Henrique I de Inglaterra
Henrique I de Inglaterra | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | c. 1068 e 21 de setembro de 1068 |
Selby | |
Falecemento | 1 de decembro de 1135 e 2 de decembro de 1135 |
Lyons-la-Forêt | |
Causa | Enfermidade de orixe alimentaria |
Soterrado | Reading Abbey e Abadía de Port du Salut |
Pai | Guillerme I de Inglaterra |
Nai | Matilde de Flandres |
Cónxuxe | Edite da Escócia, Adeliza de Louvain, Ansfride (?), Sybilla Corbet e Isabel de Beaumont |
Fillos | Matilde de Inglaterra, Guilherme Adelin, Robert, 1st Earl of Gloucester, Reginald de Dunstanville, 1st Earl of Cornwall, Henry FitzRoy, Matilde Fitzroy, Matilda FitzRoy, Duchess of Brittany, Matilda FitzRoy, Abbess of Montvilliers, Alice FitzRoy, Gilbert FitzRoy, Fulk FitzRoy, Juliane de Fontevrault, Constance FitzRoy, Emma de Laval, Isabella (?), Adeliza fitz Edith, Robert FitzEdith, Lord Okehampton, Joan (?), Elizabeth (?), Sybilla of Falaise, Rohese (?), Sibila da Normandia, William, Constable, Gundred (?), William de Tracy, Richard of Lincoln, Euphemia of England, Luce de Laigle e Matilda FitzRoy |
Irmáns | Adeliza da Normandia, Adela da Normandia, Constança da Normandia, Cecília da Normandia, Roberto II, Duque da Normandia, Ricardo da Normandia e Guilherme II de Inglaterra |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Henrique I, nado en c. 1068 ou 1069 e finado o 1 de decembro de 1135), foi rei de Inglaterra (1100-1135).
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi o cuarto fillo de Guillermo o conquistador, o primeiro nacido en Inglaterra logo da conquista normanda, destinado á carreira eclesiástica recibiu unha boa educación pero o asasinato do seu irmán maior, Guillerme II o rei de Inglaterra e a asusencia do seu outro irmán, Robert Curthose que estaba nas cruzadas, fixo que ascendese ao trono o 5 de agosto de 1100. O 11 de novembro dese ano, tras conseguir a dispensa dos seus votos, casou con Matilde de Escocia, filla de Malcolm III de Escocia. No ano 1101 o seu irmán Robert volveu das cruzadas e intentou facer valer os seus dereitos ao trono pero a falta de apoios dos nobres normandos fixo que desistise, recoñecendo a Henrique como rei de Inglaterra. Henrique invadiu finalmente Normandía e derrotou ao seu irmán na batalla de Tinchebray (1106) converténdose tamén en duque de Normandía. No ano 1120 Guillerme Adelin, o seu único fillo home e herdeiro morreu no naufraxio do White Ship, para evitar unha guerra civil Henrique tomou a decisión de nomear a súa filla, Matilde, viúva do emperador Henrique V como a súa herdeira e obrigou aos nobres a xurarlle fidelidade. Con todo á súa morte foi Estevo de Blois quen se fixo co trono dando comezo unha guerra civil coñecida como A anarquía.
Henrique Reformou o tesouro, usou oficiais itinerantes para cortar os abusos de poder das autoridades locais.