Dani Alves

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Dani Alves
Brazil World Cup players at Gillette event - Daniel Alves.jpg
Información persoal
Nome Daniel Alves da Silva
Nacemento 6 de maio de 1983 (38 anos)
Lugar de nacemento Juazeiro
Altura 1,73 m.
Posición Lateral dereito
Información de club
Club actual FC Barcelona
Carreira xuvenil
1996–1998 Juazeiro
1998–2001 Bahia
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2001–2002 Bahia 25 (2)
2002–2008 Sevilla 175 (11)
2008–2016 FC Barcelona 247 (14)
2016–2017 Juventus 19 (2)
2017–2019 Paris Saint-Germain 48 (2)
2019–2021 São Paulo 56 (3)
2021– Barcelona 0 (0)
Selección nacional
2003 Brasil sub-20 17 (0)
2021 Brasil olímpico 7 (0)
2006– Brasil 119 (8)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 13 de novembro de 2021.
Selección: actualizado a 13 de novembro de 2021.editar datos en Wikidata ]

Daniel Alves da Silva, máis coñecido como Dani Alves, nado en Juazeiro, Baía, o 6 de maio de 1983, é un futbolista brasileiro nacionalizado español, que xoga como lateral dereito no FC Barcelona. Foi considerado por algúns medios de comunicación deportivos como o mellor lateral dereito do mundo.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alves debutou como profesional en 2001 no Esporte Clube Bahia e un ano despois incorporouse ao Sevilla FC que pagou por el 500.000 euros.

A pesar de xogar como lateral, é un xogador de marcado carácter ofensivo, e en ocasións actúa como interior dereito, ademais de ser un lanzador de faltas. Dise del que é un todocampista, pois ata chegou a xogar de mediocentro e ata de dianteiro nun partido que enfrontou ao Sevilla e o Zenit de San Petersburgo en terras rusas.

Daniel Alves debutou de xeito oficial na Liga española o 23 de febreiro de 2003 co Sevilla FC fronte ao RCD Espanyol. Con todo, non marcaría o seu primeiro gol ata a tempada seguinte, o 9 de novembro de 2003 fronte ao Real Madrid. En agosto de 2007, Daniel Alves pediu ao Sevilla que lle deixase marchar e crecer como xogador.[3] Con todo, as altas pretensións económicas do Sevilla frustraron a súa fichaxe polo Chelsea FC da Premier League inglesa,[4] o que creou un gran descontento no xogador que chegou ata a negarse a viaxar co equipo a Grecia onde disputaría un partido crucial co AEK Atenas para a súa clasificación na seguinte rolda da Liga de Campións.[5] A pesar diso, quedou outro ano máis na disciplina nervionense, sendo traspasado finalmente ao FC Barcelona.

O 2 de xullo de 2008 foi presentado oficialmente como novo xogador do FC Barcelona ata o ano 2012, nun acto no que o presidente do club azulgrana, Joan Laporta, o definiu como "o mellor lateral dereito do mundo". Os 35,5 millóns de euros do seu traspaso (29,5 millóns fixos máis seis en variables, por clasificación e títulos) convertérono na segunda fichaxe máis cara da historia do club -por detrás de Overmars, e sendo posteriormente superado tamén polo de Ibrahimovic-, sendo o terceiro desembolso máis grande xamais realizado pola contratación dun defensa.[6] No Barcelona comezou usando o número 2. Para a tempada 2013-14 decidiu usar o dorsal 22 coma homenaxe ó seu antigo compañeiro Éric Abidal.[7] Na tempada 2015-16, decidiu cambiar de novo o seu dorsal, usando desta vez o número 6, deixado por Xavi Hernández, quen deixou o club ó remate da tempada anterior.[8]

Marcou o seu primeiro gol co FC Barcelona o 25 de outubro de 2008 no Camp Nou fronte á UD Almería.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Foi 119 veces internacional coa selección do Brasil, coa que marcou oito goles. O seu debut produciuse no 2006, nun partido amigable contra Ecuador, e ao ano seguinte disputou a Copa América, proclamándose campión e marcando un dos tres goles do seu equipo na final contra a Arxentina. Durante os seguintes anos gañou dúas Copas Confederacións (2009 e 2013) e participou en dous Mundiais (Suráfrica 2010 e Brasil 2014).

No 2019 gañou a súa segunda Copa América, capitaneando á selección brasileira e derrotando na final ao Perú. Foi elixido mellor xogador do torneo.[9] Dous anos despois formou parte da selección do Brasil nos Xogos Olímpicos de Toquio, conquistando a medalla de ouro ao vencer na final a España.[10]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Bahia
Sevilla
FC Barcelona
Juventus
Paris Saint-Germain
São Paulo
Selección do Brasil
Selección olímpica do Brasil
Selección do Brasil sub-20

Distincións individuais[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2009. Consultado o 08 de xullo de 2010. 
  2. http://www.elmundodeportivo.es/gen/20100124/53876806597/noticia/dani-alves-el-mejor-lateral-del-mundo.html
  3. "20 Minutos - Daniel Alves: "Teñen que negociar co Chelsea por respecto a min"". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2009. Consultado o 08 de xullo de 2010. 
  4. Marca - Alves regresa a Sevilla enfadado
  5. "Sevilla Fútbol Club S.A.D". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2009. Consultado o 08 de xullo de 2010. 
  6. Diario Marca. "Laporta presentou a Alves, o "mellor lateral dereito do mundo"". Consultado o 3 de xullo de 2008. 
  7. Dani Alves lucirá el dorsal '22' como homenaje a Abidal
  8. Todos los dorsales del Barça: Dani Alves hereda el '6' de Xavi
  9. "Dani Alves, elegido mejor jugador de la Copa América". As (en castelán). 8 de xullo de 2019. Consultado o 13 de novembro de 2021. 
  10. "Dani Alves se consolida como el más ganador de la historia: 44 títulos tras Tokio 2020" (en castelán). 7 de agosto de 2021. Consultado o 13 de novembro de 2021. 
  11. 11,0 11,1 "uefa.com - Alves, o mellor da Supercopa". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2006. Consultado o 08 de xullo de 2010. 
  12. "FIFPro.org - O Once Mundial FIFA/FIFPro sae a escena en Zúric". Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2010. Consultado o 08 de xullo de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]