Javier Urruticoechea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Urruti
Información persoal
Nome completo Francisco Javier González Urruticoechea
Nacemento 17 de febreiro de 1952 (67 anos)
  Donostia
Falecemento 24 de maio de 2001
  Esplugues de Llobregat
Nacionalidade España
Posición Porteiro
Carreira xuvenil
SD Lengokoak
Real Sociedad
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
San Sebastián CF
1973–1978 Real Sociedad 70
1978–1981 RCD Espanyol 121
1981–1987 FC Barcelona 157

* Partidos e goles só en liga doméstica.† Aparicións (Goles)

editar datos en Wikidata ]

Francisco Javier González Urruticoechea máis coñecido coma Urruti, nado en Donostia o 17 de febreiro de 1952 e finado en Esplugues de Llobregat (provincia de Barcelona) o 24 de maio de 2001 foi un futbolista vasco que xogaba na demarcación de gardameta. Foi un dos porteiros da liga española con maior prestixio dos anos 80 e foi internacional coa selección de fútbol de España.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou xogando no SD Lengokoak pasando pronto a xogar no San Sebastián CF, filial da Real Sociedad. No ano 1973 debuta co primeiro equipo e ao ano seguinte afianzábase na portería, dándolle o relevo a José Ramón Esnaola Laburu. Nos seus comezos no equipo vasco competiu pola titularidade con Pedro María Artola ata a chegada á titularidade de Luis Miguel Arconada, que faría que tanto Urruti coma Artola deixaran o equipo para fichar por RCD Espanyol e FC Barcelona respectivamente.

Chegou ao RCD Espanyol comezada a tempada 1977/78, facéndose coa titularidade dende o primeiro momento. As súas boas actuación fixeron que fichase polo FC Barcelona de cara á tempada 1981/82 para substituír ao que xa fora compañeiro seu na Real Sociedade, Pedro María Artola. Xogando nas filas do Barcelona gañou o Trofeo Zamora ao porteiro menos goleado da Primeira División.

Co tempo na portería catalá substituiríao o tamén porteiro vasco, Andoni Zubizarreta.

Coa selección de fútbol[editar | editar a fonte]

A pesar de ir convocado a tres Mundiais (Arxentina 78, España 1982 e México 1986) non chegou a debutar en ningún deles, ao igual que na Eurocopa de Fútbol Italia 1980, a causa da titularidade indiscutíbel de Luis Miguel Arconada. En total so disputou cinco encontros coma titular, encaixando 6 goles.

Debutou en Xixón o 29 de marzo de 1978 ante Noruega, con vitoria de España por tres a cero.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos estatais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Copa do Rei FC Barcelona España España 1981
Copa da Liga FC Barcelona España España 1982
Copa do Rei FC Barcelona España España 1983
Liga FC Barcelona España España 1985
Supercopa FC Barcelona España España 1984
Copa da Liga FC Barcelona España España 1986
Copa do Rei FC Barcelona España España 1988

Copas internacionais[editar | editar a fonte]

Título Equipo País Ano
Recopa de Europa FC Barcelona España España 1982

Distincións individuais[editar | editar a fonte]

Distinción Ano
Trofeo Zamora 1984

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]