Conferencia de Bandung

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Países participantes

A Conferencia de Bandung foi unha reunión de Estados asiáticos e africanos, a maioría dos cales acababan de acceder á independencia. Foi organizada polos líderes independentistas Gamal Abdel Nasser (presidente de Exipto), Jawaharlal Nehru (da India) e Sukarno (de Indonesia), ademais dos líderes de Paquistán, Myanmar e Sri Lanka. Os cinco países asiáticos convidaron outros vinte e cinco a participar na conferencia.

Celebrouse entre o 18 e o 24 de abril de 1955 en Bandung, Indonesia, co obxectivo de favorecer a cooperación económica e cultural afroasiática. Eran contrarios ao colonialismo e o neocolonialismo das antigas metrópoles e aos EUA, así como á súa inclusión na área de influencia exclusiva da URSS.

Principios acordados[editar | editar a fonte]

Acordáronse unha serie de principios que debían guiar as relacións internacionais dos integrantes do Movemento de Países Non Aliñados, fundado no seu espírito nesta conferencia:

  1. Respecto polos dereitos fundamentais do home e para os fins e principios da Carta das Nacións Unidas.
  2. Respecto para a soberanía e a integridade territorial de todas as nacións.
  3. Recoñecemento da igualdade de todas as razas e de todas as nacións, grandes e pequenas.
  4. Abstención de intervencións ou interferencias nos asuntos internos doutros países.
  5. Respecto ao dereito de toda nación a defenderse por si soa ou en colaboración con outros Estados, de conformidade coa Carta das Nacións Unidas.
  6. Abstención de participar en acordos de defensa colectiva co fin de favorecer os intereses particulares dunha das grandes potencias.
  7. Abstención por parte de todo país a exercer presión sobre outros.
  8. Abstención de actos ou de ameazas de agresión e do uso da forza nos asuntos da integridade territorial ou de independencia política de calquera país.
  9. Composición de todas as vertentes internacionais con medios pacíficos, como tratados, conciliacións, arbitraxe ou composición xudicial, así como tamén con outros medios pacíficos, segundo a libre selección das partes de conformidade coa Carta das Nacións Unidas.
  10. Promoción do interese e da cooperación recíproca.
  11. Respecto pola xustiza e as obrigas internacionais.
  12. Facer valer as crenzas das distintas culturas internacionais do Movemento.

Organización[editar | editar a fonte]

A Conferencia organizouse en tres comisións de traballo: unha política, unha económica e unha cultural.

O comunicado final recolleu as conclusións sobre a cooperación económica e cultural, os dereitos do home, a autodeterminación, os problemas dos pobos dependentes, a promoción da paz e a cooperación mundiais baixo os principios da coexistencia pacífica, así como a condena da discriminación racial e da radioactividade. O Movemento de Países Non Aliñados integrou tamén a Cuba revolucionaria e a Iugoslavia socialista, que pretendían manter unha posición de independencia respecto da URSS.

Aniversario[editar | editar a fonte]

Para celebrar o 50º aniversario da Conferencia, os xefes de Estado e de Goberno de países asiáticos e africanos reuníronse nun Encontro Asia-África entre o 20 e o 24 de abril de 2005 en Bandung e Iacarta. Algunhas das sesións tiveron lugar no Gedung Merdeka (Edificio da Independencia), sede da conferencia orixinal. Esta reunión concluíu co estabelecemento dunha Nova Alianza Estratéxica Afro-Asiática.

Países participantes[editar | editar a fonte]

Entre os países participantes atopábanse:

Ver tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]