1242
Aparencia
1242 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1242 MCCXLII | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 1995 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 691 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 3938 – 3939 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5002 – 5003 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1297 – 1298 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1164 – 1165 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 4343 – 4344 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 620 – 621 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 639 – 640 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 1492 | ||||||||||||||||||
|
Acontecementos
[editar | editar a fonte]Europa
[editar | editar a fonte]- Marzo: Os mongois saquean Croacia. A vangarda de Batu chega a Spalatto e Cattaro, no mar Adriático. Cando lles chegan novas da morte, o ano anterior, de Ögödei, Batu retorna ao oriente para participar no quriltay organizado para a elección do seu sucesor. Así se salva Europa.
- Establecemento de colonos alemáns en Bratislava tras o fracaso dos mongois en conquistala
- 5 de abril: Vitoria do príncipe ruso Alexandre Nevski sobre os cabaleiros teutóns na Batalla do Lago Peipo, na Livonia, na altura xeado (masacre dos xeos). Esta batalla provoca a detención da expansión xermánica cara ao leste, ao tempo que contribúe ao nacemento da Rusia, baixo dominación moscovita.
Oriente Próximo
[editar | editar a fonte]- Reinado de Al-Musta'sim, derradeiro califa abásida de Bagdad (até 1258).
- O xeneral Baidju toma o mando das tropas mongois en Irán, baseado na rexión da baixa Koura (até 1256).
- Á morte de Ögödei, o gobernador do Khorasan Körguz é entregado polos comandantes militares ao seu adversario Kara Hülegü, que o executa. A rexente Töregene encárgalle a Arghun agha a administración de Khorasan e Iraq. Home culto e comprometido cos asuntos de estado, decepciona as esperanzas dos señores mongois ao continuar a política de Körguz, protexendo a poboación iraniana contra as violencias dos mongois e combatendo a anarquía feudal. Obtén a confianza dos grandes khans ao enviar regularmente tributos a Karakorum.
Asia
[editar | editar a fonte]- Batu, neto de Xenxis Kan, crea o Imperio da Horda de Ouro de Kipchuk, con capital en Sarai.
- Töregene tórnase rexente do Imperio Mongol (até 1246)
- Reinado de Kara Hülegü, khan de Djaghataï (até 1246). Neto de Djaghataï, reina baixo a tutela da súa nai Ebuskune.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- Beatriz de Inglaterra, filla de Henrique III de Inglaterra (m. 1275)
Mortes
[editar | editar a fonte]- Djaghataï, khan mongol, segundo fillo de Xenxis Kan e da súa esposa principal Börte (n. 1186)
- 7 de outubro - Juntoku, emperador xaponés
Outros
[editar | editar a fonte]- Alberte o Grande tórnase rexente do convento de Santiago en París.
- Roger Bacon describe unha fórmula para fabricar a pólvora.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1242 |