César Azpilicueta
Azpilicueta | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | César Azpilicueta Tanco | ||
Nacemento | 28 de agosto de 1989 (33 anos) | ||
Lugar de nacemento | Zizur Mayor - Zizur Nagusia | ||
Altura | 1,78 m. | ||
Posición | Lateral dereito | ||
Información de club | |||
Club actual | Chelsea | ||
Número | 28 | ||
Carreira xuvenil | |||
1999–2006 | Osasuna | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2006–2007 | Osasuna B | 27 | (1) |
2007–2010 | Osasuna | 99 | (0) |
2010–2012 | Marsella | 47 | (1) |
2012– | Chelsea | 56 | (0) |
Selección nacional | |||
2005 | España sub-16 | 3 | (0) |
2006 | España sub-17 | 10 | (0) |
2007–2008 | España sub-19 | 18 | (2) |
2009 | España sub-20 | 5 | (0) |
2008–2011 | España sub-21 | 19 | (1) |
2012 | España sub-23 | 5 | (0) |
2013– | España | 7 | (0) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 13 de xuño de 2014. Selección: actualizado a 13 de xuño de 2014.[ editar datos en Wikidata ] | |||
César Azpilicueta Tanco, nado en Zizur Nagusia (Navarra) o 28 de agosto de 1989, é un futbolista español. Xoga de lateral dereito e o seu equipo actual é o Chelsea F.C. inglés. Ademais, no ano 2013, fixo o seu debut coa selección española.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formado nas categorías inferiores do CA Osasuna, debutou co primeiro equipo o 8 de abril de 2007 na derrota dos navarros por 0-2 contra o Real Madrid, cando aínda tiña ficha do equipo filial. Na tempada 2007-08, Azpilicueta fíxose cun oco no primeiro equipo, onde xogou ata o ano 2010.
O 21 de xuño de 2010, Azpilicueta foi traspasado ó Olympique de Marsella francés a cambio de 7 millóns de euros, e asinou un contrato por catro anos.[1] No seu debut co Marsella na Liga de Campións da UEFA, anotou en propia meta o único gol do partido na derrota do seu equipo contra o Spartak de Moscova.
O 24 de agosto de 2012, o Chelsea fichou a Azpilicueta por unha cantidade aproximada de 7 millóns de libras.[2]
Palmarés[editar | editar a fonte]
Club[editar | editar a fonte]
- Olympique de Marsella
- Supercopa francesa (2): 2010, 2011
- Copa da Liga francesa (2): 2010–11, 2011–12
- Chelsea
- UEFA Europa League (1): 2012–13
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Accord de principe pour le transfert de César Azpilicueta" [Principio de acordo para o traspaso de César Azpilicueta]. OM.net. 21 de xuño de 2010. Consultado o 23 de xuño de 2010.
- ↑ "Azpilicueta signs". Chelsea F.C. 24 de agosto de 2012. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2012. Consultado o 24 de agosto de 2012.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1989
- Nados en Pamplona
- Futbolistas de Navarra
- Defensas de fútbol
- Xogadores do CA Osasuna B
- Xogadores do CA Osasuna
- Xogadores do Olympique de Marsella
- Xogadores do Chelsea FC
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014
- Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA
- Futbolistas olímpicos de España
- Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2012
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022