Teoría da conspiración

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para algúns, os atentados do 11-S foron planificados pola Administración de George W. Bush para ter unha escusa para atacar Iraq e facerse co control do petróleo. Para a maioría, tratouse dunha organización terrorista internacional.

Denomínase teoría da conspiración á suposición de que un determinado grupo de conspiradores, unha alianza encuberta de persoas poderosas, está implicado en algo (normalmente un suceso de importancia política, un fenómeno social ou un feito histórico). Tal grupo actúa conforme a un plan conspirativo, que pode ser desde a manipulación de gobernos, economías ou sistemas legais ata a ocultación de informacións científicas relevantes.

Os sustentos da teoría[editar | editar a fonte]

Unha teoría da conspiración é precisamente o contrario dunha teoría científica, xa que non pode ser refutada: o feito da inexistencia de probas que sustenten tales teorías é utilizado, precisamente, polos seus defensores para reforzar a idea de que os conspiradores son tan perfectos que incluso as conseguen camuflar por completo.

As debilidades da teoría[editar | editar a fonte]

Unha característica dalgunhas delas é que ignoran os saltos dados no coñecemento humano tras algúns acontecementos. Así a teoría de que os Estados Unidos non chegou á Lúa non aclara de onde saíron os descubrimentos sobre a súa composición, como tampouco como se calcula actualmente a velocidade á que se afasta da Terra.

Pola súa banda Carl Sagan indica[1] dúas lagoas que nunca adoitan cubrir estas teorías:

  • A comunidade científica nunca garda en segredo os seus descubrimentos, senón que os fai públicos inmediatamente para se poder atribuír a súa autoría (no protocolo de actuación do programa SETI está establecido que os primeiros aos que se debe comunicar unha proba fiable son os demais científicos da comunidade). Só cando se ditan normas de antemán se pode evitar a súa difusión (caso do Proxecto Manhattan). Moitas desta teorías tratan sobre descubrimentos e inventos achados por sorpresa ou sen supervisión dos gobernos; os cales, segundo as mesmas fontes, son os primeiros coñecedores dos devanditos achados. Nese momento, continúan explicando tales hipóteses, os gobernantes dan a orde de gardar silencio, ou noutras ocasións son presuntamente os mesmos protagonistas os que calan por iniciativa propia.
  • Tras os asombrosos descubrimentos apuntados polas hipóteses conspiratorias non se aprecia un progreso científico nin técnico parello á relevancia dos supostos coñecementos adquiridos que despois, segundo estas conxecturas, gardáronse en segredo. Non existen saltos de importancia en metalurxia, microelectrónica, enerxía, propulsión...

Algúns exemplos[editar | editar a fonte]

Entre os exemplos existentes desas teorías conspirativas pódense nomear (con algúns curtos comentarios referentes á súa posible orixe):

Aínda que hai un gran número de seguidores afervoados que se apuntarían a calquera tipo de teoría que afirmase que os grandes poderes fácticos se aliaron para urdir unha trama conspirativa, iso non implica que todas estas teorías sexan pouco probables, e algunhas, de feito, foron investigadas xudicialmente, como foi no caso da do fiscal Jim Garrison sobre as conclusións da Comisión Warren tras o asasinato do presidente Kennedy.

Con todo, o tipo de casos implicados son tan complicados e dificultosos, que normalmente nunca atopan unha resposta definitiva, o cal alimenta sempre o número de partidarios e detractores arredor dunha ou outra teoría.

Libros sobre teoría da conspiración[editar | editar a fonte]

As teorías da conspiración inspiraron a varios autores de obras de ficción. Estas obras son case sempre complexas e deliberadamente confusas, cheas de información detallada que poderá ou non ser relevante para a trama. Normalmente, un outsider descobre fortuitamente unha conspiración potencial. O protagonista enrédase cada vez mais nos meandros da conspiración, que se revela cada vez mais complexa e inaccesible. A realidade é posta en cuestión, e no fin non se percebe se estábamos perante unha verdadeira conspiración ou perante unha coincidencia ou ilusión.

Como exemplos poden citarse:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Carl Sagan O mundo e os seus demos, Editorial Planeta, Barcelona, 1997, ISBN 84-08-02043-9
  2. Stulin, Daniel. «Cara a unha sociedade sen diñeiro en efectivo», A verdadeira historia do Club Bilderberg, Barcelona, Planeta, 2006, ISBN 84-8453-157-0, pp. 175-233

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]