Branca de Castela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Branca de Castela
Blancheofcastile.jpg
Nacemento4 de marzo de 1188
Lugar de nacementoPalencia
Falecemento27 de novembro de 1252
Lugar de falecementoMelun
Causadoenza
SoterradaAbadia de Maubuisson
NacionalidadeReino de Castela
Relixióncatolicismo
Ocupaciónregente e compositora
PaiAfonso VIII de Castela
NaiLeonor Plantagenet
CónxuxeLuís VIII de Francia
FillosLuís IX de Francia, Roberto I de Artois, Afonso III de Poitiers, Isabel de França, Carlos de Anjou, João de Maine, Philippe de France, Philippe de France e Philippe de France
IrmánsHenrique I de Castela, Berenguela de Castela, Urraca de Castela, Leonor de Castela, Sancho de Castilla, Sancha de Castilla, Ferdinand of Castile, Mafalda de Castilla e Constanza de Castilla
Na rede
Musicbrainz: bf0fb4a2-b51c-43b5-a0e0-5ba0d2ac002c WikiTree: Castilla-110 Find a Grave: 18883572 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Branca de Castela, nada en Palencia o 4 de marzo de 1188 e finada en Melun en 1252, foi unha infanta de Castela e raíña consorte de Francia polo seu matrimonio co rei Luís VIII. Foi nai do rei Luís IX, quen foi canonizado.

Orixes familiares[editar | editar a fonte]

Branca foi filla do rei Afonso VIII de Castela e da súa esposa, a raíña Leonor de Plantagenet. Os seus avós paternos foron os reis Sancho III de Castela e a súa esposa Branca Garcés de Navarra e os maternos o rei Henrique II de Inglaterra e a súa esposa Leonor de Aquitania. Foron os seus irmáns, entre outros, o rei Henrique I de Castela e a raíña Berenguela, nai de Fernando III de Castela, rei de Castela e León.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada en Palencia en 1188 foi aleitada por unha ama de cría proveniente do lugar de La Serna chamada Sancha López, a cal foi recompensada xunto ao seu marido Martín García con boas terras de labranza segundo o privilexio no cartulario do mosteiro de Santa María de la Vega. Afonso VIII confiou a Pedro Rodríguez de Castro e á súa muller Urraca Rodríguez de Guzmán a crianza da infanta Branca na súa casa de Itero de la Vega, puerula infantissa Domina Branca, nutriente in domo Petri roderici de Castro.[2] Na súa mocidade visitou varias veces a abadía de Santa María la Real de Las Huelgas,[3] fundada polos seus pais.[4]

Como consecuencia do tratado de Le Goulet, Filipe II Augusto de Francia e Xoán I de Inglaterra acordaron que o herdeiro ao trono de Francia, o futuro Luís VIII, casase cunha infanta de Castela. Os embaixadores de ambos os reinos en 1199 levaron a cabo as negociacións para o matrimonio e en 1200, a xa anciá Leonor de Aquitania, desprazouse a Castela, onde reinaba a súa filla Leonor, para coñecer as súas netas e decidir cal sería a futura «raíña da Flor de Lis».[5] A intención orixinal era levar como prometida do príncipe Luís a entón filla maior solteira dos reis de Castela, Urraca, pero ao final Leonor escolleu a súa segunda neta Branca, xa que ao seu parecer, esta infanta encaixaría mellor na corte de Francia. Con apenas doce anos a infanta Branca despediuse dos seus pais e irmáns e emprendeu viaxe coa súa avoa cara a Francia e pouco despois, o 22 de maio de 1200 celebrouse a voda co herdeiro da coroa.[5][3]

Ao morrer Filipe, o 14 de xullo de 1223, ocupou o trono o marido de Branca co nome de Luís VIII. Aos tres anos, Luís morreu de disentería á volta dunha campaña militar pola que pretendía recuperar o Mediodía para Francia.

Branca foi unha eficaz conselleira do seu marido. Nai de varios fillos, o segundo dos sobreviventes, Luís, foi proclamado rei á morte do seu pai, contando soamente doce anos de idade, en 1226. Branca foi nomeada rexente, enfrontándose aos problemas perentorios do seu tempo, como as pugnas con Inglaterra, o conflito cos cátaros e as presións da nobreza.

En 1236, doou as súas propiedades en Pontoise así como outras terras para a edificación dun mosteiro que fundou en 1242 co nome de Notre-Dame-la-Royale en honra á Virxe María, aínda que o nome que prevaleceu foi o de abadía de Maubuisson.[6][7]

En 1248, Branca volveu ser rexente durante a ausencia de Luís IX pola cruzada, proxecto ao que ela se opuxo fortemente. Nos desastres que seguiron, mantivo a paz, mentres baleiraba o país de homes e diñeiro para axudar o seu fillo en Oriente. Caeu enferma en Melun en novembro de 1252 e foi levada a París, mais viviu só uns poucos días.[8] Recibiu sepultura na abadía de Maubisson.[7] Luís soubo da súa morte a primavera seguinte e disque non falou con ninguén durante os dous días seguintes.[9][5]

Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]

Froito do seu matrimonio co rei Luís VIII de Francia naceron:

  • Felipe (1209-1218), príncipe herdeiro
  • Luís (1214-1270), quen sucedeu ao seu pai no trono.
  • Roberto (1216-1250), conde de Artois
  • Xoán (1219-1232)
  • Afonso (1220-1271), conde de Poitiers e de Tolosa.
  • Felipe Dagoberto (1222-1232)
  • Isabel (1225-1269)
  • Etienne (nada e morta en 1226)
  • Carlos (1227-1285), conde de Anjou e Maine e rei de Sicilia e de Nápoles.

Ascendencia[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Martínez Díez 2007, pp. 46-53.
  2. Salcedo Tapia 1992, p. 514-515.
  3. 3,0 3,1 Wheeler & Parsons 2002, p. 192-193.
  4. Shadis 2010, p. 40-41.
  5. 5,0 5,1 5,2 Martínez Díez 2007, p. 49.
  6. Michel 1907, pp. 448–449.
  7. 7,0 7,1 Klaniczay 2002, p. 236.
  8. Véxase ademais:
    • Élie Berger, "Histoire de Blanche de Castille, reine de France", en Bibliothèque des écoles françaises d'Athènes et de Rome, vol lxx. (París, 1895)
    • Le Nain de Tillemont, "Vie de Saint Louis", ed. por J. de Gaulle para Société de l'histoire de France (6 vols., 1847-1851)
    • Paulin Paris, "Nouvelles recherches sur les mœurs de la reine Blanche et de Thibaud", en Cabinet historique (1858).
  9. Bradbury 2007, p. 213.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]