Saltar ao contido

Pálpebra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pálpebra
palpebrae Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Subclase de
 Parte de
 Irrigado por
Identificadores
Freebase/m/03c3zy Editar o valor en Wikidata
MeSHD005143 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC12713 Editar o valor en Wikidata
TA 98A15.2.07.024
CIE-111142633691 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2908584991 e C2781302119 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Redes
BNE: XX548397
Wikidata C:Commons
Pálpebras dun ollo humano feminino.

A pálpebra[1] ou capela do ollo[2] é unha dobra músculo-mucosa da pel que cobre a parte dianteira do ollo. Nos humanos está composta pola membrana conxuntiva palpebral, en contacto co globo ocular; o tarso, unha capa de espesor notábel, pero flexíbel, que contribúe a darlle forma e ao seu sostemento (é unha especie de esqueleto do ollo); o músculo orbicular das pálpebras, que lle dá mobilidade, e a pel exterior. Os músculos situados na parte superior dos ollos retraen as pálpebras "abrindo" os ollos. Este proceso tanto pode ser voluntario como involuntario.

As pálpebras do ser humano posúen unha fileira de cellas que serven para protexer o ollo do po e doutros contaminantes do medio externo.

A función das pálpebras é a protección do ollo e a súa humectación a base de estender as secrecións lacrimais e outras secrecións, xa que a córnea ha de estar húmida de forma continuada. No momento de durmir evita que os ollos se sequen.

No reino animal existen diversos tipos de pálpebras.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pálpebra.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para capela_do_ollo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.