Pedro I de Courtenay
Pedro I de Courtenay | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | setembro de 1126 |
Lugar de nacemento | Reims |
Falecemento | 10 de abril de 1183 |
Lugar de falecemento | Acre |
Soterrado | Exeter Cathedral |
Nacionalidade | Francia |
Ocupación | político |
Pai | Luís VI de Francia |
Nai | Adela de Saboia |
Cónxuxe | Elisabeth de Courtenay |
Fillos | Pedro II de Courtenay, Alice de Courtenay, Robert Ier de Courtenay-Champignelles, Eustachie de Courtenay, William de Courtenay, Seigneur de Tanlai, Jean de Courtenay, Seigneur de Yerre, valor descoñecido, Clémence of Courtenay, Philippe de Courtenay, Constance de Courtenay, Dame de Châteaufort e Isabelle de Courtenay |
Irmáns | Constanza de Francia, condesa de Tolosa, Luís VII de Francia, Roberto I de Dreux, Filipe de Francia, Arquidiácono de París, Filipe de Francia e Enrique de Francia, Arcebispo de Reims |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Pedro de Francia[1], nado c. 1125 e finado c. 1183, foi o menor dos fillos do rei Luís VI de Francia e da súa segunda esposa, Adela de Savoia. Foi señor de Courtenay, Montargis, Château-Renard, Champignelles, Tanlay, Charny e Chantecoq.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O seu pai deulle a dignidade de abade laico da colexiata de Nantes.
Acompañou en 1147 aos seus irmáns Luís VII de Francia et Roberto I de Dreux á Segunda Cruzada, tomando parte en todos os combates, entre eles o de Laodicea e no sitio de Damasco. Entre os cruzados estaba igualmente Renaud de Courtenay, pai da súa futura muller.
Cando os seus irmáns Henrique e Roberto se rebelaron contra a autoridade do rei, o seu irmán Luís, foi o único que permaneceu fiel, en 1149-50.
Tomou a cruz unha segunda vez en 1179 co conde Henrique I de Champaña e con Filipe de Dreux, bispo de Beauvais, o seu sobriño, e pasou a Terra Santa[2].
Morreu entre 1180 e 1183.
Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]
Contraeu nupcias con Isabel de Courtenay, filla de Reinaldo de Courtenay e Hawise de Donjon, e foron pais de 10 fillos, entre eles o futuro Emperador Latino de Constantinopla[3]:
- Filipe de Courtenay (1153 - 1186).
- Pedro II de Courtenay (1155-1219, Emperador Latino de Constantinopla).
- Alicia de Courtenay (1160-1218), condesa de Angulema polo seu matrimonio con Aymer de Talliefer. Xuntos foron pais da Raíña de Inglaterra Isabel de Angulema.
- Eustacia de Courtenay (1162-1235), casada con Guillerme de Brienne.
- Clemencia de Courtenay (1164-?).
- Roberto de Courtenay, Señor de Champignelles (1166-1239).
- Guillerme de Courtenay, Señor de Tanlay (1168-1248).
- Isabel de Courtenay (1169-?).
- Constanza de Courtenay (1170-1231).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ A súa xenealoxía na páxina Medieval Lands
- ↑ Reto R. Bezzola, Les Origines et la formation de la littérature courtoise en occident (500-1200), volume 3, H. Champion, 1966, p. 374
- ↑ "Dynastie de Courtenay". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2016. Consultado o 15 de agosto de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons alberga unha categoría multimedia sobre Pedro I de Courtenay.