Manfredo de Hohenstaufen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manfredo de Hohenstaufen
Rei de Sicilia
Manfred Crowned.jpg
Coroación de Manfredo I de Sicilia
Reinado 1258-1266
Nacemento 1232
Venosa, Basilicata
Falecemento 26 de febreiro de 1266
Benevento
Predecesor Conrado II (Conradino)
Sucesor Carlos de Anjou
Consorte
Descendencia Véxase Matrimonios e descendencia
Casa Real Casa de Hohenstaufen
Pai Federico II Hohenstaufen
Nai Bianca Lancia

Escudo de Manfredo de Hohenstaufen
Escudo de armas dos Hohenstaufen de Sicilia

Manfredo de Hohenstaufen, ou Manfredo de Sicilia, nado en 1232 en Venosa (Basilicata) e finado o 26 de febreiro de 1266 en Benevento (Campania), foi rei de Sicilia, o último soberano suabo deste Reino. Era fillo ilexítimo de Federico II Hohenstaufen, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico e Bianca Lancia, ou Lanzia. Foi rexente de seu sobriño Conradino en 1254, e máis tarde rei de Sicilia de 1258. Morreu durante a batalla de Benevento, derrotado polas tropas francesas de Carlos de Anjou.

Está indisolubelmente ligado á cidade de Manfredonia, na Puglia, que fundou o día de san Xurxo de 1256 e que lle deu o seu nome como signo de prestixio e poder.

que probabelmente casou co emperador pouco antes da morte deste.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Manfredo naceu e viviu a súa infancia en Venosa,[2] cidade da Basilicata. Era fillo ilexítimo do emperador do Sacro Imperio Federico II Hohenstaufen, e Bianca Lancia.[3] que casou co emperador só un pouco antes da súa morte e, por tanto, plenamente lexitgimado, a pesar de que a Curia romana Curia descoñecese ese vínculo matrimonial, movida polo seu profundo odio cara á casa de Hohenstaufen.

O futuro rei estudou en París e Boloña, e de seu pai aprendeu o amor á poesía e á ciencia, amor que mantivo como rei. Dise que o emperador tiña unha particular predilección entre todos os seus fillos por Manfredi e por Enzo, ambos os dous nacidos de relacióes extraconxugais.

Federico consideraba a Manfredo como fillo lexgítimo, e por iso nomeouno príncipe de Taranto con outros feudos menores; nomeouno tamén o seu lugartenente en Italia, en particular a do Reino de Sicilia, até que chegara o herdeiro lexítimo, o medio irmán de Manfredo, Conrado IV de Hohenstaufen, rei dos Romanos, que en aquel momento estaba ocupado en Alemaña. Aínda que Palermo era a capital do seu Reino, Manfredo preferiu como morada o castelo de Lagopesole, cuxa construción fora comezada polos seus antepasados normandos, e que foi terminada polo seu pai.[4]

Aínda que daquela Manfredo só tiña dezaoito anos de idade, acatou con fidelidade o que lle encomendara seu pai e, cando Conrado viaxou a Italia meridional en 1252, a súa autoridade foi rápida e xeralmente recoñecida.

Cando Conrado morreu en maio de 1254, Manfredo, despois de rexeitar entregarlle o Reino de Sicilia ao papa Inocencio IV, aceptou a rexencia de Conradino, o xove fillo de Conrado.

Pero en 1258, tras facer correr o rumor da morte de Conradino, asumiu o poder como rei de Sicilia, sendo coroado en Palermo o 10 de agosto de aquel mesmo ano. O rumor era infundado, pero o novo rei, sustentado polo pobo, non abdicou a pasar das presións dos enviados de Conrado V. Porén, ante a forza dos partidarios do papa no reino de Sicilia volveu tomar a posición de rexente, e abriu negociacións co papa Inocencio e, por un tratado asinado en setembro de 1254, a Puglia pasou a estar baixo a autoridade papal.

Moeda de ouro de 4 tarís,[5] do reinado de Manfreedo.

Máis adiante o papa Alexandre IV, a quen a alianza que tiña Manfredo cos árabes lle parecía unha grande ofensa á relixión cristiá, declarou nula a súa coroación e ademais excomungouno. Manfredo organizou entón unha coalición coa Italia central e setentrional contra o papado. Así, xunto aos xibelinos de Siena derrotou aos güelfos de Florencia o 4 de setembro de 1260. Os florentinos recoñeceron a Manfredo como protector da Toscana.

Despois, o novo papa, Urbano IV, solicitou a axuda de Carlos I de Anjou, irmán do rei Luís IX de Francia, ofrecéndolle a coroa de Sicilia a cambio de que expulsase a Manfredo dos territorios do papado no sur de Italia. Manfredo, vista a alianza, publicou o Manifesto aos Romanos no que reclamaba a autoridade, xa non só sobre Italia, senón tamén sobre todo o Sacro Imperio.

O 26 de febreiro de 1266, na batalla de Benevento, Manfredo foi derrotado e morto polas tropas francesas. Carlos de Anjou foi coroado rei de Sicilia en Roma nese mesmo ano, poñendo así fin ao dominio deste reino pola casa de Hohenstaufen e inaugurando a dinastía Anxevina.

Matrimonios e descendencia[editar | editar a fonte]

A primeira muller de Manfredo foi Beatriz de Savoia, filla do conde Amadeo IV de Savoia e Margarita de Borgoña, a finais de 1248 ou principios de 1249, a data é incerta.[6] Manfredo e Beatriz tiveron unha filla:

Casou en segundas nupcias con Helena Ducas, filla de Miguel II Comneno Ducas, déspota de Epiro. Tiveron os seguintes fillos:

  • Beatriz de Sicilia (1258 - antes de 1307) casada, en primeiro lugar, con Rainer Gherardesca, e en segundas nupcias con Manfredo IV de Saluzzo.
  • Federico de Sicilia (1259 - última mención en vida en 1312).
  • Henrique de Sicilia (1260 - 31 de outubro de 1318).
  • Enzo de Sicilia (1261 - 1301).
  • Flordelis de Sicilia (1266 - última mención en vida en 1297).


Predecesor:
Conrado II (Conradino)
Armoiries Manfred de Sicile.svg
Rei de Sicilia

1258-1266
Sucesor:
Carlos de Anjou

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Encyclopædia Britannica — Eleventh edition". 1911. Consultado o 10 de outubro de 2016. 
  2. Mario Bernabò Silorata (1993): Federico II di Svevia: saggezza di un imperatore. Firenze: Convivio, p. 17. ISBN 88-4043-818-1.
  3. A maternidade de Bianca non está unanimemente aceptada; Federico podería ter concibido a Manfredo con outra muller, e despois lexitimado ao seu herdeiro casando con Bianca, probabelmente en 1248, in articulo mortis, aínda que a Curia non recoñeceu esta lexitimidade.
  4. Tommaso Pedio (1994):Storia della Basilicata raccontata ai ragazzi. Congedo Editore, p. 57. ISBN 88-8086-007-0.
  5. O tarí era unha moeda de ouro árabe e dos normandos e os suabos de Sicilia, e cuñada en prata durante o dominio aragonés de Sicilia e despois do da monarquía hispánica, e que perdurou até o século XVIII.
  6. Walter Koller (2007): Manfredi, re di Sicilia Dizionario Biografico degli Italiani. Volume 68.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manfredo de Hohenstaufen Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bogdan, Henry (2003): Histoire de l'Allemagne de la Germanie à nos jours. Perrin. ISBN 2-262-02106-6.
  • Quatriglio, Giuseppe (2002): Mille anni in Sicilia - Dagli Arabi ai Borboni. Marsilio. ISBN 88-317-6405-5.
  • Runciman, Steven (2009): Las Vísperas Sicilianas Ed. Reino de Redonda. ISBN 978-84-933656-7-7

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Walter Koller (2007): Manfredi, re di Sicilia Dizionario Biografico degli Italiani. Volume 68, en Treccani (en italiano). Consultado o 10 de outubro de 2016.