Saltar ao contido

Palacio de Westminster

Palacio de Westminster
Cidade de Westminster Editar o valor en Wikidata
Imaxe do interior
Imaxe
(2022)
 Instancia de
 Parte de
 Nome orixinal
Palace of Westminster (en) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Palace of Westminster (en) Editar o valor en Wikidata
Características
 Uso
Implicados
 Arquitecto/a
 Ocupante
Datas
 Inauguración
1342 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Historia
18 de maio de 1812Assassinato de Spencer Perceval (pt) Traducir
16 de outubro de 1834incendio
Causado por: accidente
1840redesenvolvimento (pt) Traducir
10 de maio de 1941bombardeo Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Superficie10 ha Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Coordenadas
Patrimonio
Monumento clasificado como grao I
Data5 de febreiro de 1970
Identificador1226284
Códigos e identificadores
OpenStreetMap1567699 Editar o valor en Wikidata
VIAF172644544 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/060yf Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Twitter: visitparliament Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O Palacio de Westminster é o lugar no que se reúnen as dúas cámaras do Parlamento do Reino Unido (a Cámara dos Lores e a Cámara dos Comúns). O palacio atópase situado na beira norte do río Támese en Westminster en Londres, preto doutros edificios gobernamentais en Whitehall. O palacio serviu inicialmente como residencia real, a pesar de que ningún monarca viviu nel dende o século XVI. A maior parte da estrutura actual data do século XIX, data na que o palacio foi reconstruído logo dun incendio en 1834 que destruíu a maior parte do edificio. Os arquitectos responsables da reconstrución do palacio foron Sir Charles Barry e Augustus Pugin. O edificio é un exemplo do estilo neogótico. Unha das características máis senlleiras do palacio é a torre do reloxo, unha atracción turística que aloxa a campá chamada Big Ben, nome asignado erroneamente ao reloxo da torre.

O palacio contén máis de mil habitacións, sendo as máis importantes as correspondentes aos Salóns da Cámara dos Lores e a Cámara dos Comúns. O palacio tamén inclúe salas de reunión, bibliotecas, corredores, comedores, bares e ximnasios. É o lugar onde se realizan importantes cerimonias de estado, das cales a máis importante é a Cerimonia de apertura do Parlamento. O palacio está moi asociado coas dúas Cámaras, tal como o demostran o emprego da palabra "Westminster" para referirse ao "Parlamento". As oficinas dos parlamentarios atópanse en edificios próximos, tales como a Casa Portcullis e os Edificios Norman Shaw.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]