Primeiro ministro de Arabia Saudita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Salmán I, actual primeiro ministro de Arabia Saudita.

O Primeiro ministro de Arabia Saudita é o xefe do Consello de Ministros e xefe de goberno do Reino de Arabia Saudita. Dende o reinado do Rei Faysal, o posto de primeiro ministro ocúpao o rei.

Historia[editar | editar a fonte]

O cargo foi creado xunto co Consello de Ministros o 9 de outubro de 1953, por decreto do Rei Saud. Debido ao malestar dentro da familia real sobre o seu reinado, Saud foi forzado a nomear como primeiro ministro ao seu medio irmán, o príncipe herdeiro Faysal. Unha loita de poder entre o dous levou a Faysal a dimitir en 1960, permitindo así que Saud reclamase as rendas do goberno, mais o descontento xeneralizado fixo que Faysal regresase como primeiro ministro en 1962. Despois de depoñer a Saud en 1964, Faysal sucedeuno como rei, mantendo tamén o posto de primeiro ministro. Dende entón os dous cargos están fusionados.[1] Con todo, dende o reinado do Rei Khalid, outras persoas realizaron gran parte do "traballo pesado" porque o rei ou ben non quería ou non podía levar a carga do traballo, especialmente dende que o reino se converteu nunha xerontocracia durante as décadas dos 90 e 2000. Algúns validos chegaron a ter suficiente poder como para ser considerados primeiros ministros de facto. O actual é o fillo do rei, Mohamed, que é prinicpal asesor de seu pai.

Lista de Primeiros ministros de iure de Arabia Saudita[editar | editar a fonte]

Dende o golpe de Estado, os cargos de rei e primeiro ministro foron ocupados sempre pola mesma persoa.

Lista de Primeiros ministros de facto de Arabia Saudita[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]