Saltar ao contido

Piedade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Piedade
 Instancia de
 Parte de
Códigos e identificadores
Freebase/m/04p1vp Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2777976675 Editar o valor en Wikidata
Wikidata
Piedade de Miguel Anxo.

A piedade[1] refírese á compaixón, a clemencia ou a misericordia que se ten cara a algo ou alguén.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A palabra piedade vén da palabra pietas latina, a forma do substantivo do adxectivo pius, que significa 'devoto' ou 'bo'.

Defínese a pietas coma un sentimento que impulsa ao recoñecemento e cumprimento de todos os deberes, non só para coa divindade, os pais, a patria, os parentes, os amigos, senón para con todo ser humano.[2]

Segundo a RAG, a palabra piedade posúe estas acepcións:

  1. Sentimento de devoción a Deus, a Virxe, os santos e as cousas da relixión.
  2. Acción de axudar a alguén, que vén provocada polo sentimento de pena que nos produce a situación desa persoa ou animal.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para piedade.
  2. Diccionario latino de Blánquez Fraile