Supercopa de Europa 2018
| Tipo | Supercopa de Europa |
|---|---|
| Deporte | fútbol |
| Organizador | UEFA |
| Número de participantes | 2 |
| Participantes | |
| Localización e Datas | |
| Localización | A. Le Coq Arena (pt) |
| País | Estonia |
| Número de edición | 43 (2018) |
| Competición | |
| Árbitro | Szymon Marciniak (pt) |
| Primeiro posto | Atlético de Madrid |
| Datos estatísticos | |
| Partidos | 1 |
| Número de espectadores | 12.424 |
A Supercopa de Europa 2018 foi a 43ª edición da Supercopa de Europa, competición anual de fútbol organizada pola UEFA na que se enfrontan os campións da Liga de Campións da UEFA e da UEFA Europa League da tempada anterior. Esta edición disputárona o Real Madrid Club de Fútbol, campión da Liga de Campións da UEFA 2017-18 e o Club Atlético de Madrid, campión da UEFA Europa League 2017-18. A competición disputouse a partido único o 15 de agosto de 2018 no estadio A. Le Coq Arena en Talín, capital de Estonia.
O Atlético de Madrid logrou impoñerse ao seu eterno rival na capital española por primeira vez nunha final a nivel europeo tras vencelo por 4 goles a 2 na prórroga, logo dun empate 2-2 ao final dos 90 minutos. O dianteiro atlético Diego Costa foi declarado MVP da final na que anotou dous tantos para o seu equipo.
Con esta vitoria, o Atlético logrou a súa terceira vitoria das tres finais que disputou nesta competición. Ademais fixo que das últimas 10 edicións do torneo 9 fosen gañadas por equipos españois.
Datos
[editar | editar a fonte]| Real Madrid | 2-4 | Atlético de Madrid | 15 de agosto de 2018, 22:00 (CEST) – A. Le Coq Arena, Talín, Asistencia: 12.315 Árbitro: |
| Karim Benzema Sergio Ramos |
Informe |
Diego Costa Diego Costa Saúl Ñíguez Koke | |
Real Madrid
|
Atlético de Madrid
|
|
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1O adestrador principal do Atlético de Madrid, Diego Simeone foi substituído polo seu segundo Germán Burgos debido á sanción de catro partidos que lle foi imposta durante as semifinais da UEFA Europa League 2017-18.