Margarida de Inglaterra
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | Hungría |
| Morte | 1192 (Gregoriano) Auvergne, Reino de Francia (en) |
| Relixión | Igrexa católica |
| Actividade | |
| Ocupación | monxa cristiá |
| Orde relixiosa | Orde do Císter |
| Enaltecemento | |
| Día de festividade relixiosa | 3 de febreiro |

Margarida de Inglaterra, nada en Hungría e finada na abadía de Sauvebénite de Auverña (Francia) en 1192, foi unha relixiosa inglesa, pertencente á Orde do Císter.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
De nova foi canda a súa nai de peregrinación a Xerusalén e, a continuación, establecéronse en Belén, onde viviron vidas austeras de penitencia. A súa nai morreu alá, na Terra Santa. Despois diso, Margarida fixo numerosas peregrinacións á Virxe de Montserrat en Cataluña, e despois a Nosa Señora de Le Puy-en-Velay, en Auverña. Preto de alí, na abadía de Sauvebénite, converteuse en monxa cisterciense.
Foron reportados varios milagres no seu túmulo e converteuse nun lugar de peregrinación. No santoral católico, o seu día é o 3 de febreiro.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Farmer, David Hugh. (1978). The Oxford Dictionary of Saints. Oxford: Oxford University Press.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- St. Margaret of England - Páxina católica inglesa.