Westminster

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Cidade de Westminster (en inglés City of Westminster, pronunciado [ˈwɛstmɪnstə]) é unha municipalidade con rango de City do Reino Unido, situada na zona central do Gran Londres, ao oeste da Cidade de Londres e ao norte do río Támese. A mediados de 2013 tiña unha poboación estimada de 226.841 habitantes.[1]

En 1965 anexáronse os antigos distritos de Marylebone e Paddington, situados máis ao norte; deste xeito, a actual Cidade de Westminster cobre unha área moito máis extensa ca no pasado.

O seu escudo foi outorgado oficialmente o 2 de setembro de 1964.[2]

Monumentos e lugares de interese[editar | editar a fonte]

Westminster é mundialmente coñecida por ser sede da residencia do Primeiro Ministro, o seu Parlamento, o Palacio de Buckingham (residencia do monarca) ou a Abadía de Westminster.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Westminster population". Westminster City Council. Consultado o 2016-08-23. 
  2. "Westminster (London)". Heraldry of the World. Consultado o 2016-08-23.