Beatriz de Savoia
Beatriz de Savoia | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | c. 1198 |
Lugar de nacemento | sen etiquetar |
Falecemento | 1267 |
Lugar de falecemento | sen etiquetar |
Soterrada | Abadia de Hautecombe |
Ocupación | aristócrata |
Pai | Tomás I, Conde de Saboia |
Nai | Margarida de Genebra |
Cónxuxe | Raimundo Berengário IV, Conde da Provença |
Fillos | Leonor da Provenza, Beatriz, Condessa da Provença, Margarida de Provença e Sancha da Provença |
Irmáns | Bonifácio de Savoia, Tomás II, Conde de Saboia, Amadeu IV, Conde de Saboia, Filipe I de Savoia, Guilherme de Saboia, Pedro II, Conde de Saboia, Alásia de Savoia e Margarita de Savoia |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Beatriz de Savoia, nada en 1206 e finada en decembro de 1266, foi unha infanta de Savoia e condesa consorte de Provenza (1219 - 1245).
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Beatriz era filla do conde Tomé I de Savoia e da súa muller Beatriz Margarida de Xenebra. Era neta pola liña paterna de Humberto III de Savoia e Beatriz de Mâcon e pola liña materna de Guillerme I de Xenebra. Era irmá dos condes Amadeu IV de Savoia, Tomé II de Savoia e Pedro II de Savoia. Casou co conde Ramón Berengario V de Provenza o 5 de xuño de 1219. Desta unión naceron:
- O infante Ramón de Provenza, que morreu novo.
- A princesa Margarida de Provenza (1221 - 1295), casada en 1234 con Luís IX de Francia.
- A princesa Leonor de Provenza (1223 - 1292), casada en 1236 con Henrique III de Inglaterra.
- A princesa Sancha de Provenza (1225 - 1261), casada en 1243 con Ricardo de Cornualla, fillo de Xoán I de Inglaterra e irmán de Henrique III de Inglaterra.
- A princesa Beatriz I de Provenza (1234 - 1267), condesa de Provenza e casada en 1246 con Carlos I de Nápoles.
Beatriz de Savoia morreu en 1266. O trobador provenzal Blacas (1200-1265), espiritualmente namorado e respectuoso con Beatriz, dedicoulle gran parte da súa produción[1].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Enciclopedia Espasa, Volume núm. 8, p. 1041.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Beatriz de Savoia ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Bernard Demotz, Le comté de Savoie du XIe au XVe siècle: Pouvoir, château et État au Moyen Âge, Genève, Slatkine, 2000, 496 p. (ISBN 2-05-101676-3).
- Emmanuel Davin, «Béatrice de Savoie, Comtesse de Provence, mère de quatre reines (1198-1267)», Bulletin de l'Association Guillaume Budé, vol. 1, no 2, 1963, p. 176-189.