK: Routledge and Keegan Paul. pp. 43–64. ISBN 978-0-7100-7251-1. 
  • Bolton, Jim L. (2012). Money in the Medieval English Economy: 973–1489. Manchester, UK: Manchester University Press. ISBN 978-0-7190-5040-4. 
  • Bradbury, Jim (1998). Philip Augustus, King of France 1180–1223. London, UK: Longman. ISBN 978-0-582-06058-6. 
  • Carpenter, D. A. (1990). The Minority of Henry III. Berkeley, US and Los Angeles, US: University of California Press. ISBN 978-0-520-07239-8. 
  • Carpenter, David (1996). The Reign of Henry III. London, UK: Hambledon Press. ISBN 1-85285-137-6. 
  • Carpenter, David (2004). The Struggle for Mastery: The Penguin History of Britain 1066–1284. London, UK: Penguin. ISBN 978-0-14-014824-4. 
  • Carpenter, David (2005). "The Meetings of Kings Henry III and Louis IX". En Prestwich, Michael; Britnell, Richard; Frame, Robin. Thirteenth Century England: Proceedings of the Durham Conference, 2004 10. Woodbridge, UK: Boydell Press. pp. 1–30. ISBN 978-1-84383-122-8. 
  • Clanchy, M. T. (1998). England and its Rulers: 1066–1307 (3rd ed.). Oxford, UK: Blackwell Publishing. ISBN 978-1-4051-0649-8. 
  • Cole, Virginia A. (2002). "Ritual Charity and Royal Children in 13th Century England". En Rollo-Koster, Joëlle. Medieval and Early Modern Ritual: Formalized Behavior in Europe, China and Japan. Leiden, the Netherlands: BRILL. pp. 221–241. ISBN 978-90-04-11749-5. 
  • Davies, R. R. (2006). Domination and Conquest: the Experience of Ireland, Scotland and Wales 1100–1300. Cambridge, UK: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-02977-3. 
  • Davis, John Paul (2013). The Gothic King: a Biography of Henry III. London, UK: Peter Owen. ISBN 978-0-7206-1480-0. 
  • Duffy, Mark (2003). Royal Tombs of Medieval England. Stroud, UK: Tempus. ISBN 978-0-7524-2579-5. 
  • Eaglen, R. J. (1992). "The Evolution of Coinage in Thirteenth-Century England". En Coss, Peter R.; Lloyd, Simon D. Thirteenth Century England: Proceedings of the Newcastle upon Tyne Conference, 1991 4. Woodbridge, UK: Boydell Press. pp. 15–24. ISBN 0-85115-325-9. 
  • Frame, Robin (1992). "King Henry III and Ireland: the Shaping of a Peripheral Lordship". En Coss, Peter R.; Lloyd, Simon D. Thirteenth Century England: Proceedings of the Newcastle upon Tyne Conference, 1991 4. Woodbridge, UK: Boydell Press. pp. 179–202. ISBN 0-85115-325-9. 
  • Fritts, Stephanie (2008). "Henry III of England". En Ruud, Jay. Critical Companion to Dante: a Literary Reference to his Life and Work. New York City: Facts on File. p. 466. ISBN 978-0-8160-6521-9. 
  • Gillingham, John (1984). The Angevin Empire (1st ed.). London, UK: Edward Arnold. ISBN 0-7131-6249-X. 
  • Goebel, Stefan (2007). The Great War and Medieval Memory: War, Remembrance and Medievalism in Britain and Germany, 1914–1940. Cambridge, UK: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-85415-3. 
  • Goodall, John (2011). The English Castle. New Haven, US and London, UK: Yale University Press. ISBN 978-0-300-11058-6. 
  • Hallam, Elizabeth M.; Everard, Judith A. (2001). Capetian France, 987–1328 (2nd ed.). Harlow, UK: Longman. ISBN 978-0-582-40428-1. 
  • Hillaby, Joe (2003). "Jewish Colonisation in the Twelfth Century". En Skinner, Patricia. Jews in Medieval Britain. Woodbridge, UK: Boydell Press. pp. 15–40. ISBN 978-1-84383-733-6. 
  • Hillen, Christian (2007). "The Minority Governments of Henry III, Henry (VII) and Louis IX Compared". En Weiler, Björn K.; Burton, Janet E.; Schofield, Phillipp R. Thirteenth Century England: Proceedings of the Gregynog Conference, 2005 11. Woodbridge, UK: Boydell Press. pp. 46–60. ISBN 978-1-84383-285-0. 
  • Holt, James Clarke (1984). "The Loss of Normandy and Royal Finance". En Holt, James Clarke; Gillingham, John. War and Government in the Middle Ages: Essays in Honour of J. O. Prestwich. Woodbridge, UK: Boydell Press. pp. 92–105. ISBN 978-0-389-20475-6. 
  • Howell, Margaret (1992). "The Children of King Henry III and Eleanor of Provence". En Coss, Peter R.; Lloyd, Simon D. Thirteenth Century England: Proceedings of the Newcastle upon Tyne Conference, 1991 4. Woodbridge, UK: Boydell Press. pp. 57–72. ISBN 0-85115-325-9. 
  • Howell, Margaret (2001). Eleanor of Provence: Queenship in Thirteenth-Century England. Oxford, UK: Blackwell Publishers. ISBN 978-0-631-22739-7. 
  • Jobson, Adrian (2012). The First English Revolution: Simon de Montfort, Henry III and the Barons' War. London, UK: Bloomsbury. ISBN 978-1-84725-226-5. 
  • Kalof, Linda (2007). Looking at Animals in Human History. London, UK: Reaktion Books. ISBN 978-1-86189-334-5. 
  • Lewis, Suzanne (1987). The Art of Matthew Paris in the Chronica Majora. Berkeley, US and Los Angeles, US: University of California Press. ISBN 978-0-520-04981-9. 
  • Maddicott, J. R. (2004). Simon de Montfort. Cambridge, UK: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-37636-5. 
  • Maier, Christoph T. (2003). Preaching the Crusades: Mendicant Friars and the Cross in the Thirteenth Century. Cambridge, UK: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-63873-9. 
  • Mayr-Harting, Henry (2011). Religion, Politics and Society in Britain, 1066–1272. Harlow, UK: Longman. ISBN 978-0-582-41413-6. 
  • McGlynn, Sean (2013). Blood Cries Afar: the Forgotten Invasion of England, 1216. Stroud, UK: The History Press. ISBN 978-0-7524-8831-8. 
  • Moss, V. D. (2007). "The Norman Exchequer Rolls of King John". En Church, Stephen D. King John: New Interpretations. Woodbridge, UK: Boydell Press. pp. 101–116. ISBN 978-0-85115-947-8. 
  • Pounds, Nigel J. G. (1994). The Medieval Castle in England and Wales: a Social and Political History. Cambridge, UK: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-45099-7. 
  • Ridgeway, Huw (1988). "King Henry III and the 'Aliens', 1236–1272". En Coss, Peter R.; Lloyd, Simon D. Thirteenth Century England: Proceedings of the Newcastle upon Tyne Conference, 1987 2. Woodbridge, UK: Boydell Press. pp. 81–92. ISBN 978-0-85115-513-5. 
  • Robson, Michael (2010). "The Greyfriars of Lincoln, c.1230–1330: the Establishment of the Friary and the Friars' Ministry and Life in the City and its Environs". En Robson, Michael; Röhrkasten, Jens. Franciscan Organisation in the Mendicant Context: Formal and Informal Structures of the Friars' Lives and Ministry in the Middle Ages. Berlin, Germany: Lit. pp. 119–146. ISBN 978-3-643-10820-3. 
  • Senocak, Neslihan (2012). The Poor and the Perfect: the Rise of Learning in the Franciscan Order, 1209–1310. New York City: Cornell University Press. ISBN 978-0-8014-6471-3. 
  • Spufford, Peter (1989). Money and its Use in Medieval Europe. Cambridge, UK: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-37590-0. 
  • Stacey, Robert C. (1997). "Parliamentary Negotiation and the Expulsion of the Jews from England". En Prestwich, Michael; Britnell, Richard H.; Frame, Robin. Thirteenth Century England: Proceedings of the Durham Conference, 1995 6. Woodbridge, UK: Boydell Press. pp. 77–102. ISBN 978-0-85115-674-3. 
  • Stacey, Robert C. (2003). "The English Jews Under Henry III: Historical, Literary and Archaeological Perspectives". En Skinner, Patricia. Jews in Medieval Britain. Woodbridge, UK: Boydell Press. pp. 41–54. ISBN 978-1-84383-733-6. 
  • Turner, Ralph V. (2009). King John: England's Evil King?. Stroud, UK: History Press. ISBN 978-0-7524-4850-3. 
  • Tyerman, Christopher (1996). England and the Crusades, 1095–1588. Chicago, US: University of Chicago Press. ISBN 978-0-226-82013-2. 
  • Vincent, Nicholas (2006). The Holy Blood: King Henry III and the Westminster Blood Relic. Cambridge, UK: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-02660-4. 
  • Vincent, Nicholas (2007). "Isabella of Angoulême: John's Jezebel". En Church, Stephen D. King John: New Interpretations. Woodbridge, UK: Boydell Press. pp. 165–219. ISBN 978-0-85115-947-8. 
  • Warren, W. Lewis (1991). King John. London, UK: Methuen. ISBN 0-413-45520-3. 
  • Weiler, Björn K. U. (1999). "Henry III's Plans for a German Marriage and their Context". En Prestwich, Michael; Britnell, Richard; Frame, Robin. Thirteenth Century England: Proceedings of the Durham Conference, 1997 7. Woodbridge, UK: Boydell Press. pp. 173–188. ISBN 978-0-85115-719-1. 
  • Weiler, Björn K. U. (2012). Henry III of England and the Staufen Empire, 1216–1272. Paris: Royal Historical Society: Boydell Press. ISBN 978-0-86193-319-8. 
  • Wild, Benjamin L. (2011). "A Captive King: Henry III Between the Battles of Lewes and Evesham 1264-5". En Burton, Janet E.; Lachaud, Frédérique; Schofield, Phillipp R.; Stöber, Karen; Weiler, Björn K. Thirteenth Century England: Proceedings of the Paris Conference 2009 13. Woodbridge, UK: Boydell Press. pp. 41–56. ISBN 978-1-84383-618-6. 
Henrique III de Inglaterra
Nacemento: 1 de outubro de 1207 Falecemento: 16 de novembro de 1272


Títulos Reais
Precedido por
Xoán


Rei de Inglaterra
Duque de Aquitania
Señor de Irlanda
Sucedido  por
Eduardo I