Saltar ao contido

Sabela de Cambados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sabela de Cambados
 Instancia de
 Título
Sabela de Cambados (gl) Editar o valor en Wikidata
 Xénero artístico
 Lingua orixinal
 Cor
 Ambientado en
Implicados
 Produtor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
Datas
 Data de publicación
14 de febreiro de 1949 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración95 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
IMDB: tt0040752 Filmaffinity: 720303 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Sabela de Cambados é un filme galego de 1949 dirixido por Ramón Torrado.

Argumento

[editar | editar a fonte]

No pazo de Armental, en Cambados, os marqueses de Soñeira viven un matrimonio infeliz. A marquesa Sabela (María Fernanda Ladrón de Guevara) sente que o seu marido Jaime (Rafael Bardem) non a quere. Jaime marcha a Madrid, onde vive unha vida de luxos xunto á súa curmá e amante Julia (Margarita Sandra). Un día regresa de América Juan de Mourente (Fernando Fernández de Córdoba), un indiano que fora un amor de mocidade de Sabela antes de marchar el, e do que nunca se esqueceu.

Por outra banda, o fillo de Sabela, Eduardo (Jorge Mistral), marcha estudar a Santiago e deixa soa a súa namorada Tonucha (Amparo Rivelles), quen vive no pazo como afillada de Sabela, dende que seus pais morreran.

Produción

[editar | editar a fonte]

O filme foi producido por Suevia FIlms, do vigués Cesáreo González e está baseado nunha obra de teatro homónima de Adolfo Torrado. A pesar do título, non foi rodado en Cambados, o que causou indignación nos cambadeses emigrados na Arxentina que asistiron á proxección esperando ver imaxes da súa terra.[1][2] A rodaxe realizouse en Santiago de Compostela, A Coruña, Betanzos, Guísamo, Sada e San Pantaleón.[3]

No filme soan varias cancións populares galegas interpretadas pola agrupación Anaquiños d'a Terra. Tamén inclúe varias escenas da romaría dos Caneiros de Betanzos.

  1. Anxo Martínez (28 de marzo de 2012). ""'Sabela de Cambados' es un folletín con final feliz"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 25 de agosto de 2018. 
  2. "A película "Sabela de Cambados" obxectivo da Real Academia Galega de Belas Artes e do Concello de Cambados". A ti, meu Cambados. 25 de marzo de 2012. Consultado o 25 de agosto de 2018. 
  3. Erias Martínez, Alfredo; Sarmiento Escalona, Rosario (1997). O cinematógrafo en Betanzos (1897-1951) (PDF). Deputación da Coruña. ISBN 84-89652-26-0. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]