Saltar ao contido

Campo Grande, Mato Groso do Sur

Campo Grande, Mato Groso do Sur
 Nome orixinal
    Campo Grande (pt) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Campo Grande (pt) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
    campo-grandense (pt-br) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
Fotomontaxe
 Himno
Implicados
 Xefe do goberno
Cargo: prefeito de Campo Grande (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Adriane Lopes (2022 - ) Editar o valor en Wikidata
 Órgano lexislativo
Datas
 Fundación / creación
1899 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
49.629 (1940) censo
57.033 (1950) censo
74.249 (1960) censo
140.233 (1970) censo
143.271 (1970) censo
291.777 (1980) censo
298.878 (1980) censo
526.126 (1991) censo
525.463 (1991) censo
663.621 (2000) censo
662.534 (2000) censo
747.189 (2008) estimación
755.107 (2009) estimación
786.797 (2010) censo
796.252 (2011) estimación
805.397 (2012) estimación
832.352 (2013) estimación
843.120 (2014) estimación
853.622 (2015) estimación
863.982 (2016) estimación
874.210 (2017) estimación
885.711 (2018) estimación
895.982 (2019) estimación
906.092 (2020) estimación
916.001 (2021) estimación
898.100 (2022) censo
954.537 (2024) estimación
962.883 (2025) estimación Editar o valor en Wikidata
 Índice desenvolvemento humano
   0,784 Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   8.096,05 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   592 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal79000-000 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap334022 Editar o valor en Wikidata
VIAF139575885 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0335dv Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata G:Commons C:Commons

Campo Grande é a capital do estado brasileiro do Mato Groso do Sur. É un importante centro de comercio, servizos e industria de alimentos.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Está a unha altura de 532 metros sobre o nivel do mar. En 2004 vivían na cidade 734.164 habitantes, sobre unha extensión municipal de 8118,41 km².

A vexetación predominante é a da sabana. As principais actividades económicas son a gandería, o comercio e a industria de alimentación. A cidade tamén destaca polo sector dos servizos. O aeroporto é a principal entrada para os turistas que desexan visitar Bonito e o Pantanal.

Campo Grande experimentou un pulo de desenvolvemento na década de 1980, e foi un polo de atracción de empregos.

Orixe da cidade

[editar | editar a fonte]

En 1870 (como consecuencia da Guerra da Tripla Alianza) chegoulles a nova da existencia de terras aptas para cultivar aos habitantes de Monte Alegre (no Triángulo Mineiro). Esras terras estaban na rexión de "Campo Grande da Vacaria". O primeiro pioneiro chamouse José Antonio Pereira, que chegou onde agora se erixe Campo Grande o 21 de xuño de 1872. Deixoulle a terra a un criado[[1], e aos tres anos —14 de agosto de 1875— volveu coa familia e cos escravos. nun grupo que chegaba ata as 62 persoas.

En 1877 súmaselle outra familia e constrúen ademais a que foi a primeira igrexa da cidade. A partir de 1879 novas caravanas de xente de Minas Gerais foron chegando e instalándose nas terras.

O concello

[editar | editar a fonte]

A vila e a rexión foron atraendo novos habitantes, que procedían de San Paulo, Rio Grande do Sul, Paraná e nordeste, entre outros. Despois de diversas presións e requirimentos veciñais, o goberno estatal promulgou a lei que lle concedía a condición de concello e pasaba a denominarse Campo Grande o 26 de agosto de 1899. A principal fonte de riqueza nesa altura era o agro e a gandería, en especial grandes facendas de vacún, pois este era un punto de distribución de gando cara ao Triángulo Mineiro e a Paraguai. Sobre a rota do gando construíuse en 1900 a primeira estrada do concello, que o ligou cos cavorcos do Paraná, e de aí con San Paulo.

A partir de 1909 comezan as obras de modernización da vila, dirixidas nun comezo por Temístocles Pais de Sousa Brasil, e foi daquela cando se construíu a praza maior e cando se trazaron as principais rúas e avenidas. En 1916 chegou a luz eléctrica e en 1918 Campo Grande é nomeado cidade. O tren chegou en 1914 a través da Estrada de Ferro Noroeste do Brasil, da compañía RFFSA, que aumentaba as conexións da cidade co estranxeiro (Bolivia e Paraguai). En 1921 converteuse tamén en capital militar, ao recibir o acuartelamento da novena rexión do exército brasileiro. Nesa altura comezou tamén un importante movemento inmigratorio de xaponeses, árabes e armenios. En 1930 xa tiña uns 12.000 habitantes.

A capitalidade

[editar | editar a fonte]

En 1932, co motivo da Revolución Constitucionalista, a cidade aliñouse coas posicións que triunfaban en San Paulo e autoconstituíuse como estado, con Vespasiano Martins como gobernador. A sede do goberno situouse no predio da Maçonaria. Mentres, a capital oficial do estado, Cuiabá, continuaba do lado legalista, co que na práctica se crearon dous estados, o de Mato Groso e o de Maracaju, do que era capital Campo Grande, entre o 11 de xullo e outubro de 1932. Coa vitoria legalista, desaparece o efémero de Maracaju, e a capital de Mato Groso segue sendo Cuiabá.

Nos anos sesenta, ábrense en Campo Grande as primeiras facultades, que logo acabarían conformando a Universidade Católica Dom Bosco, ademais dun campus da Universidade Estatal de Mato Grosso. O 11 de outubro de 1977, críase un novo estado, o do Mato Groso do Sur, con capital en Campo Grande.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Cantidade de poboaciónAno0200.000400.000600.000800.0001.000.000194019601980200020202040Campo Grande, Mato Grosso do SurEstatísticas de poboaciónNota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.
  1. ↑ Rosário Congro (1884-1963, primeiro historiador da cidade) in: "O Município de Campo Grande - Estado de Matto Grosso" 1919, 9-10; reeditado polo Instituto Histórico e Geográfico de Mato Grosso do Sul, en 2003

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]