Saltar ao contido

Isabel de Angulema

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIsabel de Angulema

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Isabelle d'Angoulême Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1188 Editar o valor en Wikidata
Morte4 de xuño de 1246 Editar o valor en Wikidata (57/58 anos)
Abadia de Fontevrault, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAbadia de Fontevrault Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Inglaterra Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuquesa
Raíña consorte Editar o valor en Wikidata
FamiliaLista dos condes de Angoulême (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeXoán I de Inglaterra (1200 (Gregoriano)–)
Hugo X de Lusignan Editar o valor en Wikidata
FillosAgatha le Brun
 () Hugo X de Lusignan
William de Valence, 1.º conde de Pembroke
 () Hugo X de Lusignan
Geoffrey I of Lusignan (Lord of Jarnac)
 () Hugo X de Lusignan
Margaret de Lusignan
 () Hugo X de Lusignan
Henrique III de Inglaterra
 () Xoán I de Inglaterra
Ricardo de Cornualla
 () Xoán I de Inglaterra
Joana de Inglaterra
 () Xoán I de Inglaterra
Isabel da Inglaterra
 () Xoán I de Inglaterra
Leonor de Inglaterra, Condessa de Leicester
 () Xoán I de Inglaterra
Hugo XI de Lusignan
 () Hugo X de Lusignan
Guy de Lusignan
 () Hugo X de Lusignan
Isabella of Lusignan
 () Hugo X de Lusignan
Aymer de Valence
 () Hugo X de Lusignan
Alice de Lusignan, Countess of Surrey
 () Hugo X de Lusignan Editar o valor en Wikidata
PaisAymer, Count of Angoulême Editar o valor en Wikidata  e Alice de Courtenay Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography
Obálky knih,
A historical dictionary of British women (en) Traducir, (p.239) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Angoulême-40 Find a Grave: 6436 Editar o valor en Wikidata

Isabel de Angulema, nada entre 1186[1]/1188[2] e finada na abadía de Fontevrault o 31 de maio de 1246[3], foi unha nobre francesa, única filla de Aymar III de Angulema, conde de Angulema, e de Alicia de Courtenay, filla á súa vez de Pedro I, señor de Courtenay, fillo do rei Lois VI de Francia.[4][5]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Secuestro polo rei Xoán

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Xoán I de Inglaterra.

O mesmo día da súa voda con Hugo X de Lusignan, herdeiro do condado da Márche, foi raptada polo rei Xoán I de Inglaterra, co que casou na cidade de Angulema o 24 de agosto de 1200.[6] Contaba entón con 12 anos de idade.

En 1189, Xoán casara con Isabel de Gloucester, filla e herdeira de Guillerme FitzRobert, segundo conde de Gloucester. Non tiveron fillos e Xoán pediu a anulación do seu matrimonio alegando consanguinidade -o avó de Isabel era Robert Fitzroy, fillo ilexítimo do rei Henrique I de Inglaterra-, pouco despois da súa ascensión ao trono, que tivo lugar o 6 de abril de 1199.

Isabel tivo co rei cinco fillos, incluíndo a dous homes:

  • Henrique III (n. castelo de Winchester, 1-10-1207 - m. Palacio de Westminster, 16-11-1272), sucesor do seu pai no trono de Inglaterra.
  • Ricardo (n. castelo de Winchester, 5-1-1209 - m. Berkhamstead, 2-4-1272), creado conde de Cornualla en 1227, e elixido (pero nunca coroado) Rei de Romanos -rei electo de Alemaña- (1257-1272), logo da caída dos Hohenstaufen.
  • Xoana (n. Normandía, 22-7-1210 - Havering-atte-Bower, Essex, 5-3-1238), casada con Alexandre II de Escocia.
  • Isabel de Inglaterra (n. 1214 - m. Emilia Reggio, Foggia, Italia, 1-12-1241), casada con Frederico II Hohenstaufen, emperador de Alemaña, rei de Sicilia e Xerusalén.
  • Leonor (n. 1215 - m. Montargis, Francia, 13-4-1275), casada primeiro con William Marshal, II conde de Pembroke, e logo con Simón de Montfort, o cal sería o virtual gobernante de Inglaterra (1264-1265), durante a revolta dos baróns.

Dous anos máis tarde da súa voda (1202), a morte do seu pai convértea en condesa de Angulema.

Segundo matrimonio

[editar | editar a fonte]

Trala morte do rei Xoán o 18 de novembro de 1216, Isabel regresou inmediatamente ao seu condado de Angulema en Francia, deixando en Inglaterra os cinco fillos habidos do seu matrimonio.

O 10 de marzo de 1220, Isabel casou co que fora o seu antigo prometido, agora Hugo X de Lusignan, conde de La Marche desde novembro do ano anterior. Deste matrimonio naceron nove fillos.

  1. Hugo XI de Lusignan (1221-1250), Conde de La Marche e Conde de Angulema. Casado con Iolanda de Dreux, condesa de Penthièvre e de Porhoet, con quen tivo fillos.
  2. Aymer de Lusignan (1222-1260), bispo de Winchester
  3. Inés de Lusignan (1223-1269). Casada con Guillerme II de Chauvigny (d. 1270), con descendencia.
  4. Alicia de Lusignan (1224 - 9 de febreiro de 1256). Casada con John de Warenne, VII conde de Surrey, con quen tivo fillos.
  5. Guy de Lusignan (c. 1225 a 1264), morreu na Batalla de Lewes. (Tufton Beamish sostén que fuxiu a Francia despois da batalla de Lewes e morreu alí en 1269).
  6. Godofredo de Lusignan (c. 1226 a 1274). Casado en 1259 con Xoana, vizcondesa de Châtellerault, con quen tivo fillos.
  7. Guillerme de Lusignan (c. 1228 a 1296). 1r conde de Pembroke. Casado Xoana de Munchensi, con quen tivo fillos.
  8. Margarida de Lusignan (c. 1229 a 1288). Casada en primeiro lugar en 1243 con Raimundo VII de Tolosa, en segundo lugar c. 1246 con Aimery IX de Thouars, Vizconde de Thouars e tiveron fillos.
  9. Isabel de Lusignan (1234 - 14 de xaneiro de 1299). Casada en primeiro lugar antes de 1244 con Mauricio IV de Craon (1224-1250), con quen tivo descendencia, casou en segundo lugar con Geoffrey de Rancon.

Últimos anos

[editar | editar a fonte]

Acusada de conspirar contra o rei de Francia en 1244, refuxiouse na abadía de Fontevrault, onde morreu o 31 de maio de 1246, aos 57 anos de idade, sendo sepulta, por propio desexo, no cemiterio da abadía.

  1. Bernadette Barrière, Limousin médiéval: le temps des créations, (Presses universitaires de Limoges), 384.
  2. Theodore Evergates, The Aristocracy in the County of Champagne, 1100-1300, (University of Pennsylvania Press, 2007), 226.
  3. N.Vincent Obra citada
  4. Nicholas Vincent, « Isabella, suo jure countess of Angoulême (c.1188–1246)», Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press, édition en ligne, janvier 2006.
  5. Généalogie d'Isabelle d'Angoulême sur le site Medieval Lands [archive]
  6. Roger of Howden, iv, 120.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
Isabel de Angulema
Nacemento: c. 1188 Falecemento: 4 de xuño de 1246


Outros títulos Nobiliarios
Vacante
O último posuidor do título foi
Berenguela de Navarra


Raíña consorte de Inglaterra
24 de agosto de 1200 – 18 de outubro de 1216
Vacante
Title next held by
Leonor da Provenza
Nobreza francesa
Precedido por
Aymer


Condesa de Angulema
16 de xuño de 1202 – 4 de xuño de 1246
Sucedido  por
Hugo I