Lois VIII de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLois VIII de Francia

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Louis VIII de France Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de setembro de 1187 Editar o valor em Wikidata
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte8 de novembro de 1226 Editar o valor em Wikidata (39 anos)
Montpensier, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Disentería Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaBasílica de Saint-Denis Editar o valor em Wikidata
Rei de Francia
14 de xullo de 1223 – 8 de novembro de 1226
← Filipe II de FranciaLois IX de Francia → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloConde
Rei de Francia Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía dos Capetos Editar o valor em Wikidata
CónxuxeBranca de Castela (1200, 1200 (Gregoriano)–1226)
FillosLois IX de Francia, João de Maine (pt) Traducir, Philippe de France (en) Traducir, Philippe de France (en) Traducir, Carlos de Anjou, Afonso III de Poitiers (pt) Traducir, Isabel de França (pt) Traducir, Roberto I de Artois, Philippe de France (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisFilipe II de Francia Editar o valor em Wikidata  e Isabel de Hainaut (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMaria de França, Duquesa de Brabante (pt) Traducir e Filipe Hurepel (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Capet-11 Find a Grave: 66211839 Editar o valor em Wikidata

Lois VIII de Francia[1] ou Luís VIII de Francia, chamado o León, nado en París en 1187 e finado en Montpensier, Auvernia en 1226, foi rei de Francia de 1223 a 1226.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixes familiares[editar | editar a fonte]

Naceu na corte francesa de París o 5 de setembro de 1187, sendo o primeiro fillo e único supervivente do primeiro matrimonio do rei Filipe II de Francia e Isabel de Hainault. Por liña paterna era neto de Lois VII de Francia e Adela de Champaña, e por liña materna de Balduíno V de Hainault e Margarida de Lorena.

O declive do poder anxevino[editar | editar a fonte]

O príncipe Lois completou as vitorias que o seu pai obtivera sobre a dinastía Plantagenet, que no tempo de Filipe II Augusto eran reis de Inglaterra e condes de Anjou. Así, Lois logrou tomar ao rei inglés Xoán sen Terra Poitou e La Rochelle, quedando en mans inglesas só Gascuña e Güiena.

En 1216 os baróns ingleses rebeláronse contra o impopular rei Xoán sen Terra e ofreceron o trono ao príncipe Lois. De seguido partiu a Inglaterra e foi proclamado rei en Londres en maio de 1216, aínda que nunca foi coroado. O príncipe entrou en Londres e na catedral de San Paulo foi aceptado como rei cunha gran celebración. Varios nobres rendéronlle tributo, incluído Alexandre II de Escocia.

O 14 de xuño conquistou a cidade de Winchester e logo conquistou a metade do reino inglés. Despois dun ano e medio de guerra, a maioría dos baróns partidarios de Lois VIII desertaran, polo que tivo que acabar coa súa demanda do trono inglés polo Tratado de Lambeth de 1217, no que recoñeceu ao rei Henrique III de Inglaterra.

Despois de gañar a batalla de Salvetat en setembro de 1217 [2] cun exército catalán e occitano formado no condado de Pallars[3], onde Roger de Comenge era o conde consorte de Guillemina I de Pallars Sobirà[4], Tolosa abriulle as portas a Ramón VII o 13 de setembro, e os cruzados rapidamente a cercaron e a recuperaron tras oito meses en xuño de 1218, e durante o cal morreu o mesmo Montfort[5]. Tolosa volveu ao control de Ramón VI. Durante ese tempo, con todo, o novo papa de Roma Honorio III convencera aos franceses do norte para que se involucrasen máis na cruzada e Filipe II de Francia ordenou ao seu fillo Lois que atacase a Marmanda, que cercaba Amalarico IV de Montfort[6], e cercar a cidade de Tolosa en 1219, pero Lois volveu á casa.

Nupcias e descendentes[editar | editar a fonte]

Casou o 23 de maio de 1200 en Pont Audermer (Normandía) con Branca de Castela, filla de Afonso VIII de Castela e Leonor de Inglaterra. Desta unión naceron:

Coroación[editar | editar a fonte]

A coroación de Lois VIII de Francia e Branca de Castela en 1223

Foi coroado rei o 6 de agosto de 1223 na catedral de Reims á morte do seu pai, sendo o primeiro en facelo segundo a tradición da dinastía Capeto: en presenza do rei.

O seu reinado continuou co traballo do seu pai: canalizar o sentimento dunha comunidade nacional, enfrontándose directamente aos señores feudais para centralizar o poder nel e deixar atrás o feudalismo.

O 1 de novembro de 1223, publicou unha ordenanza que prohibía aos oficiais establecer débedas cos xudeus, e revertía así a política establecida polo seu pai Filipe II. A usura, cartos con xuros, era ilegal para os cristiáns e estaba penada con excomuñón. A prohibición afectaba só aos cristiáns, os propios xudeus, sen medo a seren excomungados, puideron levala a cabo. Esta medida de prohibición permitiu poñer fin a esta argucia legal e poñer fin a unha constante fonte de fricción entre a igrexa e o estado.

Todos os baróns aceptaron a lei, agás Teobaldo IV de Champaña, que tiña un acordo cos xudeus que lle garantía un ingreso adicional de impostos. Teobaldo IV converteuse así nunha das forzas de oposición máis importantes da dinastía Capeto e a súa hostilidade quedou patente durante todo o seu reinado.

En 1225, o consello de Bourges excomungou ao conde Ramón VII de Tolosa e declarou unha cruzada contra os baróns do sur. Lois viu neste feito unha ocasión de ouro para fortalecer os seus dereitos reais no sur. Roxerio Bernardo II de Foix intentou levar a paz ao conflito pero o rei rexeitou a mediación, polo que os condes de Foix e Tolosa se aliaron contra o rei francés.

Mentres o rei regresaba a París, morreu de disentería o 8 de novembro de 1226 no castelo de Montpensieur en Auvernia. Foi enterrado na catedral de Saint-Denis.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-09. 
  2. Història de Catalunya (2ª edición ed.). Història de Catalunya. 1963. [Ligazón morta permanente]
  3. El legado templario. Ediciones Robinbook. 2008. ISBN 8496746151. 
  4. Història Nacional de Catalunya, volum IV. Edicions Pàtria. 1920. 
  5. Diccionari d'Història de Catalunya. Edicions 62. 1998. ISBN 84-297-3521-6. 
  6. Etude Sur la Vie Et Le Regne de Louis Viii (1187-1226) (en francés). Slatkine. 1975. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]