Saltar ao contido

Catedral de Canterbury

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Catedral de Canterbury
Canterbury e cidade de Canterbury Editar o valor en Wikidata
Imaxe do interior
Vista no inverno
Imaxe da planta
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
 Parte de
 Instalacións
 Material usado
 Composto por
Persoas e organizacións
 Diocese
 Arquitecto/a
 Dedicado a
Datas
 Fundación / creación
século VII
597 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Substitúe
Dimensións
Altura72 m e 24 m Editar o valor en Wikidata
Anchura22 m e 57 m Editar o valor en Wikidata
Lonxitude157 m e 54 m Editar o valor en Wikidata
Superficie9,15 ha Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
Recoñecemento
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
TipoPatrimonio cultural
Data1988 (12ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i), (ii) e (vi) Editar o valor en Wikidata
Identificador496-001

Monumento clasificado como grao I
Identificador1336823
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: CburyCathedral Twitter: No1Cathedral Instagram: cburycathedral Youtube: UCL4_2pO--uILxV6LSRfjOpw Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A catedral de Canterbury é unha das máis antigas e famosas estruturas cristiás en Inglaterra. É a catedral do arcebispo anglicano de Canterbury, o primado de toda Inglaterra e o líder relixioso da Igrexa de Inglaterra. Esta igrexa nai da Diocese de Canterbury (ó leste de Kent) é unha das estruturas cristiás máis antigas de Inglaterra é o foco da Relixión Anglicana. O seu título formal en inglés é Cathedral and Metropolitical Church of Christ at Canterbury (Catedral e Igrexa Metropolitana de Cristo, Canterbury).[1][a]

Fundada no ano 597, a catedral foi completamente reconstruída entre 1070 e 1077. O extremo leste foi moi ampliado a principios do século XII e reconstruído en gran parte en estilo gótico tras un incendio en 1174, con importantes ampliacións cara ao leste para dar cabida ao fluxo de peregrinos que visitaban o santuario de Thomas Becket, o arcebispo que foi asasinado na catedral en 1170. A nave e os transeptos normandos sobreviviron ata finais do século XIV, cando foron demolidos para dar paso ás estruturas actuais.

Antes da Reforma inglesa, a catedral formaba parte dunha comunidade monástica beneditina coñecida como Christ Church, Canterbury, ademais de ser a sede do arcebispo.

Foi nomeada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1988, xunto á abadía de San Agostiño e igrexa de San Martiño, tamén en Canterbury.

  1. A palabra «metropolítica» refírese ao papel do arcebispo de Canterbury como bispo metropolitano da Provincia de Canterbury na Igrexa de Inglaterra.
Referencias
  1. "The Constitution" (PDF). Canterbury Cathedral. xullo 2023. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 3 de novembro de 2023. Consultado o 3 de novembro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]