Comarca de Terra de Lemos: Diferenzas entre revisións
mSen resumo de edición |
|||
Liña 39: | Liña 39: | ||
===Principais estradas=== |
===Principais estradas=== |
||
*[[N-120]] ([[Vigo]]-[[Logroño]]). Pasa por [[Monforte]]. |
*'''[[N-120]]''' ([[Vigo]]-[[Logroño]]). Pasa por [[Monforte]]. |
||
* |
*'''LU-546''' ([[Lugo]]-[[Monforte]]). Liga coa N-120 en Monforte. |
||
* |
*'''CRG 2.1''' (antiga C-533 [[Lalín]]-[[Monforte]]). Liga en Lalín coa autoestrada [[AP-53]] [[Santiago de Compostela]]-[[Ourense]]. |
||
* |
*'''LU-652''' ([[Bóveda]]-[[A Estación, A Pobra do Brollón|A Estación]]). Une as estradas N-120 e C-546 sen pasar por [[Monforte]] e facilitando os traxectos entre [[Lugo]] e [[Ponferrada]]. |
||
===Ferrocarril=== |
===Ferrocarril=== |
Revisión como estaba o 14 de xuño de 2008 ás 19:47
A Comarca da Terra de Lemos está situada ó sur da provincia de Lugo. A maioría da superficie forma parte da Ribeira Sacra.
Pertencen á comarca da Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.
A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas de Ourense (Ourense) e Terra de Caldelas (Ourense).
- Capital comarcal: Monforte de Lemos
- Poboación: 35.068 hab.
Xeografia
A Terra de Lemos sitúase xeograficamente no sur da provincia de Lugo. Caracterízase polo gran val situado no centro da mesma, o Val de Lemos. Este val contrasta coas altas montañas situadas no leste da comarca pertencentes a Serra do Courel e que sirven de fronteira coa comarca de Quiroga xunto co río Lor. No sur, o río Sil marca a fronteira coa provincia de Ourense, igual que o río Miño no oeste coa comarca de Chantada.
Ríos
Os ríos da comarca pertencen ás cuncas hidrográficas dos dous ríos limítrofes da comarca e á súa vez os máis importantes, ás cuncas do Miño e do Sil. O río máis importante da comarca é o río Cabe, que nace no concello do Incio. Este río que desemboca no Sil era moi importante xa na época romana, cando se abastecían e sacaban ouro deste río. Tamén son importantes os ríos Mao, principal afluente do Cabe, e o río Lor, que fai de fronteira entre as comarcas de Quiroga e Terra de Lemos, afluente do Sil.
Montañas
Os principais sistemas montañosos sitúanse no leste (Serra do Courel), entre Bóveda e O Saviñao, no suroeste de Pantón e no sur. Cabe destacar as seguintes montañas, situadas na Serra do Courel, no concello da Pobra do Brollón:
- Alto da Veneira (1.164 m.)
- Alto da Serra (1.137 m.)
- Chao das Lagas (1.060 m.)
- Alto da Chá (1.021 m.)
Clima
O clima desta comarca é oceánico con tendencias continentais. O clima ten fortes contrastes. Os invernos son longos, húmidos e con xeadas moderadas. As temperaturas chegan a valores por baixo dos -5º e as néboas están presentes regularmente. Os veráns son calorosos e secos, con noites frescas. No verán chéganse a superar temperaturas máximas de 40º, puntualmente; e algunhas noites quedan preto dos 5º.
Comunicacións
A comarca da Terra de Lemos une as estradas e liñas de ferrocarril procedentes da Coruña e Lugo, Ourense e Vigo, e Ponferrada, sendo un gran centro de comunicacións. A estación de ferrocarril é a máis importante da provincia.
Principais estradas
- N-120 (Vigo-Logroño). Pasa por Monforte.
- LU-546 (Lugo-Monforte). Liga coa N-120 en Monforte.
- CRG 2.1 (antiga C-533 Lalín-Monforte). Liga en Lalín coa autoestrada AP-53 Santiago de Compostela-Ourense.
- LU-652 (Bóveda-A Estación). Une as estradas N-120 e C-546 sen pasar por Monforte e facilitando os traxectos entre Lugo e Ponferrada.