Historia dos xudeus en Inglaterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Comunidades xudías na Inglaterra medieval

A historia dos xudeus en Inglaterra remóntase ao reinado de Guillerme o Conquistador. O primeiro rexistro escrito sobre un asentamento xudeu na historia de Inglaterra data de 1070. Os asentamentos continuaron ata que o rei Eduardo I de Inglaterra emitiu o Edicto de Expulsión en 1290.

Trala expulsión non quedaron comunidades xudías máis aló daqueles o practicaban en segredo, ata o goberno de Oliver Cromwell. Mentres que Cromwell nunca readmitiu formalmente aos xudeus na Mancomunidade de Inglaterra, unha pequena comunidade de xudeus sefardís foron identificados en Londres e recibiron permiso para quedarse alí.

O acta de naturalización xudía de 1753, supuxo un intento de legalizar a presenza en Inglaterra[a] que durou tan só uns poucos meses. Os historiadores sitúan a data da emancipación xudía entre 1829 ou 1858, cando Benjamin Disraeli, nado xudeu pero converso ao anglicanismo, foi elixido no Parlamento en 1837. Por insistencia do líder irlandés Daniel O'Connell, a lei de 1846 coñecida como "De Judaismo", que prescribía a vestimenta dos xudeus, quedou abolida.[1] Debido a ausencia de violencia antisemita en Gran Bretaña durante o século XIX, o país adquiriu fama da súa tolerancia relixiosa e atraeu un número significativo de inmigrantes de toda Europa. Entre as décadas de 1930 e 1940, algúns xudeus europeos escolleron Inglaterra para fuxir dos nazis do Terceiro Reich.

Os xudeus tiveron que afrontar os estereotipos e antisemitismo en Gran Bretaña, moitas veces "acompañado da xermanofobia", o que levou a moitas familias a anglicizar os seus apelidos para evitar que pareceran demasiado alemáns.[b] [2]

Na actualidade hai case 300 000 xudeus británicos, e Inglaterra contén a segunda maior poboación xudía de Europa e a quinta a nivel mundial.[3]

Inglaterra normanda, 1066-1290[editar | editar a fonte]

Non hai evidencias de xudeus residentes en Inglaterra antes da conquista normanda. As poucas referencias nas leis da igrexa anglosaxoa son relativas ás prácticas xudías sobre a Pascua. William of Malmesbury afirmou que Guillerme o Conquistador trouxo con el xudeus de Rouen ata Inglaterra. O obxectivo do rei pode deducirse: a súa política de recadar as débedas feudais precisaba dun grupo de homes repartidos polo país que fosen capaces de proporcionar grandes sumas de cartos.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Escocia estaba baixo a xurisdición do acta, pero a rexeitou ao ano seguinte.
  2. Esta decisión non foi exclusiva dos xudeus. A Familia Real tamén mudou o seu apelido Saxonia-Coburgo e Gotha por Windsor durante a Primeira Guerra Mundial por mor disto.
  1. Jewish Ireland. Jewishireland.org
  2. James Ciment, Thaddeus Russell (eds.), The Home Front Encyclopedia, Volume 1, ISBN 1576078493, p. 236
  3. London Jewish Museum reopens after major face-lift
  4. "England" Jewish Encyclopedia (1906)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Carlos, Ann M., Karen Maguire, e Larry Neal. "‘A knavish people…’: London Jewry and the stock market during the South Sea Bubble." Business History (2008) 50#6 pp: 728–748.
  • Endelman, Todd M. The Jews of Britain, 1656 to 2000 (Univ of California Press, 2002)
  • Godley, Andrew. Jewish Immigrant Entrepreneurship in New York and London, 1880–1914 (2001)
  • Green, Joseph. A social history of the Jewish East End in London, 1914–1939: a study of life, labour, and liturgy (Edwin Mellen Press, 1991)
  • Julius, Anthony. Trials of the Diaspora: A History of Anti-Semitism in England (Oxford University Press; 2010) 811 pages; Examines four distinct versions of English anti-Semitism, from the medieval era (including the expulsion of Jews in 1290) to what is argued is anti-Semitism in the guise of anti-Zionism today.
  • Katz, David S. The Jews in the History of England, 1485–1850 (Oxford: Oxford University Press, 1994) xvi, 447 pp.
  • Katz, David S. Philo-Semitism and the Readmission of the Jews to England, 1603–1655 (Oxford: Oxford University Press, 1982) x, 286 pp.
  • Lipman, Vivian David. Social history of the Jews in England: 1850–1950 (1954)
  • Mundill, Robin R. (2002). "England's Jewish Solution". Cambridge, United Kingdom: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-52026-3. OL 26454030M. 
  • Pollins, Harold. Economic history of the Jews in England (Fairleigh Dickinson University Press, 1982)
  • Rabin, Dana Y. "The Jew Bill of 1753: Masculinity, virility, and the nation." Eighteenth-century studies (2006) 39#2 pp: 157–171.

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xudaísmo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.