Filipe Luís
Filipe Luís | |||
---|---|---|---|
![]() Filipe Luís xogando co Atlético de Madrid en 2013 | |||
Información persoal | |||
Nome | Filipe Luís Kasmirski | ||
Nacemento | 9 de agosto de 1985 (37 anos) | ||
Lugar de nacemento | Jaraguá do Sul | ||
Altura | 1,82 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Información de club | |||
Club actual | Flamengo | ||
Carreira xuvenil | |||
Figueirense | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2003–2005 | Figueirense | 22 | (1) |
2004–2005 | → Ajax (cedido) | 0 | (0) |
2005–2008 | Rentistas | 0 | (0) |
2005–2006 | → Real Madrid B (cedido) | 37 | (0) |
2006–2008 | → Deportivo (cedido) | 52 | (1) |
2008–2010 | Deportivo da Coruña | 59 | (5) |
2010–2014 | Atlético de Madrid | 127 | (2) |
2014–2015 | Chelsea | 15 | (0) |
2015–2019 | Atlético de Madrid | 113 | (7) |
2019– | Flamengo | 97 | (4) |
Selección nacional | |||
2004–2005 | Brasil sub-20 | 16 | (2) |
2009– | Brasil | 44 | (2) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 6 de decembro de 2022. Selección: actualizado a 27 de xuño de 2019.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Filipe Luís Kasmirski, nado en Jaraguá do Sul (Santa Catarina) o 9 de agosto de 1985, é un futbolista brasileiro de ascendencia polaca e italiana, que ten esta última nacionalidade. Xoga de defensa e o seu club actual é o Flamengo.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Procedente do Figueirense Futebol Clube, Filipe chegou ao fútbol europeo por medio do Ajax de Amsterdam no 2004, pasando alí unha temporada enteira. O 18 de agosto do 2005, firmou polo Rentistas do Uruguai pero rapidamente foi cedido ao Real Madrid. Pasou a maior parte da temporada no Real Madrid, pero no seu filial, o Real Madrid Castilla.
No 2006 foi cedido outra vez polo Rentistas, esta vez ao Deportivo da Coruña, cunha opción de compra de 2,2 millóns de euros. A súa cesión foi ampliada durante un ano máis coa mesma cláusula de compra. Afianzouse como primeiro lateral esquerdo e foi unha figura clave para o equipo.
O 10 de xuño do 2008 o Deportivo fixo efectiva a cláusula de compra e Filipe firmou un contrato de cinco anos.
O 23 de xaneiro de 2010, nun partido que enfrontaba ao Deportivo co Athletic de Bilbao no Estadio Municipal de Riazor (3-1), chocou co porteiro do equipo rival logo de marcar un gol e sufriu unha fractura e luxación do nocello dereito na parte do peroné. Pasou polo quirófano e estivo tres meses e medio de baixa.[1][2] Pasou catro anos no club galego, xogando 137 partidos e marcando oito goles.
O 23 de xullo de 2010 foi contratado polo Club Atlético de Madrid por catro tempadas. A súa chegada non puido comezar mellor, pois o 29 de agosto conseguiría o seu primeiro título ao impoñerse na Supercopa de Europa ao Inter de Milán, gañador da Liga de Campións, por dous goles a cero, se ben non participou en dito encontro.[3] O seu debut oficial non se produciu até a quinta xornada da Liga 2010–11 ante o Real Zaragoza, dando o pase do gol da vitoria.[4]
Selección nacional[editar | editar a fonte]
Foi internacional coa selección brasileira en diversas ocasións, producíndose o seu debut o 14 de outubro de 2009 no derradeiro encontro de clasificación para o Mundial de Suráfrica 2010 fronte a Venezuela (0–0). Anteriormente ao seu debut xa fora convocado para disputar os partidos contra Arxentina, Chile e Bolivia.
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Deportivo
- Atlético de Madrid
- UEFA Europa League: 2011–12
- Primeira División: 2013–14
- Copa do Rei: 2012–13
- Supercopa de Europa: 2010
- Chelsea
- Premier League: 2014–15
- Football League Cup: 2014–15
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Filipe Luís pasó por el quirófano y estará entre cuatro y seis meses de baja", artigo en www.marca.com, 24 de xaneiro de 2010(consultado o 24 de xaneiro de 2010)
- ↑ Filipe Luís entrará na convocatoria e podría ter algúns minutos
- ↑ ""Internazionale 0 - 2 Atlético"". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2010. Consultado o 17 de xaneiro de 2011.
- ↑ "Diego Costa dio la victoria al Atlético tras una gran internada de Filipe"
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en bdfutbol.com (en castelán)
- Datos do xogador en fifa.com Arquivado 08 de novembro de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
- Datos do xogador en cbf.com.br
- Nados en 1985
- Nados no estado de Santa Catarina
- Futbolistas do Brasil
- Defensas de fútbol
- Xogadores do Figueirense FC
- Xogadores do AFC Ajax
- Xogadores do CA Rentistas
- Xogadores do Real Madrid Castilla
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Atlético de Madrid
- Xogadores do Chelsea FC
- Xogadores do Flamengo
- Xogadores da selección de fútbol do Brasil